jueves, 7 de agosto de 2008

Do que gosto e do que non gosto

Non adoito faacer estas cousas, pero esta vez o meme que fixo a meninheira resulta moi apetecible, así que...

6 cousas que me gustan:
- gústame ser nai
- gústame facer manualidades (ou máis ben argalladas)
- gústame pasear polo monte cos cans e a familia
- gústame non deixarme levar pola "masa"
- gústame, pero moito moito moito, o chocolate
- gústame esta nosa terriña

e 6 que non me gustan (destas sempre se me ocorren máis):
- non me gusta que nos fagan crer que necesitamos ter de todo.
- non me gusta que a xente crea que ter fillos é arruinarse a vida, e menos aínda que a xente teña fillos sen querer, porque toca ou porque despois é tarde,... e despois lle estorben.
- non me gusta como se entende a educación dos nenos e que os colexios sexan aparcanenos.
- non me gusta que a xente pense que parir na casa é unha valentía ou unha irresponsabilidade.
- non me gusta que todo o mundo se crea con dereito a dicir como criar ós bebés e ós nenos dos demáis.
- non me gusta que as protectoras de animais estean cada vez máis cheas de animais.

E non convido a ninguén en particular, quen queira animarse a escribir cousas que lle gustan e lle disgustan, xa sabe que pode facelo.

3 comentarios:

  1. pode ser difícil escoller só seis que non me gusten nada de nada...

    ResponderEliminar
  2. Xa vexo que o chocolate é o vicio de todas :D

    ResponderEliminar
  3. Coincidimos en case todo.
    Que vaia ben a gravidez.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir