martes 30 de octubre de 2007

Unha finde cos avós tartarugas

Eu pensaba que tería moito tempo e xa estarían rematados os meus Dashing, pero teño rematado o primeiro, que xa o levara para alí, e 10 voltas do segundo. A avoa tartaruga fíxome un agasallo, as agullas que ela xa non usa (ten pouco tempo e vaille máis o ganchillo) dous pares do 3, un do 3´5 e outro do 5. O caso é que non sei se saberei calcetar coas tradicionais despois de reaprender a base de dobres puntas e circulares... xa veremos, pero o agasallo fíxome moita ilusión.

Celebramos o 80 cumpreanos do bisavó cun xantar, a pesar da familia... ou o que sexa, que tratou de vender "obras" (libros) ós alí presentes... por favor... e nin sequera tiveron a decencia de dicirle que non ó homenaxeado cando fixo un ademán de querer mercar 12 contos tradicionais en castelán e inglés por 699€ (máis os agasallos, claro, que son o que realmente merca a xente que merca querendo algo). E custoume soportar o alarde do moito que le gustaba o seu traballo, que para min consiste en convencer á xente de que merque cousas inútiles con cartos que non ten... un horror.


Houbo un intento de comezar unha discusión política sobre os nomes e Canod Rovira, que non sei por que rematou moi axiña, se cadra porque lles pareceu lóxico que Uxía seguise sendo Uxía e non Eugenia aquí e en onde sexa, por moito que a xente non saiba galego. Ou se cadra por que non tiñan argumentos para defender a súa postura absurda.


Tiven a compaña dunha monologuista duns, calculo polo seu relato, preto de 90 anos, que comía na mesa contigua. Falou de que non tiña fillos por sorte ou por desgracia, pero que lle encantaba velos mamar, que hoxe non se vía moito e antes mamaban ata os cinco anos, cando lles pedían ás nais que se meteran na casa para tomar unha teta ás agachadas. E dixo que a ela lle parecía que ata se lles quería máis dándolles teta. Seguro que isto non é certo, non creo que se lle poida querer máis a un fillo, pero que a relación é diferente, seguro que si. Ademáis falou de moitzs outras cousas que necesitaba contar aínda que non obtivera máis resposta que un asentimento de cando en vez, non necesitaba máis que unha cara á que falarlle.


A Z. pasou a finde co seu entretemento preferido da casa dos avós: os botóns. Déixovos unha foto de setembro que ilustra o momento, sempre é así. Entre os botóns están o seu preferido "o verde pequeniño", e o suave, que tamén é dos mellores. Ó mellor tamén lle van as manualdades cando sexa grande, aínda que me da a min,q eu vai ser de pouca paría, máis moucha que tartaruga.


Fixen a revisión co meu xine que me confirmou que a estas alturas a miña actividade útero-ovárica segue a ser cero, así que sigo desexando que algún día nunha consulta me pregunten cando foi a miña última regra: en marzo... do 2005!!! Jeje. Xa nin me lembro...


Falamos de partos, do que agarda a xente (epidural-non dor) e do pouco dispostas que estamos a escoitar alternativas... levan anos vendéndonos a moto de que o parto sen dor é o mellor, como imos cambiar de parecer en 5 minutos?


E tamén da problemática moral do HPV, que ó ser considerada unha enfermidade de transmisión sexual, aínda que non sexa a única forma de contraela as relacións sexuais, a xente que da un positivo cómose máis a cabeza con que ten un problema coa súa parella que co posible problema da enfermidade. Non se me ocorrera nunca, pero parece que é o que da máis crebadeiros de cabeza... e é que sempre se fala das cousas sen explicalas e a xente non ten por que saber máis.


Intentei ir mercar uns pantalóns vaqueiros e constatei que o mundo está tolo: un luns pola tarde, as tendas cheas, facendo cola nos probadores, as dependentas que so (e non é pouco) dobran pantalóns e non respostan nin unha pregunta, e xa non digamos aquelo de antes de que che levasen tallas ó probador. Agora consiste en coller un número de prendas non maior de 4, facer cola no probador, entrar, desvertirse, probar, se necesitas outra talla dalgunha das prendas, vestirse, saír, coller a prenda, volver facer cola no probador... ou facer cola para pagar, probalo na casa e devolvelo outro día que pola mañá, que á xente non lle gusta madrugar e iso non é tan difícil facelo coa Z. A avóa tartaruga (ou avóa fea, como a chama a Z. polo saúdo cariñoso que lle di ela sempre: Ola fea!!) quedou toda a tarde coa Z. na casa e cando cheguei cargada de bolsas (que xa devolvín) díxome: "Que? Virás relaxada!!" Ja!!! A Z. cansa, pero prefíroo vinte veces ó que fixen esas dúas horas.


Cantas cousas un par de días eh?...e máis que non vos conto. O caso é que, non sei se polo cambio de hora, polo outono en si, ou polo estrés acumulado, pero estou morta, e coa de cousas que teño que facer!!!


A empanada americana de champiñóns con tomate


Fixen as fotos e estaba toda animada a posteala, pero non tiven nin un minuto estes días.
Póñoa agora, so dicirvos que a pesar de non ser empanada galega estaba boísima, coido que repetirei.

Nota: Ja, o meu ordenador segue sen saber que ten lector de tarxetas, pero a miña impresora, que é máis lista ca el e ven superpreparada para a vida moderna, si que o ten.

jueves 25 de octubre de 2007

Adaptarse ou desistir

Sabía que algún día me tecería uns, e sabendo que en breve imos de viaxe a Noruega, tamén souben que ese momento era agora.

Fun á tenda de las, merquei a la, as agullas e dispúxenme a tecer... peeeero o punto quedaba demasiado frouxo (son eu a única que sempre atopa peros?) así que decidín voltar á tenda a cambiar as dobres puntas do 4 polo 3 e medio... e alí atopei o meu atranco: non había. Había do 3 e do 4, pero do 3´5 nin unha, e como o último pedido o recibiu este venres aínda ían tardar polo menos 15 días en chegar.

A única tenda de las onde teñen dobres puntas e circulares (a realidade é que as outras tendas non son de las, son de acrílicos), se agardo 15 días non me da tempo xa a facer os meus mitóns,... saín da tenda e polo camiño ía pensando posibilidades: mercalas noutra cidade, encargalas por inet e pagar os portes desorbitados para un artígo tan ridículo,... dei volta e merquei as agullas do 3.

Estou machacando os pulsos de tan apretadiño que me queda, pero eu véxoo ben, xa veremos cando remate se digo o mesmo.

Velaquí os meus Dashing en camiño (seguro que se vían mellor de día, por moi mala que sexa a cámara, pero é o que ten trasnoitar).




E o mellor é que son os meus primeiros ¿oitos?, ¿cables? (isto de reaprender en inglés... non sei como se chama nada en castelán ou galego) e pensei que eran máis complicados, co lucidos que quedan. O que creo é que teño que traballar máis frouxo o primeiro punto cando teño os puntos noutra agulla porque o deixei pegadiño e fai moito relieve, faise así?

Gústame descubrir que sei facer máis cousas, e descubrir que as aprendo a facer eu soa aínda máis.


Por certo, que a Z. pediume teta na tenda da segunda vez que fomos e me encantou escoitar un par de avoíñas dicir que o seu tomara ata moi grande de postre, e que a outra lle trababa... pero todos, todos, foron comentarios bos. Que boa xente a tecelá :-)

lunes 15 de octubre de 2007

Blog Action Day

Saiume un anuncio na páxina de administración do blog e mira ti por onde atopeino interesante.
Que podemos facer nós polo mundo?
Eu creo que moito, so necesitamos información e concienciación.
Aínda onte tiven unha conversa nesta liña coa miña nai, tendes que verme coa roupa de andar por casa (e polos arredores). Cando aquí anda todo o mundo case impecable eu teño a mesma roupa zarrapastrosa de hai anos, cada vez máis deformada e con máis buratos, pero non quero cambiala pola razón principal de que non vai valer para nada se eu a desboto. A roupa poñible pode usala outra xente (non tiredes roupa, levádea a algunha asociación onde a recollan ou revendédea incluso), pero esta so está poñible por min, cando eu deixe de poñela ninguén o fará e acabará no lixo. Sei que hai empresas que se adican a recoller a roupa vella e destrozada (coma a miña) para facer trapos, pero non coñezo de ningunha aquí preto. Non caiamos no consumismo (polo menos totalmente).
Usamos cueiros de tela unha temporada, últimamente a cousa está un pouco parada porque lle quedaron pequenos e non me dei posto a encargar os novos, pero coido que lle afrorramos unha boa cantidade de restos indestructibles ó noso vertedeiro.
Separamos o lixo, non custa nada e ademáis temos un cubo do lixo super práctico e super bonito. É o orgullo da casa, a pesar de que houbo quen se riu de min cando soubo para que era.
O aceite usado gardámolo para levalo a un punto limpo onde o recollen, tárdase moito en xuntar unha boa cantidade e non é traballo levalo cada dous, tres ou catro meses. De todas maneiras sei que hai sitios onde reparten contedores de aceite para as comunidades de veciños, informádevos, e non o tiredes polo desaugue, por favor, en último caso, sempre no lixo.
Agora ademáis imos experimentar facendo xabrón con el, xa vos contarei.
Deixamos de usar suavizante, non aporta suavidade á roupa, polo menos aquí no norte que a auga non ten cal. E no caso de necesitarse pódese substituir por vinagre para quitar o mal cheiro da roupa e bicarbonato para eliminar o cal. O único que fai o suavizante é darlle cheiro, isto pódese fecer cunhas gotas de aceites esenciais, ou metendo xabonciños nos caixóns como as avóas.
Mirar as etiquetas dos deterxentes, hai poucos que non teñan fosfatos, así que con facelo unha vez xa sabes cal mercar para a próxima. Nós agora imos probar estes, a ver que tal resultado dan, xabróns naturais (sempre mellor que os deterxentes) e preparados para usar na lavadora.
Tamén están as noces de lavado, pero a nós non nos van moi ben, supoño que porque lavamos con auga fría, que ó estar nunha casa é aínda máis fría que nun piso.
Se usas branqueadores para a roupa, que non sexan perborato, senón percarbonato, menos contaminantes.
Poñer as lavadoras cheas e escoller o programa axeitado sen usar máis xabrón do necesario.
O do transporte público aquí, e moita carraxe me da, é inviable, pero hai que telo en conta sempre como segunda opción despois das pernas ;-)
Nós facemos algo especial polo mundo e polo aforro enerxético-económico: non pranchamos. Non temos camisas, nin roupa moi enrugable, con estirala ben ó sair da lavadora e tendela ben non é necesario (a xente so se escandaliza cando o dicimos, eu escandalízome de que haxa xente que pranche as bragas e os calcetíns!!!! Paréceme unha obsesión coma outra calquera). Xa vos destes conta de que o digo con sorna, non o facemos porque non nos gusta e non o vemos necesario para a nosa roupa, pero ademáis axudamos.
Intentar mercar as cousas pouco empaquetadas, por exemplo evitar a froita plastificada e con bandexa.
Levar bolsas de tela ou similares á compra, e reutilizar as de plástico para o lixo.
De cando en vez mercar algo ecolóxico, o que nos dea o peto.
Non coller publicidade en papel se pode consultarse en persoa ou vía internet. Usar papel reciclado, reutilizar os papeis usados por unha cara, os papeis de agasallo, os de embalar, os sobres de burbullas.
Hai tantas cousas que podemos facer e que non nos supoñen ningún esforzo adicional, que é incríble que a maioría de nós non as fagamos a estas alturas. Non se trata de facer todo, pero todo o que vos dixen facémolo na casa como parte da rutina normal, seguro que cada un pode atopar as cousas que pode incluir na súa vida para axudar ó mundo e axudar á súa conciencia, non si?

Pan con aspa

Onte apetecíame facer un pan, o Moucho dixo que quería un pan de allo, así que probamos receita nova, pero non lin a receita completa así que o que era así:




Focaccia de Ajo y Romero




Ingredientes
4 dientes de ajo
2 tazas de harina integral para pan
1 taza de harina para pan
1 1/2 cucharadas de leche en polvo
1 1/2 cucharaditas de sal marina
1 1/4 tazas de agua
7 cucharadas de aceite de oliva
1 1/2 cucharadas de miel
4 cucharaditas de levadura
8 cucharaditas de albahaca picada
2 cucharaditas de romero


Preparación
Picar dos de los dientes de ajo, y ponerlos junto con las harinas, la leche, la sal, el agua, 3 cucharadas de aceite de oliva, la miel y la levadura en la panificadora, en el orden recomendado por el fabricante. Seleccionar el ciclo para masa.
Una vez que termine el programa, volcar la masa en una superficie ligeramente enharinada, sin añadir más harina, es una masa pejagosa. Dividir en dos, cubrir y dejar reposar mínimo 10 minutos.
Picar los otros dos dientes de ajo, y mezclarlo con las cuatro cucharadas de aceite restantes y las hierbas. Añadir sal si se quiere.
Aceitar dos moldes redondos, poner la masa y untar con la mezcla anterior. Hornear en la parte baja del horno, a 200C durante 18-24 minutos, hasta que estén doradas.


Usei leite en lugar de auga, e non botei leite en po, claro.

Rematou sendo: mesturar todos os ingredentes na cubeta no aparato marabilloso, selecionar pan normal, torradura media e agardar a que pite. Pensei que serían demasiadas herbas para un pan tan pequeno e cando estaba recén feito so ulía a albahaca en toda a casa, pensei que sería incomible, peeeeeero aquí tendes o resultado:


Boísimo, non é de allo, non é doce, e está riquisisísimo como entrante antes da comida. O erro de non ler a receita saiu bastante ben.

De como desarmar a unha nai e outras historias

Eu tiña un día malo, ou un mal momento dentro do día, a Z. fixo algo, ou non o fixo como debería, ou simplemente non o fixo e a miña cara denotaba o meu estado de crispación... foi a primeira vez quo mo dixo: pegou a súa cara á miña puxo un sorriso expectante, díxome oooola, mamáaa cun tono suave e sutil, e a continueción aloumiñoume a cara e dixo: "ta fadada?".
Plof, adeus enfado, como me vou enfadar con esa cariña, tiven un mal momento, sei que teño moitos, e síntoo, pero intentarei que me pasen axiña. Grazas, filla.

E onte o avó usaba unha desas artimañas que todos coñecemos para intentar quwe os nenos coman TODO. O iogur estaba enriba da mesiña do salón e o avó puxo unha voz grave ó tempo que dicía algo así como: "Que rico o iogur, que o vou comer eu todoooooo!". A Z. quedou seria mirándoo fixamente, incluso pensamos que se asustara e estaba agardando outro xesto para saber como reacionar. Entón achegouse á mesa, colleu o iogur e... deullo ó avó. Claro, el con tantas ganas do iogur,... jeje

viernes 12 de octubre de 2007

Pirata pequena

Meu avó, bisavó tartaruga, chamaba así ós meus irmáns: os piratas, o pirata grande e o pirata pequeno.

A verdade é que fixen o xersei pensando no heavy (ghevi) do Moucho, e o título ía ser máis ghevi tamén, pero é evidente que vai de piratas e como homenaxe a meu avó, que celebra 80 aniños de nada este é un título máis que axeitado.

Levoume meses, e non vos conto as veces que o empecei e que o deixei aparcado unha temporada porque me aburrira de non ver resultados: cambiei de agullas, de la, de número de puntos, outra vez as agullas... pensei que estaba maldito e non o remataría a tempo para que lle valese. Hai tempo que o teño rematado e cosido, pero non me atrevía a probarllo, hoxe rematei os derradeiros fíos, por fin, todo un éxito, e aínda por riba valelle!!!

A miña sogra, que tamén tece (ou tecía) díxome que fose pasando o fío da cor coa que non se traballa por diante do que se traballa para que fosen quedando presos por detrás, pois se nón ós cativos enganchábanselle os dedos na parte de atrás do debuxo. Fíxeno así pero non me gusta, nótase moito no debuxo, se o fixera hoxe de novo sería o único que lle cambiaría.

Estou toda contenta coa miña proeza, o meu primeiro xersei non quedou nada mal... agardo poñerllo moito :)

Moitas grazas a debolsillo que me pasou o patrón sen coñecerme de nada.

Non sei de onde é o patrón, pero ten uns pantalóns a xogo... se soubese que me da tempo... pero esta pequena non me deixa tecer, en canto me ve coas agullas: TETAAAAAAA!!! Collinlle a foto emprestada tamén a debolsillo, agardo que non lle importe.





jueves 11 de octubre de 2007

Monicreques

Namoreime doutro mundo hoxe, do mundo dos monicreques.
Fomos ver o "Circus on strings" (circo nos fíos) do ruso Viktor Antonov e marabilleime das cousas que poden facer uns monicreques: dende mover os ollos e a boca cun paxaro cantando sobre o naris do pallaso, ata as pesas do forzudo que movía o bigote para coller folgos antes de poñerse rubio!! co esforzo e recuperar a súa cor normal ó soltalas. Un mago, unha equilibrista, uns malabaristas en monociclo, o pallaso, unha familia de monos, o tragasables no camelo lanzalapas, un oriental coa bailarina de danza no ventre na cabeza.
Imaxinei a vida dese home: deseñando os títeres, creándoos no seu taller, con todos os seus fíos e os artiluxios para movelos; inventando o espectáculo; manexándoos todos el so, tan diferentes e tan complexos; viaxando polo mundo facendo marabillarse a nenos, e máis aínda ós maiores. Coa súa cara amable vin nel a un romántico Geppetto moderno.

A Z. batía as palmas tras cada actuación e seguíaos moi atenta, máis do que pensei en calquera momento, ata a segunda vez que saiu o forzudo. No son do espectáculo gravaran o esforzo que facía o títere para levantar as pesas e semellaba o gruñido dun animal fero a tal volume... pediu teta tremendo de medo e non a quixo soltar máis. A hora seguinte, e incluso cando chegamos a casa e viu ó Moucho, tres horas despois, non facía máis que repetir: "fufudo... que pesa un montón..." ata que lle contabas a historia completa. Creo que a ela tamén lle gustaron tanto coma a min.

Semella que si insistimos...

Hoxe a Z. delatounos.
Onte conseguiu traer a casa un paquete de mentos despois de abrilo no medio do supermercado, así que nos divertimos moito xogando coas "boliñas"... ata que me descubriu comendo unha.
Entón o seu divertimento cambiou a darlle a papá e a mamá as boliñas unha tras doutra insistentemente.
Eu nunca a obliguei a comer ( e aínda que quixera facelo non podería, como se fai?), pero hoxe fíxome ver que si lle insistimos porque cun mento xa na boca e o outro empurrando nos beizos o que me dicía era:
- Come, come.
- Non, non quero máis, Z.
- Come, ... ta rico... ves?

Pobre, non me imaxino o que farán eses que vexo nos bancos dos parques coas mans amarradas, no colo, e deitados cara atrás á forza para meterlles a culler coa papiña de froita (un prátano, unha mazá, unha pera e unha laranxa para ser máis exactos). Como lles darán eles os mentos a seus pais?

SMLM

Estivemos moi atarefadas últimamente, non damos feito con tanto acontecemento xunto. Despois dos actos da semana pasada, a finde pasámola en Ourense. Pasámolo teta!!! Agradécese moito compartir tempo con esa xentiña afín. So teño mágoa porque houbo mala comunicación coa avoa tartaruga e non apareceron pola festa porque pensaron que era un acto privado, jo :-(. Pero estiveron os bisavós, que collían todos os globos para a bisneta e non lles paraba de caer a baba.
Dixéronnos ademáis que sairamos na tele, pero non nos vimos; e nalgún xornal, do que gardamos a folla da edición dixital para o futuro :-)

Curiosas relacións

Uns dos nosos xoguetes preferidos nos últimos tempos son as pelotas, de todos os tamaños e cores... tendes que ver como está a bañeira... e o salón... están por todos lados.
O caso é que onte quixo coller tres pelotas determinadas, unha tamaño pelota de ping-pong de cor fucsia e dúas tamaño pelota de tenis, unha azul e outra amarela. Tíñaas eu e funllas dando nesa orde. Cando lle dei a primeira dixo: "A pequena!", cando lle dei a segunda dixo: "A grande!", e cando lle dei a terceira (que era do mesmo tamaño que a segunda) dixo: "A amarela!".
Ten claros os criterios de diferenciación, pero chocoume escoitarllo.


miércoles 3 de octubre de 2007

Hai pallasos malos...

Onte o pobre Antón levou un desgusto ó descubrir que non todos os pallasos son bos pallasos. Éste era da terceira idade e repartía globos, ou iso semellaba porque cando se achegou Antónsiño a pedirlle un dixo: "Tú no, que ya tienes muchos" (hai que especificar que o malvado facía figuras e Antón levaba globos brancos dos de toda a vida).

Quen lle devolve a Antón a confianza nos pallasos?

Un biquiño para Antonsiño :****

martes 2 de octubre de 2007

Xuntanza anual de ex-tudiantes

Pois a verdade é que xa somos case todos ex-tudiantes, e non por ter rematado, pero estamos en parón, a verdade, outros xa remataron e a outros fáltalles un chisco de nada. (Ánimo!!! A todos...)

O caso é que hai dous sábados reunímonos nun "antro ilegal" coma case todos os anos (quero dicir que case todos os anos facemos a xuntanza). O ano pasado nós non puidemos asistir por incompatibilidades da vida familiar, pero este ano estivemos alí a familia ó completo e sentín que imos avanzando (non só eu, que vou adiantada con respecto á miña xeración) senón coma grupo. Algúns seguen sendo irreductiblemente novos, coa vida de sempre, de concertos, festas, amigos,... Outros teñen parella seria e formal, traballo e están convertidos en "xente de proveito". Outros xa formamos familia, e este ano tiñamos 3 pequenos da nova xeración, 3 familias novas, e taaaaaaaan lonxe de concertos e festas que xa case non o lembramos, jeje.



O Martiño ten 9 meses máis ca Z. e fixeron boas migas, pasárono pipa tirándolle mazás a unha bulldog, ademáis a Z. perseguiu a un gato ó que chamou Oli todo o tempo porque era tamén algo siamés, coma a nosa Oli, e a Sandy, que semellaba a lhasa duns amigos con ese nome. Por incrible que pareza, a pesar de xuntarnos 19 adultos (ou o que sexamos) só había unha cámara e non era dixital, así que mentres Sancho non revele o carrete non temos instantáneas, pero agardo velas.



A verdade é que o pasamos moi ben, encantoume pasar un rato charlando cos de sempre, que seguen a ser os de sempre, comer 140 € e que quedaran máis do dobre para bebidas (que se cadra aínda da para outra comida), escoitar a S.A.S. en directo unha vez máis (tiñades que ver a marcha que tiña a Z. no corpo)...



A única pega foi ter que marchar, saímos ás once porque o ambiente era demasiado fume para a Z. xa a esas horas, e foi o momento perfecto porque en canto subimos no coche quedou durmida. Así que tivemos ademáis unha boa viaxe de volta a casa.

E por se o Susiño entra a curiosear, a Z. prendouse del, se cadra porque pasaron todo o día a coller landras, mazás, tirándose da mesa, xogando xuntos... cando se ergueo ó día seguinte o primeiro que fixo foi preguntar por Suso... xa tes unha amiga máis, cando estea en idade de sair igual a podes engadir á pandilla nesas novas (novas) fichaxes, ... para controlala ;-)