lunes, 7 de enero de 2008

Os meus reis...

...chegaron hoxe por correo.

os reis

Non volo dixera? Sucumbín á compra de agullas en ebay, e ademáis do pack de 15 dobres puntas de bambú, que están por chegar, caeron estas tamén, e xa están na casiña.

Agora a calcetar coma unha tola!!! Jeje.

Déixovos unha fotiño da Z. con outro dos membros da nosa familia: Galla. Veu de acollida dende a protectora e a pesares de estar anunciada por moitos recunchos non a quixo ninguén, así que aquí leva xa uns 3 aniños longos. Aínda así recoñezo que lle viría ben que lle puideran adicar máis tempo, sacala moito a pasear e socializala ben. Cando eu podía baixábaa comigo á cidade e mellorou moito dos seus medos, agora pasa moito tempo no xardín...
O veterinario da protectora confesoume hai un mes que alguén a preadoptara e el lle dixera que xa tiña casa... E non sei se me alegrei ou me entristecín, porque sei que podería estar mellor, pero tamén sei que podería estar peor, e... aquí querémola moito (aínda que lle axude a Silva a quitar os tubos do riego por goteo ;-P)

Coa Galla

2 comentarios:

  1. mira ti e di que sucumbiu... ;) pero se ese non é un capricho é case unha necesidade, co cutre que anda a nosa vila con estas cousas que tanto nos gustan só nos queda ese remedio. Porque agullas así non hai moitas, ás veces atopas algo pero falta numeración. Por certo, din que "diso non temos" porque tampouco se vendería, seica non hai demanda, ás veces teñen razón porque iso de pedir ganchillos transparentes clover é un capricho de verdade, os Pony tamén son moi bos... pero os tricotíns (os de facer cordóns) son un dos éxitos da tenda de concepción arenal... Xa ves.

    ResponderEliminar
  2. Pero é que moitas cousas é que non teñen interese, a ver, se teñen dobres puntas do 2,5 por que non ían ter mercado para as do 2? A xente que as merque será seguramente a mesma, non?En fin, a min dame igual, que teño internet, pero é unha mágoa.
    Por certo, eu sei facer unhas pulseiras que en realidade son un cordón, pero coas mans... pensei facer un tutorial, pero é imposible facer as fotos sen axuda, e aínda así non sei se se entendería algo... teño que probar.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir