viernes, 18 de enero de 2008

Quen foi?

Non o entendo, quen llelo soprou?

Merco un par de libros en Amazon e os moi laskjfasñiuxf mándanme unha mensaxe dicindo que me recomendan varios libros para que organice a miña casa!!!

A mensaxe en cuestión titúlase osadamente Discover Ways to Organize Your Home, e o seu contido non ten un tono menos ameazador, non:
Dear Amazon.com Customer,
As someone who has purchased books on home improvement from
Amazon.com, you might like to know about these featured titles to help you organize your home. Discover books on cleaning, renovating, and reducing clutter, including Ellen Sandbeck's Organic Housekeeping.

E aínda me recomendan algún máis, con títulos como: It's all too much, How to organice (just about) everything, Home comforts, e xa para rematar... How the Queen Cleans Everything.

Pero a eles que lles importará que eu sexa terriblemente desordeada? Se non viven comigo! E se vivisen e non aturasen a miña desorde ordeada (si, sempre sei onde está todo, ou case, o de que gardo demasiadas cousas é outro problema do que non estamos a falar hoxe... ou si?) pois... pois... eu xa escollín con quen quero vivir, así que os demáis fora.

E quen llelo dixo? Espíanme? Delátame a miña compra anterior?? A web-cam está desconectada, así que non me viron a casa por aí...

Vale, hoxe vou ordear un pouco, xa conseguiron facerme sentir mal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir