viernes, 28 de marzo de 2008

Encontros Chuculetos

Ja, vouvos dar envidia a unhas cantas!

Tiven a honra de coñecer a Olivia hai un par de semanas... xa non lembro o día, pero o demáis coido que si.
A Z. non me deixou concentrarme demasiado en toda a información que traía para compartir, pero a verdade é que foi todo un pracer coñecer a alguén tan especial.
Tomamos uns tes nunha cafetería un tanto agachada da rúa das docerías mentres sacaba toda unha colección de libros de punto e contos ilustrados cos que babeei un bo rato entre chimpo e chimpo da miña monstra particular. O conto da nena e os puntos, aqueles calcetíns rematados a ganchillo, e a xaponesa que me fascinou cos seus útiles cotiáns a croché imitando froitas e froitos (a mazorca de millo...)... mmmm. E por se fose pouco teño a metade da coleción na casa!!

Non estou tendo moito tempo últimamente, e aínda teño por rematar os calcetíns para a miña swapetina, que vos informo xa de paso que vou pola cana do segundo, pero non puiden evitar tecer un par de cousiñas sinxelas do Stitch and Bitch que xa vos amosarei outro día e... descifrar o esquema dos calcetíns a dúas agullas do Nordic Knitting en xaponés!! Estoume facendo unha experta en idiomas :)

Por certo, o Stitch and Bitch decepcionoume un pouco, co tan famoso que é agardába outra cousa, non sei moi ben o que, pero algo máis... especial. Atopeino bastante kitch, aínda que imaxino que o seu forte non son os seus deseños en si, senón o espírito do punto e xente nova, dos grupos de punto polo mundo adiante. O que atopei máis interesante foi a primeira parte onde explica cómo deseñar e modificar a roupa para o teu corpo, e máis os tips que andan espallados por todo o libro.

Do Nordic Knitting namoreime de cada proxecto sinxelo e xenial, explicando sempre as técnicas para aprender a crear. Pero o que non podo pasar sen facer é o Mobius band, que non vou deixar de facer (bufff, acumúlaseme o choio, hai tantas cousas bonitas, tan pouco tempo e eu son tan lenta).

Ademáis de dous libros de Zoe mellor ós que xa lle botara o ollo en ravelry, con roupa preciosa e che de cor para nenos.

Olivia, xa ves que os estou coidando ben e estou gozando deles, non te preocupes que os vou mimar moito.

Unha sensación extraña falar con alguén "descoñecido" de xente en común á que nunca tiveches o pracer de coñecer en persoa, moitas delas que non saberán nin que eu existo, e das que as dúas coñeciamos parte da súa vida. Incrible o que pasa con internet, verdade? O peor é que non fun consciente disto ata que falei con Olivia, parece que todo se fixo real ó ver que ela tamén o é.

Por certo, Olivia, teño as mesmas bolsas de Xoaniña en versión incienso (largas e estreitas) expostas (entre a desorde) no moble do salón porque me parecen tan bonitas e especiais que me da mágoa gardalas.

Un biquiño e grazas por todo.
A ver cando volve o sol e imos cos nenos ver os patos, vale?

1 comentario:

  1. Xa vexo xa :)
    pon foto se queres do nordic knitting, creo qeu non hai nada pola rede e á xente teñe que flipar os carpins. O moebius band? non te podes perder esta receita de Urraca moebius imprescindible, a nosa pineira Urraca tan traballadora ela.
    Gracias polo que me toca neste cacho post, eu tamén ás veces penso que todos somos un pouco irreais
    E o mércores se non chove e non traballo mandoche un emiliño

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir