domingo, 3 de febrero de 2008

Tarde de Sábado

A Z. está pasando pola fase de "non", de tirarse ó chan, de non querer poñer a chaqueta e de non querer quitala, de non querer andar nin querer quedar no sitio... hai días mellores que outros, e onte prevíase un día complicado, así que, despois de durmir a sesta durante o tempo que me levou baixar as escaleiras (uns 2 minutos) aínda se vía máis negro.

A decisión foi innovar, para tela entretida e que as novidades non lle deixasen tempo cabrearse co mundo. Así foi como decidimos ir ó río de paseo, coa (mala) sorte de que xusto onde iamos baixar había un circo, así que a Z. viu un "pimpante" dende o coche e toleou. Non houbo máis remedio que ir ver os animais en canto aparcamos o coche.

A nosa terrible visión incluiu dous cabalos esfameados, coas costelas marcadas e as patas coma fíos, cunha pelaxe horrible, suxos e intentando sacar herba de onde so había lama; leóns, tigres e leopardos a 2 por metro cadrado... non se me ocorre vida máis triste para un animal que metidos nunha gaiola na que apenas poden dar un paso día tras día... se un can necesita sair de paseo... como vai poder un león vivir así?; un elefante tristeiro, compartindo espacio con dous dromedarios, un deles cunhas callosidades impresionantes nas patas e un tumor do tamaño da miña cabeza no abdome...

Creo que non é necesario que faga ningún comentario máis sobre o que opino dos circos de animais...


Despois desa visita fugaz, na que lle fixen saber á Z. o tristes que estaban os animais fomos dar o paseíño polo río. Encantoulle e pasou moi boa tarde... sen enfadarse apenas unha ducia de veces, jeje, porque quería as pelotas dos cans, quería tirarllas ela, quería ir no colo cando eu xa non podía máis,... cousas pasaxeiras e razoables. Ademáis máis de media hora adicámonos a coller as flores e botalas á auga, de unha en unha, o que supuña subir o terraplen da beira do río, cruzar o paseo, coller unha flor, volver cruzar o paseo, baixar o terraplén e tirar a flor á auga.

Así, e arrincando as demáis cando se cansou de subir e baixar cara o río, foi como rematamos con todas as flores de dente de león que había ó noso arredor,... pasámolo ben, si :-)

1 comentario:

  1. La verdad es que la mayoría de los animales de los circos llevan una vida perra, perra.
    Recuerdo haber ido una vez de pequeña al circo y no me gustó nada...para alegría de mis padres ;P

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir