miércoles, 27 de agosto de 2008

Unha noite de marcha na Coruña...

... anos atrás, atopámonos nalgún dos locais noturnos que visitamos a unha parella ben curiosa. Poderían ter sido dous pesados calquera deses que atacan polas noites, pero non sei por que aqueles, aquel día, parecéronme simpáticos: era tan absolutamente ridículo que a estratexia para ligar fose inventarse que un deles era inglés e que estaban a facer unha película de debuxos animados na Coruña... que non puideron máis que caerme simpáticos.

Obviamente eu era consciente de que todo era unha bola coma un mundo, e creo que nunca me rin tanto facéndollo saber. Aínda me lembro do: "Para qué les hablas, si son unos pesaos", das miñas amigas. A estratexia non funcionou para os que imaxino que eran os seus propósitos, pero, polo menos eu pasei unha noite ben agradable.

Ó día seguinte e durante unha longa temporada lembrabamos os tíos raros aqueles , ata que un día, algúns meses despois se anunciaba a estrea de O Bosque Animado, e todo o que contaran aquelas dúas personaxes sobre a suposta película cadraba á perfeción (mirade senón o apartado de Desarrollo-> oficinas na súa web: si que estaban na Coruña!!!).



Hoxe deixamos o coche a "tunear" así que aproveitamos a mañá e entre outras moitas cousas, fomos a outra biblioteca na que tiñan esta película, das pouquísimas en galego.

Mira ti por onde lles vou ter algo máis que agradecer a aqueles dous a parte dunha noite entretida :-)

Nota: post inspirado por Meninheira

2 comentarios:

  1. que ilu inspirarte :)
    Desta peli xa falara eu tamén, mira a ver se consigues a dos osos amorosos porque lle vai encantar!!

    E seica eses dous tolos non o eran tanto eh? ;)

    ResponderEliminar
  2. Non eran tan tolos os pobres...

    É certo que falaras xa da pali, non me lembraba, pero a túa viña sen anédota :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir