martes, 7 de octubre de 2008

En Galiza tómase teta

A primeira semana de outubro celébrase a Semana Mundial da Lactación Materna en toda España, e neste recunchiño non iamos ser menos, non? Pois tamén o celebramos cunha festa por todo o alto: un par de horas longas de coche para cehgar a Moaña a pasar o domingo nun ambiente agradable e familiar, comendo cunha chea de xente que aleitaba ós seus pequenos ó mesmo tempo que levaba a comida á boca... algo tan natural e que ata a min se me fixo "raro". Seguro que algún día , pouco a pouco verémolo por todos lados.


Unha das cousas a resaltar foi a presentación do libro de Galaxia "Eu tamén son fonte", precioso, preciosísimo, non so polo texto de Teresa Moure, senón polos debuxos magníficos, marabillosos, para min os que fan realmente o conto, de Leandro Lamas.
Sorprendeume que sen ser unha persoa vinculada á maternidade, á crianza con apego, que non ten fillos, reflexe tan ben o espírito: no libro sae a nai coleitando co seu bebé porque segundo el cando lle preguntamos "o viu natural". E mirade estoutra ilustración del coas mamás cos nenos nos portabebés (quixen poñer o enlace ó seu post, pero non fun quen).



Tivemos a sorte de que Galaxia contase con FEDEGALMA, a Federación Galega de Asociacións de Apoio á Lactación Materna, e grazas a isto fixeron unha edición especial de 4000 exemplares que se repartirá entre as futuras nais. Todo un luxo. Pero ademáis, a partires desta semana pódese conseguir nas librerías, así que as que queirades un conto de lactancia materna en galego... pois xa o hai, e é precioso :-)

Ademáis o domingo gozamos dun concerto de arpa e guitarra con contacontos incorporado, que lles encantou ós pequenos, e máis aínda porque mentres tomaban teta ;-)



E pola tarde, despois do xantar, os nenos pasárono en grande nas instalacións do cole, cun castelo hinchable, uns contacontos-pallasos, un baúl cheo de desfraces, e un obradoiro de instrumentos musicais xeniais.

Nós acabamos mortiños, pero pasámolo moi moi ben. Unha mágoa que non se poidan facer estas cousas máis a miúdo porque da gusto estar entre tanta "xente rara".

4 comentarios:

  1. xa vin no telexornal imaxes da xuntanza ao ar libre, non sei ben se era en Lugo porque estabamos xantando polo San Froilán e non escoitei ben. O libro ademais de precioso ten un título marabilloso!

    ResponderEliminar
  2. Jo, que pena non sabelo antes pra ir!

    No video é curioso pero sae unha chica que me é cara coñecida.

    Un bico (hei buscar o conto)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir