viernes 31 de agosto de 2007

Finde de celebracións

Pasan en tan pouco tempo tantas cousas que non da tempo a lembralas. Debería escribilas en dous minutos, no momento, pero sempre confío na miña memoria que me traiciona unha e outra vez... e non aprendo.

A fin de semana fomos visitar ós avós. Houbo moitas celebracións: cos avós Mouchos celebramos os seus 40 anos de casados, fomos xantar fora e eu comín unha filloa con xeado e chocolate quente... mmmmmm. Despois quedei pensando que todos os xeados eran de Nestle e sentinme mal por comela, pero xa estaba feito. Marchamos o sábado a casa dos avós Tartarugas sen avisar e debeu ser a única vez en anos que saen a algures, chegaron ás 3 da mañá, así que non nos vimos ata o día seguinte. A Z. tivo un momento na cama que nos fixo rir un bo rato: non tiña sono e daba voltas e voltas por riba nosa, e coas súas uñas sen cortar (foi imposible) nunha das patadas doeume, así que queixeime: Auuu, que me mancas!!! E a Z. respostou cunha tranquilidade pasmosa: Pupa? A vé, que pasou? Supoño que é o que dicimos nós, pero impacta escoitalo con ese xesto "xa está a queixarse outra vez... voulle facer un pouco de caso".
O domingo celebramos o cumpreanos da bisavoa M. que está espectacular.

A "potopa" ás veces xa é unha "palota" e ata os "ninicos" ás veces asemellan coelliños, esta medrando esta pequena...

...tanto que nunha semana todos os zapatos lle quedaron pequenos. Mercamos uns pisamerdas para saír do paso, pero aínda necesitaremos algo máis e estamos en mal tempo... de verán non, pero de inverno tampouco... que lío.

Esta finde que ven teremos asemblea de Bdl, así que invadiremos a casa de Aivou para volver atacar os bichos de prástico, e a poder ser, a piscina, jeje.

viernes 24 de agosto de 2007

Pais, prestade atención...

Outro día a outras horas máis decentes tratarei de traducilo... ou non:

Hay un período en el que los padres quedamos huérfanos de nuestros hijos.Ocurre cuando ellos crecen independientes de nosotros, como árboles murmurantes y pájaros imprudentes.Crecen sin pedir permiso a la vida, con una estridencia alegre y a veces, con alardeada arrogancia.Pero NO crecen todos los días, crecen de repente.Un día se sienta junto a tí y con increíble naturalidad te dicen cualquier cosa que te indica que aquella criatura, hasta ayer en pañales y pasitos temblorosos e inseguros, creció.¿Cuándo creció que no lo percibiste?¿Dónde quedaron las fiestas infantiles, los juegos en la arena, los cumpleaños con payasos?Crecieron en un ritual de obediencia orgánica y desobediencia civil.Ahora estás ahí, en la puerta de la disco, esperando ansioso, no solo que aparezca, si no que no crezca.Allí están muchos padres al volante, esperando que salgan zumbando sobre patines, con sus cabellos largos y sueltos.Y allí están nuestros hijos, entre haburguesas, y gaseosas, en las esquinas, con el uniforme de su generación y sus incómodas mochilas a la espalda.Y aquí estamos nosotros, con el pelo cano.Y son nuestros hijos, a los que amamos a pesar de los golpes de los vientos, de las escasas noches de paz, de las malas noticias y de la dictadura de las horas.Ellos crecieron observando y aprendiendo de nuestros errores y nuestros aciertos, principalmente de los errores que esperamos no repitan…Hay un período en que los padres vamos quedando huérfanos de hijos.Ya no los buscamos en las puertas de las discotecas y los cines.Pasó el tiempo del piano, el fútbol, el ballet, la natación.Salieron del asiento de atrás y pasaron al volante de sus propias vidas.Algunos debimos acudir más junto a su cama, por la noche, para oir a su alma respirando conversaciones y confidencias entre las sábanas de la infancia; y cuando fueron adolescentes, a los cubrecamas de aquellas piezas cubiertas de calcomanías, pósters y agendas coloridas y discos ensordecedores.Pero, crecieron sin que agotáramos con ellos todo nuestro amor.Al principio, nos acompañaban al campo, a la playa a piscinas y reuniones de conocidos. Navidad y pascua compartidas.Y había peleas en el auto, por la ventana, los pedidos de chicles y la música de moda.Después llegó el tiempo en que viajar con los padres se transformó en esfuerzo y sufrimiento: No podían dejar a sus amigos y a sus primeros amores.Y quedamos los padres exiliados de los hijos.Obtuvimos la soledad que siempre habíamos deseado.Y nos llegó el momento en que sólo nos miramos de lejos, casi siempre en silencio, y esperamos que elijan bien en la búsqueda de la felicidad y conquisten el mundo del modo menos complejo posible.El secreto es ESPERAR!!!En cualquier momento nos darán nietos. El nieto es la hora del cariño ocioso y la picardía no ejercida en los propios hijos; por eso los abuelos son tan desmesurados y distribuyen tan incontrolable cariño.Los nietos son la última oportunidad de reeditar nuestro afecto.Por eso es necesario hacer algunas cosas adicionales antes de que nuestros hijos crezcan.
Así es: Las personas sólo aprendemos a ser hijos después de ser padres y sólo aprendemos a ser padres después de ser abuelos…
En fin, pareciera que sólo aprendemos a vivir, después de que la vida se nos pasó…
¡¡¡ D I S F R Ú T A L O S !!!

martes 21 de agosto de 2007

Os nenés

A pesar de que eu nunca fun partidaria (porque a min non me gustaban) das bonecas, á Z. encántanlle os "nenés". Últimamente xa non toman so da miña teta, senón tamén da súa, está obsesionada cos seus choros, pero sempre os consola colléndoos no colo e arrolándoos e dándolles bicos, cámbialles o cu porque teñen "canta caca!!! Dios mío, aghhh".
Pero a súa obsesión (que xa ven de tempo atrás) non se reduce ós seus nenés de plástico e a pasealos na súa silliña de plástico... Hoxe veu Loli con Iván por casa e tivemos serios problemas para intentar falar cando chegou e o neno choraba, porque a Z. choraba máis ca el, con bágoas como non chora nunca por outra cousa, desesperada por collelo e por algo que quixo dicirme e eu non alcancei a comprender... pobre, que impotencia sentín eu, imaxino como sería a súa. O cadro á hora de marchar repetiuse e seguín sen poder aplacar os seus choros de maneira ningunha, nin o papá a puido calmar ata pasado un rato. Dixo tamén un pouco antes algo do "millo", que normalmente era un "homiño" de plástico de facer formas na area, pero esta vez era algo referente ó neno, e non souben descifralo a tempo... que mal sabor de boca deixa...
Houbo tamén un momento, mentres miraba a Iván (con gran semellanza a seu pai, que lembramos que acaba de deixalos) e lle aloumiñaba nunha man, no que de súpeto fixo unha frase que rematou en "Maco", ou Marco, vaia. Ata Loli se decatou mentres nós tratabamos de agachalo. Non sei se o relacionou con Loli (que xa levaba na casa máis de dúas horas) ou con Iván... pero foi curioso e sorprendente.

Adiviña

Outra adiviña, esta vez con solución.
E di a Z.: "tito, ta!!!"

Probade sorte...

sábado 18 de agosto de 2007

E máis nacementos

Onte naceu un curmán do Moucho despois dun parto parece que bastante duro. Benvido ó noso mundo Hugo!!! E benvidos seus pais a este outro mundo dos pais.

O cumpre do X.



A Z. e máis eu vimos de pasar un par de días xeniais na casa de ... Aivou (gústache así ou cámbioo, Aivou? ;-P) celebrando o cumpreanos do seu fillo X. A Z. pasouno pipa coa S., irmá do X.; cos centos de animais de prástico, sobre todo o elefante que facía ruido; descubriu que ademáis de teta os seus "nenés" tamén poden tomar comida cunha culleriña; pintou o chan con xices (se é este o plural de xiz...) xigantes; fixo flanes coa area do areeiro, que ela chamou repetidamente praia; abriu e pechou a porta e as ventás da casiña do xardín decenas de veces; falou cun caracol; marabillouse coas luces de cores da festa e os cabaliños; durmiuse vendo os foguetes de fin de festa (e incríblemente non espertou ata as 4 da mañá, cando eu me metín con ela na cama que nos cedeu amablemente a S.); deulle mimiños ó gato Romano e perseguiu ó seu namorado Carolo chamándoo e aproveitándose do seu colo.

En canto a min... tamén gocei, esta vez non me quedou esa sensación de interruptus que tiña sempre, con falta de tempo para falar, pero tería quedado sen problema outra semaniña para alargar as vacacións, mágoa que o Mouchiño estea traballando.

O X. pasouno tan ben que durmiu a "resaca" do cumpreanos ata a unha do mediodía.

Quérovos, familia. Grazas polo tempo que pasamos (e polos cartos e a roupa que levamos ;-P).

