martes, 26 de agosto de 2008

Proxecto semanal: Aire

Tema actual: PIRATA
Photobucket


Esta semana o libro da biblioteca lavaba consigo a palabra aire, pero non creo que a Z. asimilase moi ben o concepto, escolleuno ela porque lle gustou, así que igual si que o entende máis do que penso ;-)

proxecto semanal: aire

Ademáis deste, lemos o noso Pedro Chosco, cos furadiños para enredar cos dediños, por onde á Z. lle encanta soprar facendo a brisa (suave) e o vento (forte).

E, a verdade é que as actividades relacionadas co aire son das que máis lles gustan ós pequenos, polo menos á Z, así que aproveitamos para facer pompas ó aire libre e ver como as levaba o vento moi altas moi altas.

proxecto semanal: aire

Ademáis xogamos con grobos (aínda que isot é unha constante case nas nosas vidas :-) ) e fixemos un muíño de vento que lle fixo botar unhas risas ó moverse "el soíño", despois do que lle custou movelo soprando.

proxecto semanal: aire

Tamén tocamos coa nosa "frauta dos paxariños" que mercamos nun posto de artesanía, e quixemos aumentar os instrumentos musicais cunha harmónica, despois de ver o que lle gustaba a que ten o seu amigo Miguel, pero non a atopamos aínda, así que quédanos pendente.

Para esta semana o tema do proxecto semanal é : Pirata

6 comentarios:

  1. Nós tamén tivemos ese libro!!
    Mágoa que o romperan.

    ResponderEliminar
  2. xa lin con moita curiosidade o dos proxectos, encantame, pirata para a próxima semana, é cousa de dous, do prescolar na casa ou estamos todos convidados. A verdade é que o tema é moi suxertente, pero o Nico con repecto aos piratas ten moito que dicir

    ResponderEliminar
  3. Non, Olivia, non ten nada que ver co preescolar na casa, ten que ver con educar na casa, e iso, en maior ou menos medida, facémolo todos, así que estamos todos convidados.
    A ver se nos conta o Nico todo o que ten que dicir :-)

    ResponderEliminar
  4. Me ha gustado tu proyecto del aire, el libro me lo guardo

    saludos

    mariajose

    ResponderEliminar
  5. Je, je, el molinillo veo que triunfa en varios blogs ;-)
    Muy bonitas las fotos y vuestro proyecto, yo también me apunto el libro.

    ResponderEliminar
  6. Esa lámina de "aire libre" me da muchas ideas también, gracias!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir