martes, 29 de enero de 2008

Tecidos

Rematados os primeiros Better-than-boties baby socks, coas agullas de bambú do 2 íntegras a pesar do meu medo. A lá era reciclada dunha chaqueta que lle regalaron á Z. e que nunca chegou a poñer porque era horrorosa, estaba desproporcionada e porque a gardei nunha caixa que a Olivia semella que lle encantou para agacharse, tan a gusto estaba que a enganchou en vintemil sitios, así que creo que lle sacaremos máis partido así ó agasallo.

Better-than-booties baby socks

Tiven algún problemiña co talón e a punteira, entre outras cousas porque fixen mal o ssp, pero xa detectei o fallo, así que teño que repetilos para melloralos. Do outro lado do talón tamén hai algo que fago mal no k2tog porque non me queda perfeto, a ver se dou co fallo.

Ademáis chegáronme os libros!!! E xa comecei a miña Chevron scarf. Desilusioneime un pouco ó principio porque a la de lanett que trouxen de Noruega e que pensei que cambiaba de tono cada varias voltas resultou ser "jaspeada" así que a bufanda non lucía nada, pero atopei un fío verde na miña tenda habitual que me gusta como lle queda, o malo é que non ten a mesma calidade, agardo que non me dea problemas ó tecer e se me retorza...

Chevron scarf

Agora fáltame decidir se a vou facer para que se vexa máis o verde, como nas primeiras voltas, ou a lá de cores, que se ve nas últimas, e co indecisa que son... a ver canto tardo en poñerme en serio coa bufanda. Vós que dicides?

Por último unha fotiño do meu novo bolso de labores das rebaixas de Zara, por 2,90€, a que é chulo? En canto poida quítolle os colgarexos eses que trae, que son o único que non me gusta.

Bolsa de labores

6 comentarios:

  1. Tes un blog moi chulo, a verdade e que vexo cada día unha morea de blogs de labores e ainda non vira ningún en galego.
    Eu tamén fago cousiñas pero o de tecer non e o meu. Tería que ver a miña avoa para que me ensinara.
    Un biquiño!!!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas toxogirl. Pois todo é poñerse, a min aprendérame miña avoa de pequena, pero agora reaprendín a base de internet.
    Cantas cousiñas fas! A partir de agora paseareime polo teu blog.

    ResponderEliminar
  3. Pero que guapa estabas na voda-bautizo! pois eu vexo os patucos perfectos, non entendo as siglas, o talón, quizáis a tira de atrás máis longa ou menos puntos??? antes facía calcetins de adulto a moitos colores, incluso pensei en vendelos porque eran ben quentiños e orixinais, ata reforzaba o talón cun fío especial para que non se gastaran. Agora copioume a idea miña nai e moi ben. Pero pensando non compensaba na nosa cidade, que vas pedir por aquí por uns calcetins feitos a man? e por Ourense, pasaría o mesmo?
    Ao que ía, fixen uns cantos carpins ata que dei coa medida ideal, a miña nai (que calceta mellor, é perfecta na execución e rápida, quedanllle algo frouxos na dobrez) . Por iso cando un atopa as medidas perfectas hai que apuntalo como un tesouro.

    ResponderEliminar
  4. Perfetos, perfetos non están, pero é que eu son así de repunanta para estas cousas, ves o da esquerda? Na punta, xa corrixida, as liñas de "V" continúanse, igual que no da dereita, pero no talón non porque fixen mal un minguado. As siglas son slip, slip, purl=ssp=pasas un punto, pasas un punto, técelos xuntos do revés. Non sei ler patróns en castelán, así que so sei dicilo en inglés.
    (O k2tog é knit 2 together, iso, calcetas dous xuntos)

    Qué guai o dos calcetíns, eu sempre penso que me gustaría facer algo para vender, xa que gasto tempo nesto, pero non teño tempo abondo, non dou atopado algo que fose quen de asumir, así que tezo (e pouco) para min. Cando saiba de que fareime artesá (ou non :-) ) Que fío especial usabas? Eu fíxenos co punto especial para reforzar o talón, pero xa levo uns cantos sen facelo así... E tes razón, o mercado de calcetíns de la non sería moi esperanzador, se cadra en Santiago... e nin aí, non sei.
    Pensándoo ben, prefiro regalalos, non sei se podería poñerlles prezo.

    ResponderEliminar
  5. Hola Tartaruga,
    gracias por pasarte por mi blog, espero que entendiste algo de mi lioso artículo sobre Bo, cerrado de calcetines, porque lo releí y caramba que lío. Bueno, me encanta tu blog y sabes ¿qué? estoy teiendo los better-than boties baby socks! ¡qué gracia! vi que Betty los había tejido cuando miré en Ravelry todos los proyectos; con 44 p. eran enómes (agujas 2,5 mm.) así que los estoy haciendo con 36 p. (son los Chevron Lace). Ya me leeré a ver si acabo de entender bien como te fue. Esun proyecto que "parece" fácil pero no lo es tanto.
    Y... ¿estás en Ravelry?

    ResponderEliminar
  6. Hola Prunila, me enteré, me enteré ;-) y me pareció muy útil.
    Mucha suerte con los b-t-bbs! Yo esperé a tener las agujas de 2mm por eso, además, con la lana que iba a usar me quedaría el tejido poco apretado para cómo quería los calcetines.
    Sí estoy en ravelry, soy tartaruga ;-)

    Un saúdo

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir