martes, 28 de octubre de 2008

Outono no Courel

Nota: O post está a medio escribir dende o día 28, a falta das fotos e algún detalliño máis, así que publicareino con esa data.

Aiii, pero que resaca máis rica teño, resaca de bos aires, resaca de boa compaña, desas raras resacas que non che quitan o sorriso da cara.

Pasamos unha marabillosa fin de semana no Courel os Tartarouchos cos amigos, e cheos de rapazada por todos lados... e pilloume por sorpresa o ben que o pasei.
Sabía que ía gozar do tempo coas miñas bruxiñas, pero non sabía que ía sentirme así de ben cando a Z. espertase pola mañá preguntando onde estaban os seus amigos, sabía que estaban na mesma casa e era no primeiro que pensaba nada máis erguerse; cando a vise pasar o día enteiro enredando cun uns e con outros sen enfadarse nin aburrirse, so por estar acompañada; dándolle a man a Zi. para "axudarlle" a baixar as escaleiras; pedindo colo do Carolo (amor non disimulado dende a primeira vez que se viron)... é moita máis felicidade que cando ti o estás a pasar xenial, os fillos o pasen igual de ben ca ti, ou pode haber algo mellor?

Bos días!

IMG_1743

IMG_1752

Na fiestra

Ademáis os parellos fixeron boa masa e compartiron tempo entre todos que eu creo que non lles importaría repetir, esta vez non foi un favor o que nos fixeron ás bruxiñas, eles tamén gozaron da fin de semana, da botella de licor café, das conversas ata as tantas da madrugada, dos almorzos multitudinarios con cheminea,...

Unha cea

E aprendemos moitas cousas:
- aprendemos vocabulario zonal do que xa non me lembro e que me da unha envexa tremenda non ir utilizalo nunca, verbas de monte, de aldea, de campo: unha veiga, un trollo, un vi... como era?, ai, que mágoa!;
- aprendemos que hai un tipo de carballo que se chama rebolo, que ten o tronco máis pequeno e as follas con máis entrantes;
- soubemos de cogumelos;
- de helicópteros naturais (como se chamaban esas sementes, Calviño?)
- e aprendemos moito dos zánganos e do listas que son as abellas: producen moitos na primavera porque poden acarrexar moito máis néctar ca elas ó seren tan grandes, pero tamén consumen moito mel, así que cando chega o inverno e fan falla as provisións non os deixan entrar na colmea, e como son tan listas que os "fabrican" sen aguillón, ou entran e morren por non poder defenderse ou quedan fora e se buscan a vida, os pobres, desterrados; e sabedes por que se lles bota fume ás colmeas cando se vai buscar o mel? As abellas pensan que o monte está ardendo e enchen o bandullo con mel para ter reservas por se hai que escapar e montar a colmea noutro sitio, e co bandullo cheo non poden doblarse para chantar o aguillón.
- de quitamerendas

Quitamerendas, tollemerendas

- de castiñeiros senlleiros,...

O castiñeiro senlleiro

E no Courel hai unha luz especial, so ver as fotos de novo ilumínase o sorriso na faciana :-)

IMG_1793

paseando

a luz no Courel

acampamento Caurel

acampamento Caurel

hai outono que aínda non chegou aquí,

acampamento Caurel

Outono

nunca esta camiseta tivo tan pouco sentido :-),

quen roubou o outono dos montes galegos

hai castiñeiros...

Carolo e o castiñeiro

castiñeiros

e castañas e ourizos polo chan,

Castañas

no chan

Por suposto estiven coas miñas bruxiñas e tivemos un aquelarre especial, para nós, so mulleres (grandes e pequerrechas :-) ), e a máis feliz seguro que fun eu, co meu chaveiro especial das vidas pasada, presente e futura, pero sobre todo cun chisco de cada bruxa; coas candeas de herbaluisa; a música escollida pensando en min e para min (e que estou a escoitar agora, como non :-) ); a pelota, que xa está hinchada e preparada no salón, e a máquina de xeados que foi estreada onte cun xeado de amorodos, mmmmmmmmmmm.

Aquelarre

Pero o mellor de todo foi estar e de compartir tempo e sensacións coas miñas bruxiñas: grazas guapas!! Quérovos!!

Aquelarre

Mención especial para a bruxa catuxa, que non puido vir no último momento e que de seguro o habían pasar moi ben toda a familia :* Grazas tamén

Todos felices!

Que se repita axiña!!!

7 comentarios:

  1. Xa podes ir dando a dirección de onde vos aloxáchedes, con bambáns e todo!!

    Qué envexa de fin de semana! :)

    ResponderEliminar
  2. Moitísimas grazas a ti Raquel, que gustazo lerte revivindo eses momentos inesquecibles nos que tan ben nos sentimos...
    :-*

    ResponderEliminar
  3. Aivoumochilinhas :*****, a vós.

    meninheira, o aloxamento foi nunha casa rural, preciosa, pero co fallo de que non tiña cociña e o comedor estaba en parte da casa dos donos. Os bambáns son no Acampamento Caurel, en Seoane, onde fomos comer o domingo, hai bungalows e no verán unha piscina moi chula. Busca se queres a páxina web, :)

    ResponderEliminar
  4. É bonita saber que no mundo ha xente semellante a unha, que se ilusiona coas cousas pequenas, cunha palabra dos devanceiros, coa imaxinación plasmada nun anaco de fío (gancho, calceta, etc). Goza da máquina de facer xeados, que saen ben saborosos. Un consello, cando veña o verán aproveita os amorodos que nacen nos valados ou as amoras para probar un sabor especial que nunca se atopa nas tendas.
    Déixoche o meu e-mail (moitobreixo@hotmail.com) por se queres comunicarte comigo. Encántanme as bonecas feitas a crochet, teño unha chea delas, se quixeres velas mándoche fotos.

    ResponderEliminar
  5. Oh! Que sorpresa máis agradable atopar un anónimo así :) Moitas grazas.
    Os xeados de amoras xa se facían sen máquina, así que agora con máis razón aínda, descoida que non os pasaremos por alto :)

    Por suposto que me encantaría ver esas bonecas...

    Por certo, o teu enderezo... ten que ser un sinal :-)

    ResponderEliminar
  6. Axiña non será pero ainsss!, quen poidese repetir :o*

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir