miércoles, 11 de junio de 2008

O transporte público


Eu quería ir no autobús, son marabillosos: usan biodiesel que so hai para os demáis nunha gasolineira a 20 km, podes subir co carriño do neno... quería contaminar menos, camiñar máis, non gastar tempo nin cartos en aparcamento cada vez que teño que ir ó centro... pero desgraciadamente vivo noutro concello, por escasos 500 metros vivo noutro concello, así que aquí os urbáns nin os cheiramos.

Aínda así estaba case decidida a andar os dous kilómetros que hai da miña casa á parada máis próxima aínda que fose baixo o sol do verán ou o frío e chuvia do inverno, pero entón, de volta a casa no coche lembrei por que non o fixera antes: cunha nena de 2 anos e medio, aínda que conseguise que fose de aquí aló sentada na silla que nunca usou, tería que camiñar dous kilómetros pola estrada pola que cada vez pasan máis coches e máis rápido e que non ten arcén. Non podo arriscarnos, non cando teño un coche no garaxe que podo sacar para levarnos ás dúas con bastante máis seguridade.

Así que, aínda que os urbáns pasan cada media hora por un sitio ó que no cohe chego en apenas 1 minuto, é un lugar inalcanzable a pe e non podo acceder a eles.

Pola contra temos un "excelente" servicio de autobús dunha empresa particular que pasa cada día ás 8 da mañá cara a cidade e volta as 14 para facer a súa segunda viaxe no día cara o centro. Onte informoume a veciña de que, como é lóxico, vai deixar de existir.

Así que vivimos aquí todos xuntos, cada vez máis xente e máis xunta, e sen ningún outro servicio que unha panadería (cun pan riquísimo, iso si)... ai! Co ben que estariamos nós no medio do monte!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir