miércoles, 5 de noviembre de 2008

Entre mans...

... tiven cousiñas, si, non dixen nada delas, pero ter tívenas, ou pensabades que estaba quieta? Pois non, velas aquí están, case todas, xuntiñas.

As fotos son bastante malas desta vez, pero non quería tardar máis en amosárvolas. Se o collo con tempo e con ganas outro día repítoas en condicións, que as cores deixan moito que desexar.

O meu Alpine Shrug, rapidísimo de tecer con esas agullas enooooooormes, pero odioso o final de ter que unir os catro triangulos e cose que te cose... bufff, non quero facer cousas que haxa que coser por unha tempada máis, ou por sempre.

Alpine shrug Alpine shrug

Por certo, fíxome gracia e ilusión tecer unha prenda de roupa que me vai valer con esta tremenda barriga e sen ela :-D
Tecín unha repetición máis da que marcaba a talla M no patrón, e creo que coas que traía ía máis que sobrada, aínda así gústame o resultado, do meu estilo grande.

Houbo cousiñas apra os pequenos tamén, claro. Mirade que chulos os pantalóns para a Z., co patrón Nifty Knickers e esas cores de baias (chámanse así?) e limóns. As cores encántanme, pero nas fotos non se ven ben...

baias e limóns

E tamén unha saia morada, sinxela e resultona e que non hai que coser nadiña de nada (nin nos pantalóns tampouco :-) )

saia morada

E para o bebé, despois de ver os gorriños do proxecto de Amanda Soule, non puiden resistirme a cortar unha camiseta pequena da Z, que ademáis tiña manchas de valor (perfetamente disimuladas) e facer este gorriño tan curriño para recibilo como se merece, perfeto porque é reciclado dunha prenda da súa irmá. So agardo que o tamaño sexa o axeitado para a súa cabeciña...

Gorriño para o bebé

Gorriño para o bebé

E rematamos cunha fotiño de hoxe mesmo, a un mes exacto da miña data probable de parto, e con esta barriga querida, apurando os últimos momentos antes de verlle a cariña @ tartarouchiñ@.

35+5

Queredes comparar barriga? Buscade a foto coa mesma roupa hai 5 semanas...

6 comentarios:

  1. preciosa, este post e os outros merecen un comentario en condicións, perao vou-me a buscar o pequeno a futbol sala, á mañá trabalhei e non teño case tempo, ando polo quirófano polo que se ves de revisión avisa que te visito, bx

    ResponderEliminar
  2. Desde luego tu tartaruchiño está creciendo, qué emoción, no?
    Me encanta la chaqueta alpina, te queda genial.

    ResponderEliminar
  3. Preciosa barriga e chulísimas as prendas Raquel, eu quédome co pantalonciño da Z. e co feito de que o gorriño do bebé sexa reciclado dunha camisetiña da Z.
    Que pouquichiño falta xa, que o disfrutedes ao máximo!!!!
    :-*

    ResponderEliminar
  4. olivia-p, teño revisión o venres que ven, non sei moi ben a que hora, que perdin o papeliño :/, pásate por alí se queres e podes :)

    mercé, muchas gracias, vaya si crece! Por lo menos la barriga!

    mochilinhas, :*, para min tamén é o mellor que o gorriño sexa reciclado :), e da Z, máis aínda

    ResponderEliminar
  5. Eres unha artista das agullas! qué pasada!!
    E qué ben te senta o embarazo!! estades guapísimos!!

    Muitos ánimos que xa falta mui poucoooo!!

    ResponderEliminar
  6. :) :* ainssss, non podo facer comentarios :*************

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir