lunes, 21 de julio de 2008

Comidas con alcol

Jeje, ten gracia, a verdade. Por unha falta de previsión hoxe quedamos sen aceite. Para facer o polo guisadiño usei o de freidora, pero para a ensalada non valía, claro. Eu pasaba sen ela, e sen o demáis tamén, que non tiña ningunha fame, pero chegou o Moucho e dixo que tiña unha botelliña pequena no coche, e alá foi buscala.

Estabamos comendo e eu pasei da ensalada (estaba sen lavar a conciencia e como volvo ser toxoplasma negativa...), pero a botelliña era moi rara. Para comezar era Claas, que non sei exactamente de que é, pero a min soábame a tractores ou maquinaria de campo, puña aceite en varios idiomas pero non en castelán, e non aparecía por ningún lado que fose aceite de oliva. A min deume mal rollo e díxenllo ó Moucho:
- Será para consumo humano, non?
- Si, supoño que si, pero o certo é que saabe un pouco rara a ensalada...
- E por que pon que ten o 35% de alcol?

Pois iso, era unha miniatura dalgún tipo de licor... de aceite? A ensalada estivo ben aliñada, si :-D

O aceite alcólico

E outra preguntiña, vós usades viño tinto para cociñar? É que se nos están a rematar as botellas de cava das cestas de Nadal, que era o que viña usando, e agora so quedan unhas 10 botellas de tintos variados que non imos beber nunca... a non ser que lles apeteza a algunha visita.
Usareino para a cociña ou teño que mercar viño branco?

2 comentarios:

  1. Pois eu non che poidi axudar porque cociño sen viño.

    Por certo que envexa de fotos!!

    ResponderEliminar
  2. E eu as máis das veces tamén, pero é que onte fixen un polo co champaña que me quedou riquísimo :-)

    Moitas graciñas, por certo, coñecémonos? En persoa, quero dicir...

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir