miércoles, 9 de abril de 2008

Da Z.

Está moi graciosa últimamente, vouvos contar algunha da que me lembro.

Na casa separamos todo tipo de lixo, e ademáis os residuos orgánicos van para a compostadora do xardín, así que imos xuntando os restos nun recipiente.
A Z. pedírame unha cenoria como a que estaba a comer o Moucho, así que fun á cociña a pelala e collín o cacharro para botar as pelas, e onde asomaban as cascas duns ovos. A Z. viunas e dixo:
- É o prástico dos ovos?


Onte a noite iámonos deitar, durmimos todos xuntos entre a nosa cama e unha ampliación que lle fixemos hai tempo xa para coller máis amplos (aínda que é un pouco ficticia porque acabamos todos no mesmo curruncho). O caso é que cando se deita sempre queda no seu sitio, que é a ampliación, pero hai xa uns días que non hai maneira, quere durmir na cama e se pode ser entre o papá e a mamá mellor aínda.
Cando nos fomos deitar onte non quixo que viñese o Moucho, pero aínda así deitouse na cama, e eu díxenlle un pouco como pregunta retórica, a verdade, sen moitas esperanzas de que me respostase:
- Z., por que non te deitas no teu sitio?
E ela respostoume toda seria e chea de razón:
- Porque hai un crocodilo na parede que comeu o pelo da Z.
Moraleja: Non fagades sombras chinescas na parede pegada a cama da vosa nena de 2 anos, e menos aínda se vos ocorra facer a gracia de que o crocodilo come a súa sombra...
Por suposto non houbo nada que lle rechistar.


E hai tempo que cada vez me é máis difícil convencela de que mame da teta dereita. A esquerda sempre foi a súa favorita ;-), pero agora estoume volvendo totalmente asimétrica: a esquerda é cada vez máis grande e a dereita máis pequeniña (en breve me vexo metendo recheos so dun lado no suxeitador), cada vez que lle dicía que tomase da dereita ela dicía que esa non, qeu esa non chupa... e hoxe por fin entendín que non era que non quixese chupar. Cando lle preguntei por que non quería chupar esa teta, volveume respostar moi convencida: que esa non chupa!!! Que non ten leite, vaia. O certo é que agora se debe notar moito a diferenza, aínda que me sae unha pinga con facilidade xa nunca a noto tragar dese peito.
Que cousas, eh?

1 comentario:

  1. Los niños pequeños son super graciosos y tu niña es muy espabilada!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir