lunes, 29 de septiembre de 2008

Estrelas de cine

Hai un par de semanas, farta de escoitar á Z. repetir frases enteiras dos debuxos en castelán decidín mercar algunha das pelis que hai dobradas ó galego. Escollín Nocturna e foi unha moi boa elección: gústanme os debuxos nada tradicionais, as tonalidades amarelas e verde-gris da luz e a escuridade, que son as únicas en toda a película, a música e a historia, que comeza cando Adhara, a estrela de Tim, un dos nenos do orfanato, se apaga.




Onte estabamos na cama tratando de relaxarnos para durmir e a Z. comezou a falar da miña barriga non sei moi ben como... o caso é que de súpeto emocionouse toda e cun tono de voz ledo, como cando propón que tomemos un xeado por exemplo, dixo:

- E cando saia o bebé da barriga vai aparecer Adhara!!!

Non sei que foi exactamente o que quixo dicir ela, pero quedoulle tan ben, tan poético... ata me fixo dudar de que o bebé sexa un neno... e o que é peor, se é unha nena case me sinto empuxada a cambiar o nome, que queriamos que fose galego, por este...

5 comentarios:

  1. Que riquiña!!

    Esta peli non a coñecía, apúntoma!! Non é moi triste? e que ten esa pinta.

    Un biquiño

    ResponderEliminar
  2. Por certo que, aínda que non é o mesmo, Aldara é un nome galego moi bonito e moi semellante ;)

    ResponderEliminar
  3. Aldara era o nome que tiña eu para Rosalía... Adhara, co seu significado, é tamén precioso. Sentín non ir ver Nocturna o venres na Semana de Cine en Lugo; e o Espíritu do Bosque foi en castelán :-(
    Moitos bicos a esa barrighiña.

    ResponderEliminar
  4. meninheira, ten un aire melancólico, pero á Z. e máis a min encántanos :)

    mochilinhas, meninheira, pero é que así non vale, non podo cambiar o nome por un que se asemelle ó da anédota, ten que ser o da historia... sonvos ben retorcidiña eu :-)
    Por certo, por que a Rosalía non foi Aldara? Ou era unha das opcións?
    Os títulos das películas do ciclo de cine estaban todos en galego, pero nós fomos o luns a ver El Cid, a lenda, e resultou ser EL Cid la leyende, todo en castelán, ademáis de que non me gustou nada: as personaxes todas iguais, non se sabía a quen ían atacar, e toda a película berrando: Muere!!

    ResponderEliminar
  5. Por certo, podémoslle preguntar a Antón se Nocturna foi en galego, que creo que foi vela coa avoa Manola :-)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir