lunes, 18 de febrero de 2008

Finde cos avós mouchos

Pasamos outra finde máis cos avós, fixemos a proba dos salchichóns e chourizos deste ano, a tía Lu, a bisavoa Josefa e máis eu tecemos ó carón da cheminea e a Z pasouno xenial coma sempre facendo visitas ó galo e ás pitas, e os avós gozaron con ela e as súas cousas, como que "o Albertino so ten unha pita", ou "imos ver o galo, pero que non cante". Tamén o Moucho e máis eu botamos unhas risas cando nos fomos deitar o sábado e a Z. facía un movemento raro coa boca:
- Que tes na boca?
Ela abriuna amosándonos que estaba baleira e dixo: - Dentes

A verdade é que está nun momento xenial, facendo comentarios que non agardamos e que nos sorprenden, ou actitudes en determinados momentos. Hoxe pasou o baño cantando cancións inventadas que van xurdindo según os obxectos que ten na man, últimamente faino moito durante o día tamén; e cando botamos a cremiña ó saíres da baleira dixo que quería amosarlle ó papá que manchada estaba... aínda que se enfadou cando lle dixen que papá marchara: Nooooon, a taballá non!
Por certo, hoxe pronunció semáporo por primeira vez en troques das tres sílabas que tiña ata agora o seu semapo.

A Lu, o Leo e o lume

Deixeille á tía Lu o patrón dos calcetíns pola punta, a ver se deixa de tecer os peúgos Saartjes compulsivamente. Con vinte modificacións e toda clase de combinación de cores, debe ter uns vinte desparelladoas ata que conseguiu facer "os definitivos" en dous tonos de morado e outros en dous de verde... polo menos podía emparellar os demáis e levalos á Cruz vermella ou a Cáritas se non os quere regalar ós seus amigos. A ver se agora comeza a facer versións dos calcetíns, jeje, destes eu son quen de levar un de cada cor e non deixalos metidos nunha bolsa para sempre.

Fixemos unha miniexcursión ó San Bieito en busca de lavanda, pero xa non hai quen coide a xardineiría do recinto e volvemos sen elas... iso si, pasamos un moi bo rato, a Z. entre as follas dos carballos estradas polo chan e eu botando de menos a miña réflex para aproveitar a luz máxica que había, a ver se tardo en esquecela porque me creou unhas sensacións... seguro que parezo un pouco tola (e o estou), pero foi un deses momentos que queres gravar para sempre, e sei que foi pola luz. Pensei mercar unha réflex dixital, pero coa Z. agora non a ía usar como eu quixera, apenas uso a compacta, e non me imaxino saíndo co bolso, a merenda e a réflex a dar un paseo, así que a ver se aprendo a sacarlle partido a esta pequeniña, que seguro que ten máis posibilidades das que eu lle coñezo.

San Benito

Carballo

Por certo, entre toda esa maxia escoitamos un picapinos, un paxaro carpinteiro, un peteiro ou como se chame, que non quero meter a zoca ante os e as entendidas, lembreime de Rita e Madroño, de Eva e de Lía, e quedeime coas ganas de velo, pero coido que unha nena de dous anos alborotando entre as follas non axudou moito, aínda así identificamos o burato onde se agachaba, no carballo da casa dos paxaros, e é outro son máxico.

A casiña dos paxaros

Ese sitio ten algo... ou tiña algo o sábado... un enxame de abellas no burato dun dos carballos, un paxaro carpinteiro noutro, o son, as follas, a luz, a fonte que cuspía a auga, as landras, nós...

Á volta cara casa as mimosas estoupaban no medio das polas baleiras das árbores, o preludio da primaveira, que xa nos vai facendo as ganas.

Estoupan as mimosas

E... déixovos algunha fotiño para que vos entreteñades mirando.

3 comentarios:

  1. Jeje, parece que ir a Grou é unha experiencia relixiosa... alégrome.

    ResponderEliminar
  2. Bueno, ir a Grou exactamente non, pero algo bo si que tivo :)

    ResponderEliminar
  3. Foi CSI Grou!..é coña, que envexa. Por eiquí vense garcetas a unha garza fixa nun campo cerca da casa (pensamos, porque somos pouco entendidos.E o outro día un faisán pero máis domástico ca nós.
    E levar cans non é nada bo para ver fauna...case peor que levar nena con forma de persoa :-)
    Madro y Rita

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir