miércoles, 16 de enero de 2008

O Doutor Who

Falei varias veces dela con amigos, lembrádesvos da serie? E ninguén me soubo dicir nada, non a lembraban, cheguei a pensar que a soñara eu, ou que botaran un par de capítulos illados...
Lémbroa como un tío raro semellante a Bob Dylan entrando e saíndo dunha especie de ascensor no que viaxaba polo tempo, lembro unhas bolas peludas asasinas metidas nun conduto de ventilación, ou nun falso teito,... lémbroa como unha produción de serie b, ou c, pero gustaríame volvela ver...
... e hoxe atopeime con isto do Doutor Who. Semella que non estaba tan tola eu...

3 comentarios:

  1. !!!!!!!!!!!!!!!!
    Eu son do ano 80, é ti es a segunda persoa que atopo viu a serie na galega. Teño amigos que a viron en Telemadrid que me dicían "ó mellor víala porque che chegaba o sinal da nosa autonómica" X-D
    Biquiños!

    ResponderEliminar
  2. Pois eu son do 80 tamén :D Seriamos unhas adiantadas ó noso tempo!
    E tamén era das miñas favoritas de sempre e por sempre o outro doutor "Doctor en Alaska" a pesar dos horarios imposibles e os continuos cambios de hororio, ti tamén?

    ResponderEliminar
  3. "Doctor en Alaska" ¡encantábame! Vina nos últimos anos de instituto e primeiros de carrera (foi unha recomendación do meu profe de ética), sempre ás tantas da mañá na segunda. Cando marchou Fleishman perdinlle a pista.
    Estouna vendo outra vez, a horas moito máis decentes:
    http://garrapateando.blogspot.com/2009/05/29.html

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir