domingo, 21 de septiembre de 2008

Proxecto semanal: galleta

Desta vez os libros tiñámolos na casa, os dous son o mesmo conto pero en distintas versións: A galleta de xenxibre e O homiño de mazapán.
A galleta de Xenxibre ven nunha caixa que á Z. lle encanta porque ten forma de casiña e con fiestras e en cada fiestra vai gardado un conto, lémolos vinte veces ó día e outras tantas os quita e os pon de cadanseu sitio.
O outro e a versión do mesmo conto, pero de kalandraka, en edición minilibro.

Proxecto semanal: galleta

E como era de agardar, fixemos galletas! O único malo de facer galletas é que nesta casa o doce so me gusta a min, e gústame de máis, así que dura pouco e acaba todo no meu bandullo. Fixémolas o venres á noite e quedan unhas 10 galletas...
Aproveitamos para usar o libro que nos emprestou Aivou, é de repostería para nenos, a partir de 8 anos, aproximadamente, para que eles soíños fagan postres doados. A verdade é que o libro está moi clariño, e as receitas son fáciles de verdade, pero a Z. aínda non as fai ela soa, claro.

Proxecto semanal: galleta

Aínda así, con dous adultos na casa moito mellor para evitar perder os nervos cando medio paquete de fariña vai ó chan e non sabes a que atender, facer galletas é un exercicio xenial: participan na cociña, nunha actividade de adultos que tanto lles gusta, cullerean, remexen, amasan, e mánchanse... que pode haber máis divertido!
Ademáis sorpréndennos con xestos coma o da segunda foto no que a Z. utilizou unha culler pequena para intentar baleirar o contido da grande que estaba pegado. Non sei se foi por imitación, aínda que dende logo non dese día, pois nós non o fixeramos, ou por iniciativa propia.

Proxecto semanal: galleta

1. Proxecto semanal: galleta, 2. Proxecto semanal: galleta, 3. Proxecto semanal: galleta, 4. Proxecto semanal: galleta, 5. Proxecto semanal: galleta, 6. Proxecto semanal: galleta


Fixemos varias: con chocolate con leite, con chocolate negro, con fideos de cores, e con marmelada de moras (para min as mellores).

Proxecto semanal: galleta

4 comentarios:

  1. Aiii, que ricas meu deus!... e que rico o teu optimismo... será que na miña casa non soe haber un segundo adulto cando facemos estas cousas pero estou nun momento da miña vida que todo o que se poida evitar lixar é algo que non teño que limpar... supoño que lle estou roubando algo ós meus fillos... mandareinos a amasar á túa :D :D :D

    ResponderEliminar
  2. Nós tamén temos ese conto feito con moitos contos!!
    Por certo que o proxecto non vale sen a receita :D

    Aivou, eu creio que emporcarse é tamén un xeito de sacar merda pra fora, sempre podes probar a facer unha guerra de fariña no parque ;)

    ResponderEliminar
  3. Las galletas tienen una pinta estupenda y las fotos me encantan :-)

    ResponderEliminar
  4. Meninheira, misión cimplida, xa tendes a receita :-)

    Aivou, mándaos cando estea o Moucho e que fagan unha empanada se tal :-D

    Amigos Homeschoolers, las galletas duraron exactamente desde el viernes hasta el domingo a las 3 de la tarde, estaban buenísimas, y las fotos quedan así de chulas gracias al mandilón fardón de Z. que hizo la bisabuela Marilde.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir