viernes, 11 de enero de 2008

Aniversario

Hoxe fai 5 anos que o Moucho e a Tartaruga se deron o seu primeiro bico... 5 anos xa!! Como pasa o tempo!

En realidade a verdadeira data a lembrar, a especial, polo menos para min é o 15 de decembro, cando eu agardaba atoparme un cincuentón verde e malhumorado e apareceu el, coa súa camiseta heavy verde (a única verde, a miña cor), o seu chaleco, e sentou xunto a min e pediu... un té! Creo que me namorei aí, no té das 5...

E como fai xa 5 anos e nos esquecemos de celebrar a data especial, e como hoxe si é un bo día (o primeiro día que chove a arroiar en todo o outono-inverno, que se escoitaba o vento e a chuvia no tellado pola noite), como a pesar da chuvia e de todos os meus habituais males (menores e case ficticios) me sinto inusualmente optimista... hai que aproveitar para celebrar!!!

Así que, despois de 5 anos, querido Moucho etamos a conseguir facernos vellos xuntos ;-)
Parabéns. :*

PD: Dende logo hoxe é un día especial, porque o meu optimismo acaba de sobrevivir despois de que a crema de cabaza que a Z. debería estar comendo na cocina acabase máxicamente transportada ó sofa. Non quero dicir que a estivese comendo "no sofá", senón que a acabou comendo "o sofá", e non me preguntades como fixo para que se expandise en dous metros á redonda...

4 comentarios:

  1. Noraboa Tartarouchos, estesson os aniversarios que molan de verdade...
    Bicos para os dous (para os tres)

    ResponderEliminar
  2. Parabéns, Tartarouchos!

    O meu pésame, sofá :-S

    ResponderEliminar
  3. Alégrame lerte tan optimista e... a seguir contando anos xuntos!
    Un biquiño grande.

    ResponderEliminar
  4. noraboa!
    polo que contas vaia sorte a vosa! que eu non me queixo, que o meu compañeiro é o mellor para min, pero así de primeiras qeu pida un té... para uns será unha parvada, pero para min iso é xenial, son consumidora compulsiva de té verde blanco, mouro con leite... un cincuentón? curiosidade, preguntareiche cando nos vexamos que porque esperabas a un señor, bicos... e certo IUPIIII! por fin choveu a chuzos, e como disfrutei estos días, a pesar de que onte estiven 24 horas seguidiñas traballando...

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir