jueves, 18 de septiembre de 2008

Efectos secundarios do embarazo na Z.

Onte fomos ó centro e quixo levar un coelliño de peluxe. Non ten amor por ningún animaliño en concreto, pero nos últimos tempos gústalle xogar con eles e máis cos ríxidos.
O caso é que deixamos o coche aparcado na rúa para ir ó supermercado cando normalmente o metemos no aparcadoiro do establecemento, así que tivemos que ir andando un anaquiño. Polo camiño a Z. falaba co seu coelliño:
- Noooooon, no colo non podo levarte que non podo contigo, é que estou moi cansa, pero se queres lévote no cabaliño, si?

:-(

Por sorte o seu coelliño non ten o medo que ten a Z. dende hai un tempo a ir a cabalo, así que fixo o paseo subido nos seus ombreiros.
E realmente é que non podo con ela, entre a tensión polo chan e o ferro polo subsolo ando derreada aínda que non faga nada e case non podo cos brazos cando a collo, pero non podo evitar sentirme un pouco mal polo que lle estou roubando.

Entre iso e a teta... últimamente reducimos as tomas ata 3 u 4 ó día e cando podo menos, epro ela non deixa de pedir, confórmase con deitarse con elas ou facerlles algún aloumiño as máis das veces, pero sei que o pasa mal. E estes últimos días están sendo horribles, teño os bicos tan sensibles que me molesta o roce da roupa simplemente... e segue a doerme máis quitarlle algo que sempre foi seu.

5 comentarios:

  1. Ay... tartaruga, eu xa pasei por isto tres veces, pero non te desesperes, xa virán tempos de "recuperar" non o dubides!! O novo tartaroucho roubará muito tempo e atencións, claro, mais trae muitas outras riquezas, para tí, e para a Z. tamén!
    Ainda hoxe, que a miña pequena ten case dous anos, e xa a "atención preferente" vaise diluindo, noto que os dous "maiores" cando me arrimo a eles para un mimo, se me agarran casi con desesperación, como pensando, hai que aproveitar, non vaia a ser que a Elisa nola volva a levar..jeje. Ánimos, un bico!

    ResponderEliminar
  2. teño moita curiosidad, xa me contarás, pregunto-me que pasa co calostro se xa estás dando peito, tes que parar? cando ía polo segundo tiña moitas dúbidas, pero como lle dei xustiño un ano ao final non busquei respostas, a nena veu despois

    ResponderEliminar
  3. Grazas Aivou e martasada, sei que trae nmoitas cousas boas que para iso ven, pero as dualidades de sempre... xa se sabe :-)

    Olivia, no embarazo a produción de leite diminúe e comézase a producir costro por acción das hormonas. Eu teño costro dende os 3 meses de embarazo, e non hai que parar, nin despois cos dous, se hai un neno prodúcese para un, se hai dous prodúcese para dous. E ademáis os beneficios do costro serán para os dous, e o efecto laxante tamén ;-)
    Dúbida resolta? Se non segue a preguntar, que eu resposto :-)

    ResponderEliminar
  4. que pasada, vaia regalo que lle fas a Z, gracias

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir