jueves, 27 de noviembre de 2008

Á espera

Non tivera esta sensación cando foi da Z., si, claro que tiña ganas de vela daquelas, de saber como sería: grande ou pequena?, pareceríase ó Moucho ou a Tartaruga?, tería o cabelo loiro ou castaño, liso ou rizado?, os ollos claros ou escuros?,... despois todo isto quedou en nada e convertiuse en moito máis ó mesmo tempo... que sensación tan incrible, tan inesperada e tan adictiva.
Pero non tiña ganas de despedirme da miña barriga, o parto, aínda que tranquila, pilloume por sorpresa, non o agardaba aínda, non o sentía preto...

Desta vez todo é diferente: fágome as mesmas preguntas que coa primeira tartarouchiña, pero sabendo agora que non van ser importantes; teño preguntas novas: que tal o levará a Z? como se chamará? seremos quen de evitar as visitas? (hai un par de semanas os veciños viron moito movemento de coches e viñeron timbrar, teremos que colgar carteis ionformativos na porta) seremos quen de pasar un Nadal tranquilo? (se nacese agora igual xa non me importa "tanto" desplazarme 150km para vivir o circo, pero e se nace o 20 de decembro, que tamén pode ser? Ademáis agora está a Z, o seu aniversario, os seus agasallos e as súas ganas de ver ós avós...); pero a maior diferencia a marcan as ganas de parir.

mosaico 38+4

Dende logo que botarei de menos a miña barriga (aixxx, xa case a boto de menos), pero esta vez a barriga é moito máis grande, faime estar máis cansa, sobre todo porque ademáis teño que atender a outra pequena, e ademáis teño a zona de saída totalmente preparada dende hai semanas, o sacro móvese en cada cambio de postura e o pube está separado e agardando, impedíndome andar doutra maneira que non pareza Fraga.

E aínda así non o noto preto, teño ganas, pero sinto que falta tempo. Teño contraccións das que non se notan, algunha cada día, e os domingos semella que o corpo en lugar de descansar lle da por traballar e paso o día con contraccións das que molestan como a regra e cun sorriso na cara, gozándoas.

E é que non nos queda nada para sentirnos a pel e ser unha familia máis grande.

xa temos un bebé

A Z. tamén se está preparando á súa maneira: fálalle ós coñecidos de que na casa temos pixamas de bebé, métese no capazo que nos emprestaron porque ela tamén é un bebé, e pregunta xa case a diario cando vai saír o bebé... o bebé está xa moi presente tamén na súa vida.

Coido que estamos listos para recibir xa "ó bebé", así que so queda... a espera.

3 comentarios:

  1. O mundo sería marabilloso se cada "bebé" que nacese se atopara con TODO o que lle espera ao voso. Grazas aos tartarouchos e tartarouchiñ@s por estardes a cambiar o mundo ;-)
    Seguimos á espera, en silencio e con moito amor...
    :*

    ResponderEliminar
  2. Ainsss, a miña Tartaruga... eu tamén espero, con sorrisos pola mañá e suspiros pola noite :)
    Quérote, guapa.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir