martes, 26 de agosto de 2008

Marmelada de moras

Aquí está, por fin, a marmelada de moras.

Necesitaba facela e pensei que non ía poder, pero si. O malo é que quedei con mal sabor de boca porque a cocín un chisco de máis e non sei se será moi untable :-(. Así qeu a ver se conseguimos xuntar outro kiliño para repetir e mellorar.

Aí vai a reportaxe:

Marmelada de moras

Para un kilo de moras usaremos 750 gramos de azucre e o zume de dous limóns. Con isto temos xa todos os ingredientes.

Marmelada de moras

Imos facendo capas de moras e cubrímolas co azucre, deixando unha capa máis grosa enriba de todo, que as tape ben.

Marmelada de moras

Deixámolas macerar así 12 horas (no noso caso foron 24 por cuestión de horarios) e botamos todo a cocer nunha pota xunto co zume de limón. Pode parecer entón que a pota se enche de moras vermellas, pero é so un efecto óptico, as nosas estaban ben maduriñas (agás algunha que apañou o noso Moucho discromatópsico :-P). --coidade de remexer ben para que non se pegue, sobre todo mentres e en canto comeza a ferver.

Marmelada de moras

Despois iremos retirando a escuma (preciosa) e desbotándoa.

Marmelada de moras

Cocemos uns 45 minutos ou ata que ó collela entre os dedos estea apegañenta. Aquí estivo o meu fallo de valoración: fixen máis dun kilo e deixeina cocer máis tempo, e non me parecía que estivese "tan apegañenta". Pero agora pódese dar a volta ós botes sen perigo de que caia :-S: difícil de untar e máis doce do que debera :-(, pero comestible ;-)

MArmelada de moras

Marmelada de moras

Marmelada de moras

Cousas boas desta marmelada: aproveitamos un recurso natural totalmente desperdiciado (que ricas que están as moras!! Ata a Z. come froita indo apañala), descubrimos un sitio xenial (gárdoo para outro post en canto voltemos facer fotos, ogallá poida ser hoxe :-) ), igual non estou tan lonxe desta muller (as dúas aproveitamos igual a tarde de domingo, salvando as diferenzas: moras-arandos, tuppers-cestiña, botes improvisados-botes perfetos,...)

Cousas malas: boto de menos a réflex!!! Querendo facer fotos en condicións e vendo o que vimos era (case) o único que me pasaba pola cabeza... e máis porque despois de pasar onte pola mañá pola tenda de fotografía, vin no escaparate xunto a unha Canon EOS450D (fáltame moito para poder prescindir de todo o material que me rodea, seino) un prezo de 259€, entrei dispostísima a mercala xa! Pero non podía ser máis que un erro e o prezo segue case triplicando esta cantidade :-(, así que saín co trípode que ía mercar.

7 comentarios:

  1. E non levaches o meu frasquiño, que quedou enriba da mesa...
    Para outra vez fasme unha con fructosa e así podo comela :o) (por pedir...)
    E para andar "sen" cámara fas moitas fotos e moi chulas :*

    ResponderEliminar
  2. Si, lembreime a medio camiño :-(, ti gárdamo que xa mercarei alfinetes que meter dentro :-P
    Igual tes sorte e hai un experimento deses con fructosa, a ver se hai moras :-)
    Grazas polos piropos ás fotos, pero son moi malas :* (que conste que é todo culpa da cámara :-P)

    ResponderEliminar
  3. Anda! hoxe andaba eu a pensar en facer marmelada de amoras e vas tí e a fas :D

    Gárdome a receita que nunca tal fixen , graciñas

    **

    ResponderEliminar
  4. mmm e vaia mosaico presumindo de terra, eh? pero o que ía, non fales máis da reflex que mordo as uñas, teño unha cámara a medio camiño entre reflex e automática y dame moi bo resultado, pero una relex, non saberás dalgún concursiño para ganar unha?

    ResponderEliminar
  5. Se me ha hecho la boca aguaaaa, por favor, qué pintaaaa (me la comería a culleradas!!! jeje).

    ResponderEliminar
  6. Olivia, se soubese dese consurso... aiiiii

    Rica, rica, oes, ó fianl ó unico malo é que non rendeu moito, pero está boíiiiiiisima :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir