jueves, 17 de abril de 2008

De bebés nas barrigas

A Z. parouse a mirar fixamente a barriga de Mari, a mamá da súa amiga Zi. Eu imaxinaba que vía algo raro:
- Sabes que ten Mari na barriga? Ten un bebé.
- Siiiiii, ten un bebé.

(...)

- Z! Veña, quita a roupa!
- Teño unha camiseta branca... o avó de Ourense tamén.
- Si, o avó de Ourense tamén tiña unha camiseta branca.
- E quitouna.
- Si? Quitouna?
- Si, e tiña un bebé na barriga

xDDDD
Papá, ponte a dieta!!


E agora falto eu, o correto supoño que sería agardar ata mañá, que temos a primeira visita, pero tiña tantas ganas e síntome tan ben... pois iso, que aumentamos a familia!!!!
Calculo que dunhas 7 semanas, así que para primeiros de decembro (outro de finais de ano, os tartarouchos serán os peques da clase).

Aumentamos a familia!!!

:)

PD: un bico moi forte moi forte para Sabela :*****

6 comentarios:

  1. felicidades!!! habra que hacer un swapetines para niños?....
    te deseo lo mejor y que seas muy feliz!!!

    ResponderEliminar
  2. E eu tiven que buscar no Google o que significaban as dúas raias... serei ignorante...
    Noraboa tartarouchos :*

    ResponderEliminar
  3. Parabéns, tartarouchos!! Ando media estraviada, pero non abondo para que non me chegue unha noticia tan fermosa!

    ResponderEliminar
  4. Lémbrame que teño unhas agulliñas do número 2 para ti... Parabéns unha vez máis.

    ResponderEliminar
  5. NORABOAAAAA!!!!
    Graciñas Tartaruga por mandarme a mensaxe ó correo, senón creo que non ía enterarme ata que non te volvese a ver pola cámara con...dous rapaces,ein??!!!

    Os meus mellores desexos, dende logo, e daros a noraboa papis!! Sabendo o que te gustan os cativos, tes que estar máis que leda.


    PD:pido perdón polo galego macarrónico aprendido na escola e que poidas entender os erros que podo cometer, pero é que lin todo en galego e parece que queda mal iso de responder en castelán.... Facía anos xa!!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir