jueves, 31 de julio de 2008

De volta ás agullas

Preguntábame Olivia polos meus proxectos teceláns, e a verdade é que teño que dicir que ata hai un par de semanas as ganas de tecer desapareceran completamente.

cores para o proxecto

Antes do verán merquei estes fíos (a ver se fago despois unha foto onde se vexan mellor as cores) de oferta por fin de colección toda a disposta a facer a preciosidade do Pinwheel sweater para a Z.. Comecei con moitas ganas, pero despois de tres cores decateime de que ía quedar algo máis pequena do que quería, así que desfixen con idea de voltar comezar botándolle un par de voltas máis por cor, pero ademáis decateime doutra cousa: a miña intención de facela cunhas dobres puntas de bambú de 20 cm e cunha circular de 80 era inviable. Ía necesitar investir máis cartos, seguramente nunhas intercambiables, pero non quero meter máis cartos en época de parón, así que as ganas esfumáronse e a chaqueta quedou sen recomezar.

Podedes darme algún consello sobre isto das agullas? Vin en Tira del ovillo que agora teñen intercambiables de Knit picks, que teñen moi boa pinta, pero non fixen cálculos do que me sairía un xogo completo para esquecerse das agullas para sempre e non sei se sería unha boa inversión, se cadra é mellor mercar un estoxo das famosas Denise, pero lin á xente queixarse de que se soltaban os cables, e pódeme dar un mal. Algún consello? Seguro que é mellor que andar buscando as agullas que che faltan para cada proxecto... debino pensar antes, a verdade.

Polo demáis, semella que coa chegada dos movementos do nov@ tartarouchiñ@ entráronme as ganas de ler, e de tecer. Teño moitas lecturas previstas porque se todo vai ben esta vez o nacemento ha ser distinto, así que quero estar ben preparada non so de corpo, que xa sei que o estou, senón de mente, e daí teño que quitar algunha pantasma que hai e algunha que seguro aparecerá neste tempo que nos falta.
De momento quería comezar por Nacer en casa, de Sheila Kitzinger, pero o que atopei na librería foi Nacimiento en casa, da mesma autora, así que nesas estamos. E como o libro resultou estar escrito no 1980 (cando eu nacía, meu deus que atrasados andamos!!) vou acabar lendo os dous. Ademáis de reler La revolución del nacimiento de Isabel Fernández del Castillo, e se podo tamén El bebé es un mamífero, de Michel Odent. E xa teño para unha boa temporada, se é que consigo lelos todos...

E xunto coa lectura chegaron tamén as ganas de tecer para @ tartarouchiñ@, e, claro, despois dun ano tecendo peúgos para todos, agora tocábame a min. E aquí están os Better than booties baby socks de novo cun resto que había na casa.

Comezando co niño

Tiña ganas de facerlle unha Baby Surprise Jacket de Elizabeth Zimmermann, pero aínda tería eu mercar un dos seus libros, que me apetece un montón, pero non sei se decidirme polo Knitting Workshop ou pola Opinionated Knitter, e como volvemos a estar no mesmo da inversións... pois creo que cambiarei de proxecto polo Child's Placket Neck Pullover, de Joelle Hoverson do que si teño o patrón (que acabo de descubrir ademáis que é gratuito). E dunha talla máis grandiña xa que é pechado. A BSJ gárdoa na cola para máis adiante.

E aproveitando máis restos quixen facer un gorriño coa Katia Diana que me sobrara dos meus perdidos Dashing, pero hoxe pola mañá cando baixei atopeino así:

Argggggggggg!!!!!!!!

