miércoles, 11 de junio de 2008

Unha da barriga

Para que vexades que vai medrando.

Unha pequena barriga

Igual non parece gran cousa, pero se a comparo coas fotos da miña barriga da Z. podería estar de 5 meses tranquilamente, ou se cadra un pouco máis. E aquí so estou de 13 semanas, 3 meses, vaia.

Últimamente estoulle dando algún arrechucho á pobre, onte pasei todo o día con contracións cada pouco, unha sensación estrana co útero aínda tan pequerrechiño, semellaba que me apretaba o pantalón a ratos. Sei que teño que relaxarme e non coller pesos, pero como? Coa terremota esta en fase destructivo-experimental?
Hoxe as cousas xa voltaron á calma, e agardo seguir dándolle repouso ó novo pequeno tartarouchiño.

3 comentarios:

  1. Pois sí, vai medrando, dentro de pouco terás unha coma a miña... ou coma a do Carolo... :P, a modiño guapa, a modo...

    ResponderEliminar
  2. vaia barrigochiña tan xeitosa, eu perdín o bo tipo no segundo embarazo, sí sí coidate.
    Que fastidio o do tranporte, non lles compensa e sobretodo os maiores teñen que fastidiarse :(, e a miña cámara ten que ir ao servizo técnico :(... pero que ben medra ese chichariño :)

    ResponderEliminar
  3. si, ese camiño levo, o de perder o tipo. Pero gardo a esperanza de ter o resto da vida para recuperalo (ou botalo máis a perder).

    A ver se se amaña esa cámara.

    Creo que xa vos pasei, Aivou, a ver se poño outra fotiño.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir