viernes, 8 de febrero de 2008

Os comezos de febreiro

Vou facer unha entrada remix con moitas cousiñas deste comezo de mes.

Esta semana foi o entroido, aquí non se celebra moito, pero non sei se será que algo se leva no sangue que a min gústame moito disfrazarme. Este ano, igual que o anterior, fomos a unha hora de camiño para ir na comparsa do cole do X. e a S., con Aivou e máis co Carolo. Pasámolo moi ben e gañamos o terceiro premio da nosa categoría caracterizados de Castrexos!! A verdade é que estabamos ghuapísimos, coa novidade este ano de que fun eu quen fixo os desfraces, que cortei rectángulos de tea peluda e os cosín dous a dous, vaia, sen forma nin nada que se lle pareza, pero o importante é que useio a máquina :-)

A falta de fotos do ben que o pasamos desfilando metidos nas personaxes (esquecemos a cámara na casa e agardamos as que nos fixo un fotógrafo profesional ;-) ), póñovos unha fotiño do agasallo de cumpreanos que me fixo Aivou, e apra lembrar a época na que cadra este ano (máis ou menos), pois é un amigurimi castrexo, moi moi moi requetechulo. Grazas por todo, Aivou.
Ademáis a S. deulle á Z. unha chapa pintada por ela cun Pocoyó dos que tanto lle gustan á tartarouchiña, o único que non a quere poñer, pero sobar, sóbaa un rato.

amigurimi castrexo

Ademáis desta labor a ganchillo, teño a miña Chevron scarf moi avanzada, e encántame como está quedando supoñendo que unha vez que a pranche se solucione ese problemiña de dobrado que ten.

chevron scarf

Chevron scarf


A la de Lanet que trouxen de Noruega é preciosa, ten unhas tonalidades que me encantan, sobre todo o verde e o azul, ata estou pensando en facer algo dese azul... se o atopo, claro. Por sorte trouxen 6 novelos (pensando usar 4 para a bufanda, cando cría que o cambio de tonalidades me daba para varias voltas) e como so usarei dous... pois aínda podo pensar nalgunha cousiña máis que tecer para lembrar a nosa viaxe.
E a combinación coa verde Mondial relax creo que deu xusto no "meu" cravo.


A Z. atopouse de novo estes días atrás co seu amigo, no futuro veciño, Manuel, e semella que pasasen a vida xuntos, queren amosarse os descubrimentos que fan, querense bañar xuntos, e tocar os mesmos xoguetes e correr da mesma maneira, e berrar igual... a ver se non teñen problemas os irmáns cando medre o pequeno Coletas, jeje.

Os amigos da Z.

A Z. está moi simpática últimamente, hoxe cando chegabamos a casa e viña o Moucho conducindo, cousa pouco habitual, foi el quen lle deu o mando da nosa porta do garaxe, que non abre moi ben que digamos, así que a Z. sorprendeuse e alegrouse toda:

Z: Ah! Xa está!
Moucho: Siii, xa abrín, son un xenio.
Z: NON, son papá!!!


6 comentarios:

  1. Hola tortuguita, ¿¿¿Has visto este concurso http://lallana7.blogspot.com/2008/02/concurso-de-amigurumis.html ??? besos

    ResponderEliminar
  2. Oh! Qué chulo! Igual me aimo y todo... ya veremos lo que se me ocurre y el tiempo que tengo.
    Gracias.

    ResponderEliminar
  3. Estiven no desfile e tomei fotos, había unha xente que fixera un traxe de tiras de papel, era xenial e pasouseme pola cabeza que por aí andarías, os de castrexos creo que sí que os vin, estabades preto dunha rapaza con traxe de landras? Teño foto dela. Tamén teño foto dunhas rapazas que levaban careta de ganchillo, unha marabilla, a ver si o posteo. O próximo ano queremos ir de familia conxuntada, sempre dicimos o mesmo; este ano o meu home e eu ibamos de vikingos, ainda que ese mesmo día puxen a eterna peluca negra de payaso.
    O boneco é xenial pero o que me gusta moito moitísimo é o gorriño, é unha noz tuneada?
    Por certo moito sol sí, pero hoxe teño os dous cativos con febre e mocos na casa.

    ResponderEliminar
  4. Pois eu non estiven no desfile, bueno, estiven si, pero en Monforte, así que coido que non eramos nós ós que viches.
    Alí non había traxes de tiras de papel, pero había uns de época feitos con páxinas de xornais e cómics que me encantaron, o malo é que non eran moi duradeiros, ó trematar o desfile xa estaban un pouco maltratados.
    O gorriño do castrexo pequeno é de pasta de papel, que che conte Aivou como o confecionou, levabamos escudos e cascos iguais, é unha artista, va que si?
    Eu quero ver esas fotos! Xa que non estiven no desfile.

    Que se recuperen os pequenos axiña.

    ResponderEliminar
  5. Uiii, que contesto por alusións... o amigurimi penso que é un pouco máis grande dos cánones e o casco algo máis grande que unha noz... está feito con papel de xornal e cola branca-auga (metade e metade), o mesmo que os cascos que levabamos nós pero usando un globo de auga en vez de un normal... vamos, puro Art attack :o), os relieves, como era tan pequeno, en vez de con papel fíxenos cunha pistoliña desas de pegamento e o acabado con témpera dourada.

    ResponderEliminar
  6. pois unha marabilla, un traballo xenial, pero que cariñas máis riquiñas e ledas na foto e a meniña para comela
    agss por certo iso de escrever o blog en castelán esta-me a pasar factura, apareceu un Y por aí, nunca tal cousa me pasou !

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir