martes, 22 de julio de 2008

Outra da barriga

Xa ten un par de semanas, así que agora é aínda un chisco máis grande, é xusto á nosa volta das vacacións.

18+6 semanas... medrando

Este pequeno medra!! Fomos á revisión das 20 semanas o día 15 e todo vai sobre rodas. Puidemos contarlle os dedos e as dedas, e tenos todos :-) Fíxome gracia porque non pensei que fixeran unha cousa así, pensei que mirarían o corazón, os riles, a cabeza, pero non que lle contarían os dedos. Imaxino que foi para darnos o gusto a nós, e a verdade é que si que nos deu gusto, tan pequecho e tan enteiriño!
O xine era un pouco soso, e ademáis so dicía que a ver se estaba quieto para poder velo, e cando eu lle dixen que era normal que non parara se lle estaba calcando, respostoume todo cheo de razón que non se enteran de nada porque van moi protexidos, que se cadra notan algunha pequena vibración no líquido pero máis nada, que igual dentro duns anos nos inventaban uns airbags así para os coches, que eran perfetos. De teoría saberá moito o homiño, pero preñado non estivo nunca, que non se manquen non quere dicir que non se decaten, e se non que llo digan a este cando intento meterme nalgún pantalón que me queda estreito... ó restarlle espacio protesta sempre!!
Quitando isto conseguimos que o sexo siga sendo unha sorpresa, agardamos que ata o final, pero polo menos de momento. Témolle a cada revisión, non vaia ser que a alguén se lle escape.

Que será será? Vou facer un listado co que pensades, así que xa me podedes ir dicindo que pensades.
Para que esteades en igualdade de condicións direivos que ó principio dábame no corpo que era un neno, agora xa non sei, a ver se soño algo :-)

7 comentarios:

  1. Eu voto polo fubolista :o)(e teño un 50% de posibilidades de acertar)

    ResponderEliminar
  2. vexo-te estupenda, que ben o contas, pois eu penso coma ti. Por certo un día vinte pasar preto do parque, falo antes de ir de vacacións e parecias-me ti, mireit-te con cara de panolla, :)), pero como te vin co peliño tan curto. Vas ao Hosital ás revisións, porque si é así podo acompañar-te porque vivo ao lado, agora ando traballando por Calde. Que andas facendo de labores? a ver se se sabe o sexo que teño uns patucos pendientes. bx

    ResponderEliminar
  3. Nalgures lín que non só se enteran do paso do ecógrafo, senón que os ultrasóns amólannos.

    Podes abrir unha enquisa :D por certo que a nos perguntáronnos se queríamos saber o sexo.

    ResponderEliminar
  4. Felicidades, guapa. También por lo de los dedos : DDD

    ResponderEliminar
  5. Moitas grazas a todas! E a única valente que se atreveu a votar foi Aivou! Veña, animádevos, todas tendes o 50% de probabilidade de acertar, non pensedes que ela ten enchufe ;-P

    Olivia, o sexo intentaremos que non se saiba ata que naza, así que os peúgos (moitas grazas!!!) van ter que ser unisex, pero para iso temos moitas cores no mundo ;-)
    Por certo, eu tamén te vin o día aquel no parque, primeiro vin á túa nena, e cando mirei para ti xa pasabas de largo, así que non me decatei de que me viras. Si que vou ó hospital, pero a vindeira revisión é en Setembro, a ver se nos podemos ver antes daquela, non? Porque ademáis nas revisións boto a mañá enteira alí dentro.

    Meninheira, eu tamén penso que moito non lles deben gustar as ecografías, se cadra non escoitan pero danlles dor de cabeza.
    E preguntar igual preguntan, pero é máis doado que algún xine fale da nena ou do neno e estrague a sorpresa se non o queres saber.

    ResponderEliminar
  6. pois eu por levar a contraria e porque há um 50% de possibilidades boto menina. beijos.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir