viernes, 19 de septiembre de 2008

Bilingüismo

Hoxe esta entrada vai adicada ó Calulino, que cumpre anos!! (non vou dicir cantos, jeje)

Carolina foi a miña compañeira do piso de estudiantes e cando penso no tema do bilingüismo na nosa terra sempre me lembro dela. É lisboeta, e non chegaba a comprender a situación que vivimos aquí. Lembro varios debates, dos que a min tanto me gustaban, e como ela expoñía que non era lóxico que unha persoa false en inglés e outra en francés por moito que os dous se entendesen, que o lóxico era utilizar a mesma lingua. Pero é que a nosa é unha situación especial, as dúas linguas conviven, no mesmo territorio e na mesma xente, todo o mundo entende o galego e o castelán e cada un usa o que lle apetece (ou así debería ser) sen problema na mesma conversa porque todos sabemos que todos o entendemos perfectamente... ou non.

Estabamos na muralla a Z. e máis eu e alguén nos preguntou se a había outra baixada máis adiante ou tiñan que saír xa, a seguinte pregunta foi se a catedral estaba preto: pois xusto na seguinte baixada. Respostei e quedei tan tranquila ata que... ui, ese acento non era daquí... e eu como lles respostei? En galego, claro.
Pensarían, coma teño escoitado tantas veces dos cataláns, que son unha maleducada e que non me deu a gana de respostarlles en castelán, cando foi simplemente que non me decatei de que non era a mesma situación que se da a cotío.

3 comentarios:

  1. Bilingüismo é riqueza cultural! E aínda mellor o trilingüismo, tetralingüismo... Como máis mellor! De toda a xente que convivimos en Santiago cando eu estudiava só duas persoas de fora aprendimos a falar galego (dous catalans...), e o resto entendiano máis non o falaban. Supoño que por proximidade "situacional". Minha avoa é extremnha, e fala castelán, o meu avó é catalán e fala catalán, e isto na mayoría de casas catalanas.

    ResponderEliminar
  2. Claro que é riqueza cultural, pero os galegos temos tan pouca autoestima que nin iso vemos.
    Que ben que dous aprenderades galego, creo que unha cousa mala que temos en España son os prexuizos coas comunidades con lingua propia, se cadra vivindo en alemaña e podendo dessenvolverse en castelán a xente tampouco se interesaba por aprender o alemán, pero dubídoo moito, o galego/catalán/euskera é outra cousa... e mria o que nos perdemos se non o aprendemos!

    ResponderEliminar
  3. Semella que a algunha xente a cultura si lle ocupa lugar :(

    (polo refrán "el saber no ocupa lugar").

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir