martes, 19 de agosto de 2008

Proxecto semanal: verde

A Meninheira decidiu propoñernos un proxecto semanal sobre algún tema, e para comezar o tema foi VERDE.

Nós non nos esquecemos de participar e o noso pequeno proxecto foi este.

Aproveitando a nosa visita á biblioteca atopamos este libriño perfeto para iniciar o tema, así que nos sentamos na nosa mesiña verde e comezamos a ler o libro verde:

Proxecto semanal: verde

O seguinte paso era buscar pola casa cousiñas que tiveran cor verde, e atopamos unhas cantas: un par de ceras, unha pintura, un pepino, unha tartaruga,...

Ptroxecto semanal: verde

... ata que topamos coa plastilina (verde) e a Z. decidiu que xa non quería buscar máis cousas verdes e acabamos o noso proxecto facendo esta obra de arte con plastilina. A Z. está en fase "coitelos" quere axudarme a pelar as patacas, a cortar a carne, e non pode resistirse ante a plastilina e un coitelo "non perigoso" para facer anaquiños e pegalos neste papel reutilizado, como vedes, así que contribuimos tamén a manter verde o noso entorno ;-)

Proxecto semanal: verde


Esta semana xa temos tema: AIRE, a ver que se nos ocorre.

2 comentarios:

  1. pareceneme unha inicativas marabillosas, aire! que tema! ando tan liada esta semana de médicos, a ver se teño un anaquiño para facer algo e ler en profundidade iso dos proxectos, bx, vas en setembro a xine, avisa por se ando por ahí, este mes ando por Calde.

    ResponderEliminar
  2. que ben que esteades a facer proxectos! seguro que o pasades moi ben e aprendedes moito as dúas.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir