martes, 16 de septiembre de 2008

28+3 semanas

Así me vexo eu:

28+3 semanas

E así máis ou menos me veredes vós:

28+3 semanas

Bueno, así así non. Onte falaba (escribía) con Aivou e dicíame que agora si que tiña cara de preñada, é curioso, pero eu non me vexo cara de preñada. Sei que en canto pase o preñazo e un tempo, que non sei canto abranguerá despois de ter ó bebé no colo por primeira vez, mirarei de novo estas fotos e verei esa cara de preñada clarísimamente, pero hoxe miro as fotos e so me vexo guapa. Non sei se é que non miro con moita atención, pero sospeito que as causantes son as hormonas.
Como é posible? Quen pode explicar cómo unhas sustancias químicas poden producir efetos coma este? E á vez producir tantos outros en min e no novo tartarouchiño?
Non sei se algún día nos atreveremos a dicir que o descubrimos, que por fin sabemos como funciona todo o noso corpo, pero teño a sensación de que chegado ese día quedaranos moito por coñecer e nin sequera nos dariamos conta.

En fin, que estou feliz e agora o único que me apetece é mirar para os meus embigos: os que teño na barriga e o que xa saiu.

:-)

4 comentarios:

  1. Eu véxote guapísima! e que morriña de barrigola :)

    ResponderEliminar
  2. xa che dixen que estabas guapísima, tiñas unha cor e un brillo ; ) de dalia en flor, non che vin esa cara pero calquera día pode ser, achega-se o momento.

    ResponderEliminar
  3. Tartaruga, estás cañón, dí que sí!! un poco "abella" por las rayas, pero, jejeje. Un bico!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir