domingo, 1 de junio de 2008

Cousas pendentes pola miña ausencia

Penso en moitas cousiñas que teño que contar, pero ó final nunca me poño a escribilas.
A ver se hoxe que descarguei unhas cantas fotiños vos poño ó día.

Esta última temporada cambiei un pouco de vida, non tecín nada nada nada, comecei unha chaqueta, pero quedei un pouco desilusionada porque coido que non vou ser quen de facela coas agullas das que dispoño. Ademáis tivena que desfacer porque a la era un chisco máis fina, así que necesito aumentar un par de voltas de cada cor, total que desfixen e aí quedou.

Tampouco leo, nin sequera de preñeces e de partos, aínda que coido que agora me van entrar as ganas coas novas expectativas de poder ter o meu parto na casa :-)

O que si fixen foi cociñar, para asombro do meu Moucho, moi asiduamente, tanto que agora xa é el o que me pregunta que vai haber de comer mañá, e é que me apetecía.
Fixen esta pizza da que non sobrou nin unha migalla...

mmmm... pizza!

E fixen tamén unhas madalenas para repetir, con cacao, chocolate branco e noces... mmmmmmmmmm. E por primeira vez subiron!!! Menos mal que na miña inexperiencia se me ocorreu metelas dentro dun molde no forno, máis pensando en que desbordara todo por fora que en que fose necesario para que collesen forma. O que fai non saber.

Edito para pegar a receita das madalenas, solicitadas por Eli, e por alguén máis que non podo lembrar. A receita saqueina da cociña de auro
Cambiando as noces de macadamia polas do país que tiña na casa, e engadindo un par de culleres de cacao en po para poñelas máis moreniñas. A ver que vos sae :)

madalenas dous chocolates con noces

E, apesar de que aquí leva máis dun mes chovendo seguido, e de que á nosa cerdeira nova non lle está a sentar moi ben, semella que ós cactos da fiestra sul non lles afecta o máis mínimo e locen orgullosos (coma min) as súas (miñas) flores.

mosaico de cactos

E aínda hai máis... pero déixoo para outro momento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir