sábado, 5 de enero de 2008

Máis da nova vida

Decateime de que a xente fai inventario a final de ano do que lle tocou vivir nos últimos 12 meses, pero eu, non sei se este ano so, ou todos, esquecínme. Adqueime máis a facer o meu plan de cambio de vida, inconscientemente, pensaba en cousas que tiña que cambiar.


Hai xa algúns días que vin na tele un anuncio apocalíptico: dentro duns meses non poderás ver esta canle... O Moucho confirmoume que en breve se comezará a emitir en dixital, así que os que non temos o aparelliño de TDT non poderemos "gozar" da marabillosa programación televisiva. Que boa ocasión para vivir sen televisión, non? Porque teño o aparello instalado no medio e medio do salón, pero se non funciona a antena... é perfeto. Podería ver as series, que son o que vexo en realidade, pero facendo trampas coa mula, en versión orixinal subtitulada e afacer´o meu oído ó inglés, a ver se vou pillando algo.

Claro que isto tería algunha parte mala, por exemplo, que faría cando a Zeltia se me queda durmida na teta pola tarde e me inutiliza o corpo durante unha hora? Bueno, podo ter preparados os apuntes e ir mirando algo. E así non podo tecer á vez que vexo as series, porque se non leo non me vou enteirar de nada... imaxino que terei que escoller, e se cadra nuns meses xa entendo algo. Non se me ocorren máis pegas.

Así que igual podemos investir nun disco duro externo deses con mando a distancia, en lugar de nos parellos decodificadores. Isto se a meu pai non se lle ocorre antes facernos o agasallo (igual le isto e xa se da por enteirado ;-) ).


Así na miña vida nova non habería canles de televisión; habería un par de asignaturas máis aprobadas; unha barriga grande, pero non por abrir compulsivamente a porta da neveira buscando algo que meter na boca por puro aburrimento, e podería facer pasteis, panes e galletas porque non o comería todo eu soa en dous días; tería máis tempo, ou o tempo máis ordeado e así podería a prender a utilizar a miña nova máquina de coser, e facer cousiñas bonitas e ata útiles. Chamaría máis ós amigos e faríalles visitas máis a miúdo en lugar de utilizar o tempo so para a familia.


Xa vistes o meu novo peiteado, e agora falta o resto e algo máis que se me esquece e que irá aparecendo polo camiño.

E o que resta saber é se serei quen de facer estes cambios ou quedarán so aquí escritos.

3 comentarios:

  1. Pues para lo que ponen en la tele la verdad es que casi mejor no verla. Nosotros compramos el decodificador de marras y qué quieres que te diga...tenemos más canales pero seguimos sin encontrar nada que ver.

    ResponderEliminar
  2. Pues eso es lo que digo yo también, en casa de mis padres hay más de 50 canales y nunca hay nada que ver, eso sí, si tienes una horita libre te la puedes pasar cambiando de cadena para "ver que hay".

    ResponderEliminar
  3. nos deixamos de vela moito antes do do aparatiño e non nos arrepentimos... eso si non podemos evitar que o carroucho se pegue verdadeiras fampadas de tele na casa dos avóas da igual con que ameazes os avós e o rapaz.... non acaban de entender a razón de que sexamos tan raros...

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir