martes, 30 de septiembre de 2008

30+4 semanas

30+4 semanas

E seguimos medrando xuntos... ou xuntas? ;-)

Xa comezo a non durmir polas noites, da Z. tamén me pasara as últimas semanas, dalgunha das miles de veces que esperto para ir ó baño pola noite non podo retomar o sono de novo e quedo un par de horas "descansando e pensando" que son moitas as cousas que teño que pensar: o meu plan de parto para entregar no hospital, o curso coa miña matrona (que ía ser esta finde pero se tivo que pospoñer ata o 17, 18 e 19; así que aínda estades a tempo de vos apuntar se queredes), @ bichiñ@ na miña barriga medrando,... Imaxino que isto de non durmir é unha preparación do corpo para o que agarda despois.

Boto de menos de momento o contacto con barrigas afíns, non vou ás clases de preparación do sergas porque a miña forma de pensar cambiou moito e ir coa matrona, á que coñezo, e non poder dicir que non estou dacordo con tantas cousas... e escoitar outras das futuras mamás... pero o certo é que boto de menos conversas con embarazadas que estean na miña liña, e falar da barriga con alguén que me entenda, meterme en materia, centrarme e concentrarme... cousas curiosas as que botamos de menos, cousas que nunca pensei extrañar.

E é que xa vai quedando menos para gozar desta parte da maternidade que sei que vou botar tanto de menos dentro dun par de meses, pero botareina de menos con recompensa :-)

7 comentarios:

  1. Estás guapísima!
    recta final, pero sí, o das barrigas afíns, jeje, fíxome gracia pero xa sei que non a ten!!
    Muitos ánimos!!

    ResponderEliminar
  2. eeehhh! xa estou aqui......pensei q era mais dificil...si, moi ghuapa..igual me apunto o da visita ca matrona..

    ResponderEliminar
  3. Que marabilla, Raquel! Que pintaza ten ese curso para barrigas "afíns" (sniff)
    Estás preciosisísima! Biquiños.

    ResponderEliminar
  4. O curso ten unha pinta boísima!! Quen o imparte?

    Eu tampouco fun ás "preparacións para o parto"

    Un biquiño (a barrigola é preciosa!)

    ResponderEliminar
  5. fermosa... vas ben, ir a clases e poñerte a discutir que mal rollo, pero é xenial compartir momentos como ese...achega-se o día!

    ResponderEliminar
  6. mochilinhas, moitas grazas :*

    meninheira, o curso impárteo a matrona que me vai atender o parto na casa,chámase Irene, acaba de mudarse a Galicia dende as Canarias, podes ver algo dela na páxina de natular

    ResponderEliminar
  7. Qué ledicia que por fin veña xente que atenda partos na casa na Galiza!!

    Botareille un ollo á páxina :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir