jueves, 28 de febrero de 2008

Cousas de cociñas

Ía ser o noso agasallo de Nadal-cumpreanos-Reis para a Z., pero chegou con retraso, iso si, á Z. encantoulle, e creo que, ó Moucho, despois de facelo renegar de min e das miñas ideas unhas cantas veces, lle gusta ver por fin que a tartarouchiña xoga na cociñiña que fixo el e non nunha desas insulsas de prástico. Esta ten personalidade que acabaremos de darlle, eu cunhas cortiñas, feitas de retais dos que me trouxo a avóa tartaruga cando soubo que lle daría uso á máquina de coser, e que aínda que non sexan do meu estilo sei que lle van facer moita gracia á pequena; e a Z. cos seus cacharriños e as súas historias.

A cociña pequena

Como vedes, o Moucho currou a conciencia, o seu forno, o frigorífico cos estantes de "vidro", todo prateado como o aceiro da de verdade...

A Z. agora toma nota de cada paso culinario para usalo despois nas súas receitas.

A cociña grande

A cociñiña

E xa que falamos de cociñas... case temos que redecorar a cociña despois dunha xornada de pintura de dedos. Foi moi divertido ó primeiro, pero creo que non o vou repetir ata que chegue o verán e poida pintar ó aire libre.

QUE ESTRÉSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSS!!!!

Arggggggggggggggggg

Si, moi divertido mentres pintaba coa puntiña do dedo, igual de divertido cando metía o dedo ata o fondo do bote, e incluso cando intentaba que o brazo entrase ata o cóbado e a pintura chorreaba polo bote cara a fora, a verdade é que o pasamos moi ben as dúas...

o memello

o memello

pero de súpeto a diversión rematou, e converteuse todo nun drama: a Z. quería quitar aquelo das mans e da roupa e os seus esforzos por quitalo non facían máis que levalo a peor. E como lle explicas a unha nena de 2 anos que ten que estar quietiña un minuto mentres pensas por onde se empeza a limpar?
Porque... por onde cona se empeza a limpar? Pola cara? Polas mans? Polo mandilón ese pringado? Polo pantalón traspasado de pintura de dedos?
Pensei en metela directamente na bañeira e ir quitando alí as prendas sen importar a orde, pero decateime de que tras o estado no que se atopaba o chan, tanto os seus, coma os meus zapatos estaban gravemente perxudicados, e se intentaba subila á bañeira, no andar de arriba... o rastro podía ser interminable. Así que mentres me adiquei a limpar a suela (como se di suela?) o "memello" ía conquistando novos territorios: as cadeiras da cociña, o forno, o frigorífico, incluso as salpicaduras chegaron á campá extractora despois de que a Z. sacudise as mans intentando desfacerse da cor impregnante.

O sangue non chegou ó río, e todo quedou coma novo despois de fregadas varias, pero non penso repetilo nunha temporada!!!

En serio, vós facedes isto na casa? Como? Ou é que a miña é a única impaciente? Xúrovos que me levou o triple de tempo limpar todo, que o que empregou ela en entreterse coa pinturiña en cuestión.

Ohmmmmmmmmmmmmm! Ohmmmmmmmmmmmmmmmmm! Ohmmmmmmmmmmmmm!

Creo que xa estou nova, e preparada para a seguinte... cal será a de mañá?

4 comentarios:

  1. Pois si que mola a cociña, sodes uns artistas... pero... hainas de plástico que non son insulsas... ¡jo!, que á Z. ben lle gusta a da S. ;oD

    ResponderEliminar
  2. Que lindo compartiendo la cocina con toda la familia... y el pequeñito un artista seguro salio a la mama.
    Gracias por la visita, tambien te estare visitando continuo para ver los progresos swapetineros, un abrazo

    ResponderEliminar
  3. Descubro que o Moucho é tan bo "cociñeiro" coma ti narradora. Que gusto lerte sempre, Raquel!
    Moi "bo" o da pintura "memella", axúdame a sobrelevar a idea de que xa non vou ter fillas/os de dous anos, jeje
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Aivou, é que agora que temos unha cociñiñiña feita polo Moucho, todas as demáis van ser insulsas, porque non as fixo el, :P. Iso non quita que á Z. lle encanten, incluida a super cociña da S. Un bico guapa.

    Gracias por la visita Carmen Gloria, en realidad la peque salió a su padre, que es el mejor cocinero de la casa :-)

    Grazas Sabeliña, con comentarios así váiseme sair o ego polo teito :-P Alégrome de que te divertiras coa miña desgracia ;-)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir