viernes, 5 de septiembre de 2008

Atrasos: Proxecto semanal pirata

Desta vez non temos fotos, tampouco foi moito o que traballamos no tema, mea culpa, se cadra porque non me atraen demasiado as historias de piratas, igual porque quería explicarlle á Z. o que eran e non atopei nada máis interesante que a búsqued de tesouros, así que iso foi o que fixemos.
Agachar e atopar un tesouro especial pola casa e ilo buscando con pistas, verbais claro, e doadas.

Buscamos libros na biblioteca, pero non nos gustaban os que había de piratas, eran todos para maiores e a Z. estaba máis interesada en facer algún puzzle.

Puxemos unha camiseta de piratas que temos, pero como parte da nosa vida normal.

O que non quería pasar sen dicirvos é que escoitamos a canción preferida da Z. " O pirata Mete pata" de Mamá Cabra.
Que nos encantan, en disco e en direto e que volos recomendamos a todos porque ademáis o toque folk co vento da frauta ou a gaita fan que ós máis grandes non se nos fagan aburridas coma outras cancionciñas para nenos de toda a vida (e co ritmo constante do xinato da cabra soando por atrás). Vaia, que nos gustan :-)

O tema desta semana: Vermello

Por certo, que a especial Olivia- Chuculeta inaugura blog de crianza en galego: Landras e robots
Que ben! Algo máis para compartir.

1 comentario:

  1. Eu quería o das cartas pero é tan caro...
    Por certo, non mudou o do "tema actual", xa refixen o código quitándolle iso. Qué pena que non saiba cómo facelo.

    Biquiños

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir