domingo, 9 de noviembre de 2008

Domingo

Fabas

Sabedes que as fabas de casa hai que gardalas na neveira se non queredes levar unha desagradable sorpresa cando estás comendo? (O que me fai pensar... por que as do paquete do super non?). Pois as desgraciadamente urbanitas coma min non o sabiamos, así que esa sorpresa leveina eu hai un par de anos cando vin que as fabas brancas tiñan manchas negras e que o prato se enchía de mosquiñas... brrrrrr. Dende entón cada vez que as fago, despois de estaren en remollo, vounas escollendo unha por unha, leva tempo, pero non quero máis sorpresas desagradables, e non sería quen de comelas doutra maneira.

Hoxe apetecían porque levamos uns días coa calefación a medias, o termostato vai so cando lle apetece, así que andamos pola casa tan abrigados coma fora. Hoxe pola tarde semella que o problema quedou solucionado de forma temporal polo menos, así que xa non temos o nariz frío.

pinche

A Z. axudoume a escollelas e máis a preparalas (hai que tomalo con calma, iso sí, porque foi botando os anaquiños de cebola e chourizo un por un dentro da pota), a comelas non axudou, por suposto. É mágoa que falte a foto do resultado final, pero tiñamos tanta fame que non me lembrei a tempo.

Pero por sorte sobraron para poder facer a foto :)

as fabas con chourizo

E despois de facer churros e linguas coa plastilina que nos regalou a madriña unhas cantas veces, a tarde deixou tempo para facer esta pelotiña que me fai estar toda orgullosa.

pelota

Agora, se vos parece, e xa que a Z durme, vou tecer un pouco mentres tomo un leitiño con cereais sentada no sofá e volvo escoitar o cd que me agasallaron as miñas bruxiñas mentres o Moucho non chega.

calceta

Foi un bo domingo, si señor, que tal o voso?

2 comentarios:

  1. Que chula a pelotiña!
    Buff, como me gusta a canción de Kesia do teu cd :-*
    Bo domingo tamén o meu, toda a tarde a remollo no balneario de Santaballa con Carlos e os cativos.
    Feliz semana!!!

    ResponderEliminar
  2. Eu... non me lembro do domingo... ¿será malo, doctor?
    :*

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir