sábado 29 de septiembre de 2007

O espertar

Non lembro xa cando foi (e non hai moito) que cando a Z. esperta de noite ou pola mañá non pregunta pola teta, senón por mami, e aínda que queira teta igual, hai que recoñecer o ben que senta saber que recoñece en min algo máis que unha parte do corpo ;-)

miércoles 26 de septiembre de 2007

Eu tamén son un narciso

Maxia, será que nos parecemos? Ou non hai máis flores?

I am a
Daffodil

What Flower
Are You?

You have a sunny disposition and are normally one of the first to show up for the party. You don't need too much attention from the host once you get there as you are more than capable of making yourself seen and heard.

viernes 21 de septiembre de 2007

Onde está o USB????

Resístome a pensar que o aparello este que mercamos hai uns meses e no que estou tecleando con tan mala baba, tan moderno el, aínda que seguramente xa estará obsoleto... non teña un p*** conector USB por diante!!!!
Pero como puidemos mercar isto tan tranquilos? E como é que non o usamos en todo este tempo? Claro, antes usabamolo moito para descargar as fotos, pero como esta modernidade tan "útil" ten lector de tarxetas... se queremos meter un ínfimo arquivo nun pendrive temos que encoller para meternos entre o moble e a caixa para apalpar ata atopar algo que se lle pareza e ir probando a enchufar o aparello...
Iso ou subir ó mega obsoleto portatil, vello e non portatil, agardando que non dea calquera erro extrano por non recoñecer algún programa ou arquivo. Pero a estas horas non queda outra opción... as miñas habilidades físicas están aínda máis mermadas que as mentais.

Con Tavo

Hoxe fomos pasar un ratiño con Tavo (antes Pavo, como será mañá) mentres seus papás non podían quedar e foi moi divertido. A Z. mírao con admiración do grande que é cos seus 3 anos e medio e intenta compracelo en todo o que pode. Ó final caeu rendida polo sono, pero eu pasei un bo rato falando con el.
Decidimos xogar co foguete xigante que ten unha habitación na que a cama se levanta e ten debaixo un inodoro (que non sei se será iso moi in-odoro, a verdade) o caso é que Tavo estaba a amosarme todos os seus compartimentos e un deles tiña unha muescas no chan que eran para meter... un "explonauta"!! Estaba claro, jeje.
Despois pregunteille polo extraterrestre que había enriba da mesa,
- ¿Que?
- O marciano ese
-¿Que?
- O verde, o de enriba da mesa
-¿Que?
- o moneco ese pequeno que hai preto do borde...
-¡¡Ah!! Es un "aplaneta".
-Ah! Claro, é que eu non sabía como se chamaba! Pero ten moitos ollos, non?
- Sí: uno, tres y cuatro.
- Catro??? Seguro? A ver, ti cantos ollos tes?
- Uno y tres.
- :-D Vale, pois entón tiñas razón en que o "aplaneta" ten catro.

lunes 17 de septiembre de 2007

Avances

A Z. xa conta ata 9 (non lle debe gustar o 10) aínda que sempre salta algún polo medio, normalmente o 7.

E xa sabe as cores, por se non volo dixera e por se algún día mo pregunta, deixo aquí a chuleta.

De todo en dous días

Un susto para saber o que queremos á familia, aínda que non o demostremos con bicos a todas horas.

Cabreeime, para non variar.

Re-descubrín a angustia vital que me produce o saber que o Universo é infinito, sabendo que hai máis cousas que poden non ter fin.

A confraternización foi interrumpida para saudar.

Recuperei cousas inútiles que non vou ser quen de tirar (alimentando o meu Dióxenes día a día).

A Z. tivo insomnio por hiperexcitación, a súa nai tamén, claro.

Os avós babearon coa Z., cada vez máis.

Comemos e comemos e comemos, por que non sabemos celebrar nada sen comer? Toda a nosa “cultura” baséase en “estar ben alimentados” e rematar toda a comida que se pon na mesa. Estamos enfermos.

Despedida con tintes dramáticos incluída, de culebrón, vaia.

Choros no coche.



martes 11 de septiembre de 2007

A síndrome Susanita

Bautizada así por Sonsoles, a Z. está coa síndrome de Susanita, a de Mafalda: quere ser mamá.

Tivemos que deixar de ir ás reunións do grupo de lactancia porque o pasa fatal cos nenés, quere collelos, non quere que os collan as súas mamás, dalles teta, chora de impotencia cando non pode atendelos como ela quere... da moita peniña vela.

A cambio temos na casa trillizos: o grande, o mediano (o seu preferido) e o pequeno, ós que lles cambia os cueiros, lles da teta, lles da aloumiños e os calma para que non choren, dalles bicos cando teñen pupa, e como última novidade agora dalles de comer, onte o mediano comeu moita maionesa segundo contou o Moucho, case tanta coma a Z.

Baixa seis meses por maternidade

http://www.bajapormaternidadseismeses.org/

Non podo evitar sentirme mal porque non se vai acadar, somos poucas as que recollemos sinaturas e eu sei que podiamos ter feito máis cousas, eu polo menos. Aínda non mandei un correo a todos os meus contactos informando de que isto existe. Será que teño unha conciencia social esaxerada.

O día 12 de outubro hai que entregar as 500 000 sinaturas no Ministerio, e a información actuializada da páxina web di que levamos recollidas 177 000.

Se podedes facer algo, aínda que sexa encher un oco coa vosa sinatura, ou coas dos vosos achegados... Non sei se aínda da tempo de
facerse fedatari@ e que che manden as follas (unha aínda que sexa), pero se non igual tendes preto a alguén que as teña e lle podedes pedir algunha para encher entre os vosos compañeiros de traballo, de parque, veciños, familiares,...

É algo para
tod@s e que temos que facer entre tod@s, polo beneficio dos nosos fillos.

Fracaso culinario

Esta entrada debería ser de mediados da semana pasada, pero non tiña internete e agora case esquezo que existía...

Levo días con dor de cabeza, pensei que achara o problema cando hoxe pola mañá mirei pola fiestra e me pareceu raro que o sol brillara tanto a pesar desa néboa extraña… Era néboa artificial que desapareceu en canto lavei os cristais dos meus lentes con auga e xabrón (facía meses da última vez). E pareceu mellorar o da cabeza, pero agora volvo estar igual. Son as dúas menos vinte da mañá e eu non teño sono, pero si teño esa dor de cabeza horrible… Igual ten algo que ver coa internet, porque levo dende o luns sen poder mirar NADAAAAAAAAAA, nin o correo, nin outros blogs, nin como rematar o escote do xersei da Z., que a este paso non vai estrear nunca… E todo por un cable de nada, pufff.

Intento encher momentos facendo de todo, acabei a roupa sucia, xa está toda lavada, tendida, secada e case colocada, rematei un calcetín que tiña comezado dende abril, saín de paseo coa Z. e o veciño Nuno, fun de compras, e emocioneime pensando en facer madalenas… Mirei unha receita dunhas muffins de arandos, pero non atopei arandos nin outra baia en ningures, así que desistín e cambiei os arandos por chocolate. Merquei as pepiñas de chocolate que vira outras veces e nunca chegara a utilizar, e cheguei a casa emocionada para facelas (cuns zapatos semi-kickers azuis por 20€, menos 10 do vale que gardaba dende hai un ano, unhas mallas e unhas camisetas, un vaqueiro, todo para a Z., a roupa deste ano é horrible, e un incienso novo de sándalo para variar un pouco do Nag-Champa de sempre e que definitivamente me gusta).

E despois de 40 minutos no forno no canto dos 20 que puña a receita, e de ver que o máis que medraran as madalenas debeu ser 2 milímetros, comecei a sospeitar que algo non andaba ben. Coido que foi culpa miña, que no lugar de darlle ó botón da alarma deille ó do temporizador, e pensei que o correxira poñéndoo a cero e o que debín facer foi apagar o forno… así que dos 200 graos iniciais poucos quedaron os 10 minutos e as miñas madalenas foron un desastre. O Moucho di que non lle diga a ninguén que son madalenas, que son…discos. E que están boas (a pesar de estar crúas, non ter máis que chocolate e medir un centímetro de altas). Tamén di que teño que usar máis o forno para non trabucarme cos botóns. Vale, cociñar non cociño moito, e eran as miñas primeiras madalenas, pero biscoitos teño feito uns cantos… ¿Por que tiña que pasarme isto hoxe?




O caso é que xa se me quitaron as ganas de experimentar. Seino, réndome fácilmente… apuntareino na miña lista de cousas a mellorar (se algún día chego a facela).

Saquei unha conclusión boa desto polo menos: as pepiñas son caras pero dan bo resultado, así que podo usalas para facer o pan de chocolate na panificadora pasando a metade de traballo que as outras veces (destrozando tabletas a martelazos).

catro cabezas

Tardei en amañalo e poder poñelo, seguro que a agasalladora xa pensaba que non o ía poñer nunca. Pero velo aquí está o lauburu.



Estou toda orgullosa da miña obra (o segundo furado, que antes era un colgante), e teño que agradecerlle a meu pai que teña todos os instrumentos de bricolaxe que existen e con todos os seus accesorios. Namoreime da Dremmel, xa imaxinei as cousas que se poderían facer co sinxelo que é de manexar...

Eu dei teta...

... na Catedral de Santiago, camiñando e agachada atrás de Aivou para que non nos vira o cura que acababa de entrar no confesonario, por se lle parecia unha grandísima ofensa ir cunha nena pendurada dunha teta ;-).

Por certo, que descubrín grazas a isto que hai nais que entran nas igrexas a dar teta cando buscan un lugar tranquilo e sen distraccións... non se me ocorrería na vida.

Viaxe a Santiago

Xa chegamos, sigo sen internete, pero vou escribir a crónica igualmente para darvos as grazas por crear unha viaxe a Santiago so para que eu fora, por fin, buscar o paquete que lle merquei a aquela rapaza hai case un ano (ou sen case). A verdade e que non saiu de todo ben, e dame mágoa que vos desedes o palizón se marchastes con mal sabor de boca, pero a min sempre me presta estar con vós. Grazas, de verdade, moitas grazas.

A viaxe foi un pouco accidentada pola nosa parte, saín coa Z. pola mañá, quería coller o paquete pola mañá e ir a Decathlon a botar unha ollada, e tiven sorte de que estivera na entrada porque se non non chego nin de coña. Paramos xa alí en canto chegamos e demos un paseo, sen poder mirar nada porque a Z. descubriu o expositor das pelotas e pasamos alí toooodo o tempo, pero é certo que as cousas son bonitas e ben de prezo, seguro que facemos outra visita en canto se nos acaben os zapatos, agora estamos recén ben servidos. Case non podemos sair da tenda porque algo pitaba, non era nada que mercaramos, nin que roubaramos, nin sequera unha etiqueta que collera a Z., fomos descartando cousa por cousa, o carriño non, eu non, a compra non, a Z… si. Un zapato da Z. que era novo aínda ía imantado así que botamos un bo cacho ata averiagualo e o tío non estaba moi convencido de que non fosen da tenda.

Por fin saímos e chamamos á rapaza do paquete, que quería marchar á praia ás dúas, e por pouco non a vemos porque nos ía dando as indicacións con contagotas e non eran moi claras que digamos. Perdinme unha vez, pero decateime axiña de que me trabucara e dei volta de novo ata atopar o camiño, nese intre a Z. quedou durmida e cando chegamos onde a rapaza non podiamos baixar do coche, así que falamos 15 minutiños na rúa e despedímonos dun xeito un pouco brusco cun tío extraño que empezaba a achegarse a nós para facerlle carantoñas á súa nena. Por fin tiña o paquete, xa non hai máis excusas para ir a Santiago (ai, si, que temos reunión, ou non é en Santiago?). Agora so falta decidir que facemos co "paquete".

Quedara coa familia C-A (Carolo-Aivou, ou outra cousa que tamén queda ben, jeje, que chachi me quedou, non?) no parking da praza de Galicia. Esta vez cheguei sen problema e xuntámonos por fin para ir comer. Creo que aquí foi onde estivo o quid da cuestión-viaxe. Fomos comer un kebap, pero o sitio fervía, facía tanta calor que agradecemos sair (a pesar de que antes de entrar me daba a sensación de que me ía cocer pola rúa)...


... continuará

lunes 3 de septiembre de 2007

Grima

Veña, esta é para que participedes todos nos comentarios, que non o consigo.

¿Que vos da grima?

A min raspar o fondo dunha pota cunha culler.

domingo 2 de septiembre de 2007

A radio e o Moucho. As gafas do Carolo.

Prometín contarvos a historia da radio e o Moucho, pois aí a vai:

Os Tartarouchos tiñamos unha radio no coche, normal, nin moi boa nin moi mala, a que viña de serie, vaia, con cd e pouco máis. A radio xa levaba tempo funcionando tarde, mal e arrastro, eu diría que máis dun ano; e cando lle petaba dáballe por non ler os compactos, pero normalmente era suficiente con darlle durante uns segundiños a pasar cancións e recoñecíaos de novo. O caso é que un día dixo que non, que se negaba en redondo a dar máis voltas ós redondos e dende aquela xa so nos contaba cousas pola radio... Intentamos adaptarnos, pero a Z. non lle gustaba ir de viaxe sen Mamá Cabra, así que decidimos que había que voltar a poñer cedés de novo.
Pero no canto de mercar directamente un aparello que funcionase e sustituilo polo vello, ó Moucho entroulle un deses ataques de "isto amañaríao calquera home", e púxose a amañar a radio querendo ignorar o feito tan sabido de que un moucho é un moucho (ou un bufo? ;-) ), e non un home. Así que se dispuxo a destripar á pobre radio para atopar "o fallo" a pesar de non saber cómo é unha radio "sa". Desmontouna todiña, mirouna ben, pasoulle ó dedo á lente (si, a que pon, ¡¡¡No tocar!!!) para limpala e decidiu que non atopaba nada fora de lugar, así que volveuna montar... pero sobráronlle 9 parafusos. Jeje, si, nin 1 nin 2, ¡9! Veu cara min todo convencido e díxome: "Xa a montei porque non lle vin nada raro agás que traía 9 parafusos de máis." E un sorriso consciente. "¿E funciona?" pregunteille. "Non sei, aínda non a probei." Pouco despois vin a súa cara de decepción mentres fozaba coas conexións, pero foi xa de noite cando me dixo: "Claro! Como ía funcionar se so conectei a antena!! Mañá póñoa ben."

Ó día seguinte avisoume de que tiñamos moita sorte... "se a radio non chega a ter ese fusible que estoupou ó conectala, igual nos arde o coche."



E agora, co permiso do seu protagonista, teño o pracer de presentarvos a nosa dor de mandíbulas do venres a mediodía mentres xantabamos kebap:

Os anteollos do Carolo

Era unha noite, despois das festas dalgún santo (sería Xoán?) nalgures. Parece ser que nestas festas hai un espectáculo pirotécnico con petardos, pólvora e demáis "estoupables" e por mor desta celebración o pobre Carolo ía cara casa cos seus anteollos salpicadas por 3 puntiños negros nun dos cristais, restos de metralla. Imaxinade o incómodo que é pasar a noite vendo uns manchóns por un dos ollos... (para os que non usedes anteollos direivos que é unha das sensacións máis incómodas que existen case a diario). Imaxinade ó Carolo polo camiño a casa sen poder quitarse de diante eses molestos puntiños (despois de intentalo, imaxino, con varias camisolas) e pensando en entrar pola porta e poder limpar os seus lentes en condicións...

E por fin chegou a casa!! e limpounas... ¿sabedes con que? Cun ESTROPALLO!!!!!!!!

Di o Carolo na súa defensa, que non estaba especialmente perxudicado polas festas e que a única razón foi que "é unha desas cousas que fas sen pensar" (menos mal! jeje).
Conta que antes de poñelos xa se decatara de que non fora unha boa idea, e que as mulleres que o atenderon na óptica o miraban con cara rara cando lles explicaba como pasara...



Agardo que vos gustaran os contiños tanto coma a min.

Un bico para os protagonistas, que ben o merecen polo que nos fixeron rir, e por todo o demáis.