Así que xa tampouco teño o xogo de dobres puntas que necesitaba para comezar o pinwheel sweater, e a la quedará para facer... non sei: un pousavasos? Non creo que dea para moito máis :-(

Pero iso non foi o único que apareceu medio esnaquizado: un hipopótamo da Z., non moi importante por sorte, ó que onte lle quitara un ollo e unha orella nun pis pas e que a Z. quixo ver antes de ir para a cama. Así foi como quedou por riba da mesiña do salón xunto cos bombóms riquísimos que trouxeron Pabliño, Senén e Paula de visita e que hoxe atopamos a caixa, perfetamente colocada enriba da mesa... e baleira! O hipopótamo non lle debía caer moi ben, xa que agora é totalmente xordo-cego.

o hipo xordo-cego

Bombóns tristemente desaparecidos

E aquí tendes á artífice da desfeita, a que parece unha santiña a nosa Galla?

a artífice da desfeita...

E xa sabedes as mañas de artista que ten a nopsa tartarouchiña, últimamente, ademáis da decoración en forma de murais, tamén lle da pola dacoración corporal, será un preludio de vida adulta tatuada?

Tatuaxes

6 comentarios:

  1. aínda onte lin sobre os knitpicks, creo que Urraca nalgún foro (Foro ibérico de punto?) escribía sobre o tema. Falábase tm de que saían con defectos, pero que se podían repoñer fácilmente. Busca por alí. Online hainos na península.

    Canta lá, jeje! lindos peúcos, non esperaba menos.
    a miña tm ás veces pintase toda. Ai deus, hoxe pintaron-lle as uñas na gardería, uma meniña que levaba un botiño, a miña está encantada pero eu non quero unha chica quero uma meniña, creo que non saiu tan cabalo coma min, é moito máis femenina e escapa dos xogos moi enérxicos, será cousa da idade.

    ResponderEliminar
  2. Outra que ten un futuro yakuza (polas tatuaxes hehehe).

    A chaqueta que vas facer encántame! Ai se tivera eu esas mans... e o dos peúgos fíxome moita gracia (vai ver a primeira entrada miña de hoxe).

    E por outra banda entérome de que vas parir na casa, que envexa da mala! Encantaríame viver esa experiencia! Foiche doado atopar parteira? porque nesta nosa terra é case imposível :(

    ResponderEliminar
  3. Olivia: mirarei entón as conversas que me dia, a ver se as atopo no foro ibérica de punto, se non, podo preguntar nalgún dos foros de ravelry.

    Meninheira: Pois non me foi doado o da parteira, foi case unha casualidade que aínda non acabo de crer de todo, agardemos que vaia todo ben, que non o quero dicir moi alto.
    Por certo, moi chulos os teus peúgos tamén, e estas mans tenas calquera, eu hai un ano ou así que reaprendín a tecer por internet, ti tamén podes ;-)

    ResponderEliminar
  4. Oh!, que las máis chulas! e que agullas máis chulas!... teño eu que aprender a usar esas cousas, que se me sacas das agullas sobaqueiras de toda a vida non sei que facer...
    Eu sigo a querer facer un chal ou unha estola ou como se chame eso que quero facer pero non sei nin onde nin que las mercar... desastre de muller...!!! (e eso que non teño cadela que se coma as miñas labores...)

    ResponderEliminar
  5. Pois apréndese nun pis pas, e co espabiladiña que me es ti para estas cousas!
    E xa que estás proba co método continental (mira os videos de knittinghelp), é moito máis rápido, eu quero aprender :-)
    E para a estola, chal ou o que sexa que queres, xa sabes que patrón queres? Alí porache o que necesitas, se queres intento descifralo contigo, aínda que non son ningunha marabilla con esas cousas. Seguro que onde andas agora hai boas tendas de las, ti vai mirar.

    ResponderEliminar
  6. Pues yo te recomiendo las agujas de Knit picks, hace un par de semanas compré unas dobles puntas y una circular y son una maravilla...mucho mejores que las Denise que a mi nunca me han terminado de convencer. Además las Knit picks creo que las puedes ir comprando poco a poco y no el juego completo.
    Tu niña está hecha una artistaza ;)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir