lunes, 25 de febrero de 2008

Unha horiña máissss

Non somos de madrugar, non vos botedes as mans á cabeza cando conte isto, non nos odiiedes as e os máis madrugadores... para a vosa satisfacción augúrolle pouco futuro a este tipo de situacións.

Hoxe espertei, quero ir ó preescolar na casa ás 11 coa Z porque non sei se saíu xa o prazo de matrícula para o ano, e aínda que pensaba non mandala aínda ó cole cos seus dous aniños e nove meses (sigh :-( ), parece que a situación familiar pode cambiar e necesitaría desas horiñas para estudar, ira a clases, ir a práticas e todo o que iso conleva.

Temos un deses reloxios que proxecta a hora no teito, e no que podo adiviñar a hora pese á miña cegueira noturna (é que durmo sen gafas, claro), así que espertei e entreabrín un ollo para mirar o teito, para non espertar de máis e porque así vexo ínfimamente mellor, así que intuín un 10:12 e erguinme tratando de que a Z. non espertase.

Abraiada quedei, normalmente en canto se move unha saba pégase ó meu corpo apalpando para seguir durmindo consciente da miña compaña, pero hoxe nin se inmutou. Saín da cama, ducheime, vestinme, baixei ó outro andar, mirei o correo, e collín o almorzo (si, miro o correo antes de almorzar, son así de adicta) e cando me volvín sentar diante do ordenador a gozar duns minutiños de relax e tranquilidade antes de que a Z espertase de vez mirei a hora de novo e eran xa... as 9:52!!!

Gañei unha hora que a Z durmiu prácidamente (ata hai uns minutiños) e non foi por mor dos meus ollos (aínda que ben podería ter sido): o noso despertador, non sabemos moi ben por que, aínda que temos varias teorías, de cando en vez non marca a hora, senón unha hora máis, pero nunca dura máis dun día, ou de 12 horas. E automáticamente e como por arte de maxia volve á hora correcta sen avisar... é un fenómeno estrano que se repite e hoxe me regalou unha hora de actividade en solitario.

Ademáis das pantasmas, e os poltergeist, o Moucho ten a teoría de que o reloxio conecta co satélite cada 12 horas e aí é cando corrixe o seu erro de aproximación... non sei cal das teorías é máis posiblñe/crible de todas... e cal me da máis medo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir