martes, 15 de enero de 2008

É unha Kinder... decepción

Gústanme os ovos Kinder, non sei explicar moi ben por que: teñen (pouco) chocolate, dentro traen unha caixiña (pode valer para moitas cousas: facer xoguetes para os gatos, gardar sementes pequeniñas... aínda que a realidade é que non se usa para nada aínda que se garde... ups! O meu dióxenes...), e fascínanme as sorpresas que traen dentro, as de montar, e sei que están feitas para que nos gusten porque sempre somos os pais os que as montamos.

Kinder decepción

Pero o outro día regaláronlle un á Z e a sorpresa era este dragonciño... con luz!! Pareceume fatal! Os kinder tamén caeron na trampa dos xoguetes electricos-electrónicos? Odio en xeral todos os que teñen pilas, insoportables: facendo ruidos a un volume descomunal (de verdade pensan no oído sensible dos nenos cando os fan?), e aburridos: botón=ruido, botón=luz, botón=ruido, botón=luz,... O único bo que teñen é que as pilas se acaban enseguida, e como na casa non se cambian deixan de molestar para sempre.
Pero os mini-xoguetes con pilas de botón creo que deberían estar prohibidos. Non se teñen en conta, os nenos enseguida pasan deles porque o xoguete soe ser insignificante e o que fai tamén, claro, e ademáis son pequenos, co que deben ter "menos" importancia e acaban metidos debaixo dalgún sofé ou perdidos de camiño a casa... e o peor é que as pilas que levan dentro tamén pasan desapercibidas para os pais... e son pilas de botón!!!!
Xa é difícil que a xente bote as pilas onde corresponde, pero é que das pilas de botón, as máis velenosas e as máis pequenas, pasa todo o mundo, e agora aparecen ata nos ovos Kinder. Pois vaia sorpresa...

Estes outros si que son bos xoguetes, resistentes e interesantes, onte a Z. fixo que "o galo e a pita", que van irremediablemente xuntos sempre, vivisen no froiteiro. Non vos encanta?

Conquistando novos mundos

Hoxe ademáis viñeron o resto das agullas, as dobres puntas de bambú. Viñan cunha bonequiña no sobre, curiosa, feita con materiais de mercería.

A segunda remesa

Xa comecei os Better-then-booties baby socks coas do 2, pero temo pola súa integridade! Son taaaaaaaaaaan finiñas, e vense tan fráxiles... creo que vou ter que conseguir un xogo doutro material máis resistente, dame medo ademáis sacalas de casa ou na casa diante da monstrua, creo que non van durar moito... xa veremos se polo menos podo rematar un par deles.

3 comentarios:

  1. Pois sinto ter que darche a razón (no das pilas, deus, os eores son os xoguetes de control remoto, con pilas por duplicado que se acaban rápidamente... nunca se pode xogar con eles, meten ruido, teñen luces e se moven...) e ter que quitarcha... pois non, non é unha innovación nos kinder o asunto da luz, agora mesmo non consigo recordar un dos bichiños que a usaba pero sí podo recordar unha xirafa espeleóloga con luz no casco...
    (Nunca conseguín rematar de ler "El mundo de Sofía")

    ResponderEliminar
  2. Feliz año nuevo! Espero con suspense y ganas para ver los "better than booties" calcetines que vas hacer. Son una monada!

    ResponderEliminar
  3. Aivou, é que eu non son tan adicta ós kinder, pero era un produto que non me disgustaba, ata este descubrimento. Do Mundo de Sofía idem de lo mismo, non me copies tanto :-P
    Life in yonder: muchas gracias e igualmente!! Espero poder enseñarlos yo también, tuve un pequeño problema en la comprensión del patrón, epro creo que ya está solucionado. Voy a ponerme con ellos ahora mismo.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir