lunes, 18 de febrero de 2008

Silicona queimada

Sabedes como ule? Ou debería dicir como fede? Pois máis ou menos igual que un neumático queimado, ou que aquelas bolsas de gusanitos que queimabamos no parque de adolescentes... APESTA!!!!

Que como o sei? Cóntovolo dende o principio?
Hoxe veume a regra, o que fixo que o meu humor se resentise algo máis do habitual, quería facer cousas despois de estar toda a fin de semana fora, quería deitar á Z., funme con ela e co Moucho a cama ás dez e media da noite, pasei 50 minutos metida na cama e o meu mal humor íase incrementando entre os empurróns, cancións e patadas da Z. resistíndose a durmir, eu que estaba cada vez máis durmida e que sabía que tiña que baixar aínda a facer cousas antes de deitarme, entre elas ocuparme da miña regra. Así que decidín erguerme, de moi mala h... humor, moi mal humor, e puxen unha pota con auga e a mooncup a ferver, funme a sacar a roupa de traballo do Moucho da lavadora e metela na secadora para que dese tempo a estar seca para mañá, e cando entrei de volta na casa escoitei Á Z. berrando, así que funa buscar e baixeina coa mesma mala baba para tomar os meus cereais nocturnos a disgusto. Voltei ó rocho a buscar un paquete novo de cereais, boteinos na taza, metinos no microondas e mentres a Z. insistía en que quería ver pocoyó, pero na tele non, no "rharó". Así que apaguei a luz da cociña, agarrei a miña taza de cereais e senteime con ela no ordenador a agardar a que lle entrase o sono... ata que comezou a cheirar mal, moi mal... Mirei se a gata se chamuscaba debaixo do flexo de luz fría que temos xunto á pantalla, saín ó salón a ver se era que algunha mosca ou bolboreta caíra na lámpada halóxena e vin que o rastro se incrementaba e entón... merda!!! A mooncup queimada, a pota negra... e menos mal que a cociña é intelixente e se pasa máis de non sei canto tempo acesa apágase soa.

Pois si que lle saquei rendemento ó cacharro!! Despois de ano e medio gardada nun armario, cando me ven a regra dame tempo a utilizala unha vez antes de queimala!!!

Pero que desastre son, meu deus...

Aproveitando que teño que mercar unhas anillas, a ver se lle fago unha bandoleira a Eli e Miguel, non sei se coller a oferta esa para mulleres desastre coma min, de 2 mooncup co envío gratis.

Menos mal, polo menos, que como non tiven tempo a usar nada, aínda gardo o arsenal de produtos variados deses con "non-cheiro" que apestan, que xa me vía para rematar a faena, saíndo á 1 da mañá a mercar compresas, tampóns ou similares...

A miña casa a fede, por moito incienso que lle poña.

PD: Alguén me vende un tercio do seu cerebro, por favor? Estou moi necesitada, de verdade...

2 comentarios:

  1. Me ha costado de entender, parece que quemas las copas estas, no se porque. Mi cerebro también necesita ayuda je je je

    ResponderEliminar
  2. Yo tampoco sé por qué las quemo, si tueviese un cerebro igual sabría algo :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir