miércoles, 18 de junio de 2008

Propostas para cerebros espertos

Que non vai ser o meu caso, me temo, non desisto, pero tampouco me ven nada á cabeza.

Cóntovos:

Aivou pide axuda para recopilar crenzas e/ou mitos populares, do estilo de que non te podes bañar ata dúas horas despois de comer, ou que co polbo non se pode beber auga,... da igual que sexan certos ou non ou que non saibamos se o son, o importante e a recopilación. Ocórresevos algo?

E Vega acaba de organizar o Concurso de Novatadas, pode estar divertido, e seguro que eu teño unha chea delas para contar de cando saín do niño e me aventurei no mundo eu soa, pero nada, levo dous días pensando e non se me ocorre nadiña. Creo que non teño o cerebro no seu sitio. Animádesvos? So hai que escribir unha entrada no blog que leve ese título e contar unha novatada graciosa, hai ata o 25 de xuño.


PD: O blogger volveuse tolo e sublíñame todo, queira eu ou non, e non quero, claro.
PD2: Creo que o dominei :-)

2 comentarios:

  1. A min faime moita gracias cando me din que non apoie o bolso no chan "porque escapan os cartos". Coas cereixas din que tampouco se pode beber auga. E cando eramos adolescentes sempre había algún que dicía que se tomabas unha aspirina con Coca-cola te emborrachabas. Ou quen comía xiz para que lle subise a febre e non ter que ir a clase... Despois están as de romarías, santos e virxes ¿Valen esas tamén?

    ResponderEliminar
  2. Ola!!

    E pasarse unha semá sen ve-la auga porque tiñas a menstruación?Non te odías bañar en unha semana. Outros dicían que non podias lava-lo pelo...
    Deixar os cartos enriba da cama trae mala sorte.
    As laranxas, "por la mañana oro, por la tarde plata y por la noche mata"..
    Isto é un filón, quen non sabe dalgunha?
    Un biquiño tartarouchos!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir