Agora que xa decidira que coa la de calcetines de Opal que trouxen de Noruega ía facer uns Hooray for me gloves... non teño agullas. Fun á miña tenda de las, a única que ten dobres puntas e circulares, e dinme que Pony so fabrica dende a 2,5. E cheguei a casa e mirei na páxina e hai dobres puntas dende 1,5 mm. E a muller da tenda creo que empeza a estar de min un pouco farta, que vou sempre pedíndolle cousas raras e con patróns en inglés que ela non entende.
O caso é que da igual, non teño agullas e teño que agardar para comezar a calcetalos. E estou prantexándome mercar un par de packs deses de ebay con 15 números de agullas de bambú por 15 €. Pero nunca as usei de bambú... ¿e se non me corre a la? ¿E se me rompen de facer filigranas desas que fago eu intentando pasar uns puntos por riba doutros?
O mini-Sheldon vai camiño de rematarse, xa atopei a maneira de facerlle a i-cord do borde e so falta ter un pouco de tempo para poñerlle as patiñas, os ollos... xa vos porei fotiños.
viernes 28 de diciembre de 2007
Agullas
miércoles 26 de diciembre de 2007
O noso Nadal...
...foi o domingo, viñeron os avós Tartaruga e encheron a casa de agasallos para todos (eu teño unha nova tartaruga para a coleción e un bolso chulísimoooo), o Moucho unha cafeteira express á que xa lle deu uso e está encantado con ela, di que o café lle sabe o dobre. E a Z... de todo, ten de todo ou máis. Ademáis xogou cos tíos e fixo un novo descubrimento: pecharse atrás das portas. Así que dende entón leva escapando de calquera e arrimando a porta tras de si, é gracioso.
O meu espírito navideño (nadaleño? :-) ) está de vacacións este ano: non lle falei de Papá Noël, nin puxemos a árbore ata ben tarde, está case sempre apagada, merquei os agasallos a última hora e para o Moucho a para min non houbo nada (está agardando o pedal da súa guitarra). Pero si que agardaba pasar os días con el e coa Z. e non puido ser. Non tivo tempo para vir comer nin o luns nin onte, qeu estivo na casa unha hora e media de 6 e media a 8... pero fíxome un agasallo grande: librou a súa mesa de tocar e colocou a máquina para que puidera fozar nela.
E iso foi o que fixen nesa hora e media: collín uns trapos que había pola casa e cosín para probar como era a cousa (despois de botar media hora para ler as instrucións e enfiar a agulla) e seguín probando se sería quen se coser recto e fixen dous cadrados de tela e como me saía medio ben a cousa animeime e pensando en Anne de Life in Yonder, rematou sendo algo que lle darei á miña avoa como agasallo.
A bisavoa tartaruga foi costureira toda a vida e ségueo sendo (acaba de rematar unhas cortiñas para a cociña dos avós tartaruga... teño que ir velas que seica están de revista), pero non atopou continuidade na súa vocación. Á miña nai dalle medo a máquina e non quixo aprender nunca, e eu levo anos querendo aprender nos meus ataques de manualidosidade, pero nunca saquei tempo. Asíque creo que é un bo agasallo darlle o primeiro que cosín a máquina.
E ademáis desta manualidade da tarde de onte o luns estiven a pelexar coa mini-Sheldon e o seu i-cord do borde do caparazón, ó que lle dei unhas cantas voltas e acabei desfacendo e facendo unhas tres ou catro veces ata que me rendín, agora está descansando, ou mellor dito estou descansando eu ata coller folgos e seguir intentándoo doutra maneira a ver se acaba de quedarme xeitosiña.
E había moito que non retomaba a miña afición ás infusións, dende que deixei de tomar cafeínas, teínas e demáis inas alá por maio do 2005 funas esquecendo todas pouco a pouco, pero grazas á reunión coas bruxiñas estou colléndolle o gusto outra vez, agora so me falta atopar cousiñas novas e sen excitantes, e de momento o que máis me apetece é tomar unha boa herbaluisa (igual ten que ver Aivou), que cun anaquiño de bica de noces e un pouco de calceta da gustiño nos días grises, festivos e solitarios... é un pouco compensatorio... aínda que pouco.
lunes 24 de diciembre de 2007
Bo Nadal!!!!

1. Out of Focus Christmas Tree, 2. dreaming of a fried christmas, 3. Christmas Wreath, 4. Christmas dots, 5. christmas cookies 109, 6. sigh., 7. Best gift a mommy can have., 8. Soft Trees, from The Purl Bee, 9. You're A Star, 10. s o f t . t r e e, 11. Ikea Christmas baubles, 12. Untitled, 13. sweetness !!!, 14. Sterne - Stars, 15. Remington's Lights, 16. merry christmas!
sábado 22 de diciembre de 2007
Eses tipos...
Onte fun dar o meu paseiño da tarde coa Olga e o Nuno, o veciño e a rapaza que se encarga de coidalo mentres seus pais traballan. Fomos tomar un café á panadería e ver ós cans do vecindario (volveron criar os bulldogs americanos e teñen dous cachorriños, e a Chula, a mastina xa está totalmente cega e dame dor vela, ten un aniño e glaucoma nos dous ollos aínda que según os donos son cataratas...), e mentres viamos á Chula por segunda vez na tarde, avisoume Olga dos hmes que subían dende a nosa rúa e cara nós:
- E eses tipos que fan por aí? Uuuuuuui, non che me gustan nada,...
E mirei:
- Eses? Olaaaaaaaaaa!!!!! Son colegas meus!!!!
Pois si, onte tivemos visita prevacacional de Senén e Pabliño, (morenazos con barbas, e Pabliño moi ghuapo con bufanda amarela e negra de raias e un sombreiro de pana chulísimo) un gustazo telos na casa, a ver se máis a miudo antes de que desaparezan e se embeban na vida laboral.
Ademáis preguntaron que tal me parecía facer outro xantar de reunión na primavera: guai!!! Que me vai parecer? Encantada!
Falamos un bo cachiño e entre outras cousas contáronme que o noso (seu) Rober Bodegas gañara o concurso de TVE "El rey de la comedia", un pouco puteado pola audiencia e os cambios de formato e de días. Ten actuación para a gala de fin de ano, seica, a ver se botamos unhas risas.
Un bico para os medio-lugheses todos, xa teño ganas de vervos.
viernes 21 de diciembre de 2007
Bicharada
O outro día, despois de facer as galletas, funme para cama pensando nas plagas de bichos das que máis me lembro...
- Cando era pequena tiñamos unha pequena hortiña que non se traballaba e eu baixaba sempre a estar coa miña gata Chispita. Un día de verán baixei pola tarde a facerlles compaña e notei un pequeno formigueo nas pernas, como se me rozase un fío, ou unha tea de araña e cando mirei tiña decenas de carrachas minúsculas, case invisibles subindo polas miñas pernas!!! Imaxinádesvos a histeria que me entrou e canto me frotei as pernas e me examinei o resto do corpo metida na ducha con auga fervendo... Dese ano de seca lembro tamén ó Manolo, sentado na pedra que facía as veces de banco, na porta da tenda-bar que atendían el e a súa dona Manola, cun pauiño na man mirando para o chan e aplastando carrachas con el... Agggggggggggggghhhhhhhhhh!!!! Dicía que as tiraban dende as avionetas para vender antiparasitarios...
- O ano pasado na casa de meus pais comezaron a aparecer unha especie de mariposiñas, ou polillas na cociña. Matábanse 20 e o día seguinte había 30 camiñando polo teito do comedor e o alto do moble. Chegaron a pensar que había algo por riba da escaiola do teito... non paraban de aparecer, chegou un momento en que xa so tres ou catro cada día, pero non desaparecían de todo... ata que miña nai atopou un paquete de améndoas aberto metido nun armario detrás dunha chea de cousas. A saber o tempo que levaba alí esquecido...
- Como non, os xamóns cheos deses ácaros pequeniños da superficie que aparecen inevitablemente cada ano fagamos o que fagamos, e algunha que outra vez os vermes das moscas que non somos capaces de evitar pese a tapalo, envolvelo en mallas...
- Pero sen dúbida, a raíña indiscutible destes recordos é Mirilla!!! A miña compañeira de piso por 3 anos botou un día o seu recén mercado arroz integral no vaso antes de facelo e mentres colleu a pota para facelo... e cando voltou ó vaso había unha cantidade importente de seres minúsculos con trompa camiñando polo borde e as paredes do vaso... Aiiii, que arrepíos!! Aínda lembro hoxe a súa cara mirando ó vacío para acabar dicindo despois duns segundos: Eu onte comín arroz...
Un bico Mirilla!!!
lunes 17 de diciembre de 2007
Dúas nunha
Hoxe non sei por que me deu un pronto e decidín entrar a remirar o tejemanejes , e dúas sorpresas de golpe!!! Hai número novo!! e... está o dinosauro de Olivia!!! Así que despois funme dereitiña ó seu blog, claro e alí estaba desvelada a sorpresa.
Bueno, pois iso, que aí tendes patróns moderniños en castelán (e un montón esta vez) para que lle deades ás agullas, eu vounos remirar outra vez con calma.
Máis Z-nario
Non hai maneira de facerlle dicir caía en lugar de caíba como ela di sempre, a fregona convertiuse en seboma e cando xoga cos botóns son botós, pero diante do ordenador pide que lle deas ó pitón porque non ve.
Ademáis dende hai algo máis dun mes está namorada dos semapos, non é necesario loitar moito con ela para que suba ó coche, ó dicirlle que imos ver os semáforos séntase ela soíña na súa silla "so soíña!!!".
O gracioso desta etapa é que parece un pouco TOC (obsevivo-compulsiva), as cousas téñense que facer sempre igual, a repite as mesmas palabras na mesma orde despois dun feito de terminado. Cando ve un semáforo repite a frase: "Ta memello, hai que agaldá que se poña velde". Pero cando se pon verde (sobre todo co homiño verde) repite "quero ver como se vai o verde!!!". Creo que podería pasar horas diante dun semáforo, :-).
Nun dos capítulos de "Popoyó" pártese de risa, e cando a Z. o ve sempre di a frase: "que se ri Popoyó". O outro día era o seu amigo Miguel o que se ría moito, e Z. comezou a frase: "que se ri popo...". E decatouse de que non era iso o que quería dicir, e voltou comezar: "que se ri po...". Así tampouco era!!! "Que se ri, p..., que se ri, que se ri... ... Miguel se ri". Pobre, como lle custou cambiar o nome da frase.
sábado 15 de diciembre de 2007
Galleteando
Hoxe foron de chocolate branco, de consistencia están perfetas (non son coma os pedruscos do outro día), pero creo que fallou algo no sabor... a culpa non é toda miña: na receita puña que había que engadir 50 gr. de noces de Brasil, como non sabía cales eran e me soaban tan exóticas como as de Macadamia pois merquei destas, pero xusto no momento de poñerme a facer as galletas cando abrín o paquete de noces... eran torradas e salgadas!!! Botei unhas poucas e completei con noces de casa, de nogueira de toda a vida.
Ademáis non sei que tal durmirei hoxe despois de descubrir dous bichiños na fariña (non eran gorgojos, qeu non tiñan trompa). Tamiceina toda (o kilo e medio) e non atopei máis, epro empezo a imaxinar o contaxio entre todos os paquetes de farina, pasta, arroz, preparados panificables... aixxxxxxxxxxxxx, qeu me pica todo de pensar na marabunta dos bichossssssss!!!
Bueno, confío en que sexa a miña imaxinación (influída por algunha película, e algunha plaga vivida doutro tipo de insectos.
Voume poñer a facer panes coma unha tola, iso si, a ver se acabo con esa fariña, porque o peor é que sei que o xerme, a semente está aí dentro.
Para rematar a ver se fago unha fotiño e vos deixo pensando nas galletas e non no outro.
jueves 13 de diciembre de 2007
Papagaio
Así é a Z. agora, repite que repite, toooodo, os tacos que di súa nai cando se mete por direción prohibida tamén: melda, otia, codé! jeje codé, codé!; sorpréndenos con frases feitas que utilizamos nós: ai, que bico máis rico!!; fala en galego e fai todo dimunutivos en castelán inspirada pola avoa tartaruga: o galito, Sachito; traduce os nomes con iota: o curmán Jorge é Xorx e a nova adición Heidi é Seidi,...
Si, ademáis de Pocoyó, e grazas á visita a casa dos avós a fin de semana agora descubriu Heidi e pide e pide ver as cabritiñas unha e outra vez... e a verdade é que os primeiros capitulos que voltei a ver (o que son os fillos... :-) ) estanme sorprendendo gratamente: o amor pola natureza e os animais, a comprensión do mundo a través da natureza... vaia, que ata mirei se había o libro orixinal traducido, irei á biblioteca a mirar agora que nos fixemos socias. Iso sí, o gavilán das montañas suizas é para a Z. un "paparoto" :-D
Sorprendeunos cantando varias cancións case enteiriñas (gustaríame gravala, pero é unha artista e so canta cando lle ven a inspiración e así e imposible pillala): a dos pollitos, o "asení" e a primeira que cantou enteiriña e a que me fixo máis ilusión: unha que inventei eu para adormecela cando era pequeniña (despois de repetir unha melodía que pareceu gustarlle e que "praticamos" moito), sei que non son unha granletrista, pero a ela válelle e é o que importa.
(A idea era facelo con moitos seres distintos, pero nunca fixemos máis que a estrela e a ovella, a miña improvisación non deu para máis)
Quen son?
Quen son eu?
Son unha estreliña
que do ceo baixou
para te arrolar.
E baixou e baixou
e xa nunca máis voltou,
e baixou e baixou
e contigo se quedou.
Quen son? Quen son eu?
Son unha ovelliña
que do monte baixou
para te arrolar.
E baixou e baixou
e xa nunca máis voltou
e baixou e baixou
e contigo se quedou.
Chegou o frío

Chegan aínda agora as primeiras xeadas de verdade deste ano e eu non sei se é que me fago vella e todo antes parecía mellor, se tamén perdín estes recordos como efecto colateral da oxitocina xunto co resto da memoria que eu tiña ou se realmente as cousas son distintas.
Lembro invernos dende outubro, e agora pásanse os concertos nas festas de manga curta, lembro plumífero, bufanda e gorro dende que comezabamos as clases, lembro as beirarrúas xeadas e a xente baixando pola herba para evitar as cuadas dos que se aventuraban polos lastros crendo que así irían máis axiña, lembro os cristais xeados ó erguer as persianas pola mañá, lembro chegar a casa ou á facultade todos os días cos pantalóns enchoupados e quitalos para poñer no radiador e intentar que secaran para as prácticas da tarde, e aquelas néboas eternas...
Sei que me perdo moitas cousas porque agora vou sempre en coche, pero saimos de paseo prácticamente todos os días polos arredores e nin sequera vexo necesario poñerlle o gorro á Z, e poño o plumas pero por debaixo levo unha camisola de manga curta e non os xerseis de la que levaba antes e que o frío penetraba igual.
Os invernos non son iguais que hai uns anos, uns poucos anos, que eu non levo aínda 10 vivindo aquí, pero xa non me semellan o mesmo. Sei que aínda non é inverno e que queda moito por diante, pero tamén sei que non choveu nin a terceira parte que outros anos a estas alturas.
E sinto moita mágoa pensando que o verán se alonga cada vez máis e nós sentímonos felices de poder gozar dos raios de sol cantos máis días mellor, e se chove un día poñemos mala cara... pero non pensamos nas ovellas que imos visitar todas as tardes e que non teñen herba que comer, nin nos cambios que suporán para moitas especies uns graos máis ou menos nunha época determinada. Sei que son pesimista, pero estou triste pola terra.
martes 11 de diciembre de 2007
Calcetas
Non sei cando saiu o knitty de inverno, pero eu vino hoxe e a primeira vista hai varias couiñas que me gustan: Sally, a eco fada que é chulísima; e Abotanicity, que non sei se estarei disposta a fecelo (coma catro pares de calcetíns... bueno, como eu non medro, igual en catro anos aínda me vale... cando decida que talle é o meu, claro 170, 57 kilos..., brazos longos... non, non o vou facer nunca).
Ademáis intento facer algo dos Anastasia que comecei alá por maio, íallos regalar á tía Rita polo cumpreanos, e sei que se me esqueceu o día (por que non o tiña no calendar?) e xa pasou e aínda están sen rematar, e a 4 voltas cada dous días... vaia, que non os acabo este ano. 
O caso é que me puxen a mirar os que hai por Ravelry e as súas diagonais non son chungas como as miñas, que estou a facer mal?
Pensei que podía ser que fixera mal os aumentos (yarn over ou lazada, creo) pero as últimas voltas fixen a lazada no outro sentido e non aprecio diferencia ningunha. Será outra cousa? Tendes algunha idea? (na maioría do calcetín fixen o da dereita onde aparecen xuntos).

jueves 6 de diciembre de 2007
Aquelarre
Moitas grazas as bruxiñas por unha tarde especial, mágoa que non se repitan máis a miúdo. A próxima con parellos e bichiños pululantes incluídos, vale?
Aínda así fíxose curto, faltounos tempo para falar moooooito, e quedan moitos pensamentos para rumiar nesta cabeciña. Agardo que teñades un recordo especial deste ritual "á galega" (e menos mal, que se chegamos ter a Juan Luis Guerra.... :-D).
Non sei se as galletas tiveron pouco éxito (as dos nenos do cole estaban boísimas) ou tiñamos pouca fame, as infusións ricas, as velas agradables, cheiros, chaveiros con contas e axóuxeres, pulseiras, calendarios, pelotas e peúgos.
O malo é que a min non se me quitaron as ganas, debedes ser unha drogha ben dura porque o aquelarre so me deu ganas de máis, así que... cando facemos o próximo?
:*
Tía Tanita funcionaria!!!
Noraboa tía Tanita!!!!
Aprobounos as oposicións de Radio Nacional, así que axiña a teremos máis lonxe se cadra, e currando no que lle gusta.
A ver se ten toda a sorte xunta e ten praza na capi, onde quere e queda preto da madriña.
Un bico.
PD: É duro en días así ir contracorrente e non sentirse mal a pesar de ter unha carreira a medias e non traballar... puffff, en Noruega estaba mellor :-)
lunes 3 de diciembre de 2007
Un libro e un inquilino
Dende que son pequena lembro este libro nunha estantería da casa de meus pais, e como agora parece que a vea artesana me deu polas agullas, miña nai cedeumo para que o coloque nunha das estanterías da miña casa. 
Trae un pouco de todo, de costura, de bordado, de punto de cruz, de ganchillo e de calceta. Puntos básicos, en relieve, calados, puntos de trenzas e cordas, os puntos irlandeses (de Aran), jacquard, calados e algúns patróns para praticar cada cousiña... e isto:
Paréceme imposible de facer, porque non está bordado sobre o xersei senón tecido así. O traballo debe ser de quedar lelos, e dende logo non apto para o meu cerebro, polo menos neste momento (non quero nin imaxinar sequera facer o esquema)... e se o estabades pensando, si que o poría, é máis gustaríame ter un xersei cunha paisaxe. Si, sonvos así de hortera.
E agora cóntovos o que nos pasou o outro día: fomos de paseo con Nuno, o veciño e a Z. non quixo pasar por diante do parque sen tirarse polo tobogán unhas cantas veces, así que el e Olga marcharon e nós quedamos un bo rato no parque. Facía frío e xa era case noite, así que turrei dela para marchar cara casa, pero non avanzamos dez metros sen berrear, tirarse o chan, pedir colo, pedir empuxar a silla, voltar cara o parque, pedir tetaaaaaaaaaaaa,... e entón apareceu. Un gatiño saiu miañando de debaixo dun coche. Non lles fago moito caso de primeiras porque non é o primeiro que me lanza un mordo despois de achegarlle a man, pero a Z. calmouse e faláballe e o gatiño comezou a cofarse nas nosas pernas. Era moi mansiño... tan mansiño que non fomos quen de despegarnos del, seguíanos coma se fose un cadeliño noso, asustabamolo para que se arredase e por dúas ou tres veces pareceu que marchaba a o deixabamos atrás, pero non, ó pouco volvía aparecer miañando atrás nosa. Seguiunos máis de 500 metros ata casa e como era xa noite non quixen deixalo fora e que acabase debaixo dunha roda, así que quedou toda a noite.
Ó día seguinte, xoves, abrinlle pola mañá e botou máis de media hora metido debaixo dun coche ata que deciciu voltar, así que imaxinei que non sabía voltar á súa casa e puxen un par de carteliños, xa que estaba segura de que era dalgunha casa. A todo isto a Olivia non lle facía ningunha gracia ter a un intruso no seu territorio, e aínda por riba non parecía darse por enterado das súas advertencias e parecía que os bufidos lle resultaban curiosos porque aínda se achegaba a observar máis preto. O venres pola tarde deixei o garaxe aberto para que saíse se quería e cando voltei o gatiño non estaba. Sentinme un pouco mal porque era xa de noite e pensei que igual quedara perdido en calquera outro sitio... e cando entro na caseta a botarlle de comer ós cans estaba alí, subido nunha escaleira e bufando a Silva que acababa de entrar desesperada a polo pienso.
Collino (si, collino e non me fixo nada, un santiño) e volvino meter no garaxe. A fin de semana non ía estar na casa, así que o deixei alí pechado por se esnaquizaba algo dentro. E marchei facendo plans de quen ía quedar co gato, de castralo a semana que ven para que non lle escapara a ninguén nunca máis, quedara con quen quedara (aínda que sospeitaba que ía quedar de compañeiro de Olivia). Cando viñamos onte de camiño a casa no coche chamaron por teléfono preguntando polo gatiño, así que o meu pensamento cambiou de que vou facer con el, a que lles vou dicir que fagan con el.
Hoxe viñeron buscalo, e contaron que non sabían que ían facer con el que lles escapaba seguido, así que tiven a oportunidade de dicirlles que o castraran antes de que marchase ás gatas por primeira vez e volvese enfermo, esfameado e ferido. Non tiven tempo de dicirlles que a media de idade dos gatos da rúa é de oito anos e que os de casa poden chegar ata vinte ben coidados, nin de falarlles do importante da boa alimentación para evitar problemas urinarios no futuro.
Se polo menos consigo que o esterilicen...
Aquí tendes ó gatiño máis bo do mundo, a Z. quedou chorando na porta cando o levaron, e a muller díxo que lle traería un gatiño, agardo que non fose en serio, pero por se acaso díxenlle que xa tiñamos.
Ogallá viva moito tempo...
Máquina de coser
Regalouma meu pai, dunha oferta do Lidl.
Levaba tempo dicindo que me gustaría ter unha e agora entroume o pánico. Xa a teño e non sei nin por onde agarrala. Sei que se a deixo na caixa non vou aprender a usala, así que teño que buscarme un rincón onde colocala e facer o meu atelier, permanentemente á vista para que non me dea pereza collela nos poucos e curtos ratiños mortos.
So que me da medo tela e non aprender nunca a utilizala... se puidese aprender a facer patchwork creo que me animaba máis axiña...
Quero máis tempo para gozar do mundo!!!