Crónica das vacacións

Pasaron tantos días que xa non me lembro moito do que vos quería contar. Vou intentar facer memoria e facer as crónicas máis axiña para evitar esquecer as cousas.

Tivemos unha boa ración de coche estes días, e coche+Z. é normalmente un tormento. Pero estes días levámolo máis ou menos ben, houbo que facer algunha paradiña, coma sempre, pero a pesar de non ter radio (contareivos isto noutro post, lembrádemo se o esquezo) as viaxes foron do máis entretidas: mamá facía de radio, de contacontos, inventaba xogos cos coches que pasaban… que canso é viaxar sendo nai! O que máis trotamos foron os contos do Cabalo e da Rata Luísa e o seu lazo, que xa sabemos os tres de memoria. Ás veces a Z. avisaba do que tiñamos que dicir cando quedabamos coa páxina aberta e sen dicir nada, ou falando o Moucho e máis eu. E ata nos sorprendeu dicindo o Abur!!! co que se despiden os ratiños.

Cando faltaba media hora para chegar á praia eu xa tiña unhas ganas horribles de vela, ulir o mar, pisar a area e quedarme alí un verán enteiro e díxenllo ó Moucho no coche que me respostou que para que quería tanta praia, se era aburridísimo, ós dous días estabas xa farto. Jeje, media hora despois de pisar a area era el o que estaba facendo plans para o ano que ven para intentar coller 15 días seguidos e alugar un apartamento para ir coa Z. a praia. A súa escusa foi que mola moito máis ir á praia con nenos, que os adultos somos uns aburridos, pero sei que lle mola… e que ten razón. Desfrútase, gózase moito máis das cousas cando tes para mirar a cara dun neno que descobre cousas por primeira vez. Pasámolo moi ben, pero fíxosenos moi curto entre visitas varias e os pouquiños días que eran, menos mal que polo menos acertamos escollendo os días e tivemos sol. Perfeto tamén o ambiente na praia, non sei se será que tanto sacar as tetas a diario acaba por desinhibir o pouco que quedaba, pero nin sequera sentía que estivese espida na praia. E ó Moucho e máis a min fastidiounos horrores que a visita da madriña Anabel (que case queda sen título despois de máis dun ano sen ver á Z. esperta) e a tía Aitana nos fixera abandoar o paraíso e montar no coche, ir a casa a polo bañador e deitarnos na area da praia do lado. Xa van ven anos e non son quen de convencelas para que veñan sequera unha vez, vestidas, connosco e que poidan dicir que non lles gusta e que realmente se sinten incómodas. Non se imaxinan o diferente que é o ambiente noutras praias. Síntome máis observada e máis incómoda levando un minúsculo anaco de roupa e controlando que nada asome por un resquicio, que totalmente espida nestoutra praia. En fin, supoño que é unha batalla perdida e que se quero ir con elas á praia os que teremos que ceder seremos sempre nós, pero non me parece xusto.
Un fallo que tivemos, bueno tíveno eu por inxénua, foi que decidín levar de viaxe so a patapum por se iamos andando á praia, porque era moito máis cómoda a mochila, así que a bandoleira quedou na casa. Que error tan grande!!! Fágovos a advertencia por se se vos da o caso: Non vaiades á praia (e creo que da igual que sexa nudista ou non) sen a bandoleira se tendes unha nena de 19 meses totalmente tetadicta porque é un suplicio para as vosas costas. Pufff, farteime de pasear con ela pendurada, pero encantoume… a ratos.

O sábado quedaramos en ir ver a Loli, máis para falar con ela que para ver ó seu pequeño Iván, do que nin sequera temos unha foto. O día que se puxo de parto o pai deixouna, aínda que a cousa viña de atrás. Eu non me meto neste tema, que está moi quente aínda (o neno naceu hai 15 días), pero so vos conto o que me doeu escoitar de boca dunha nai que se alegraba que lle romperan a bolsa porque era mellor para o neno, que se non se daba encaixado e non baixaba, e que aínda por riba o fixeran ás agachadas e enganándoa, que eran moi pro-parto natural nese hospital no que lle puxeron a epidural en canto puideron, que o equipo de lactancia era o mellor e pareceume entender que o neno estaba no “nido” porque ela lle baixaba o leite cada 3 horas, pero as enfermeiras insistían en que non se preocupase se non tiña que non pasaba nada por darlle un biberón, que non o ía confundir co peito, e que mellor lle dera coas pezoneras por mor dos seus pezóns invertidos (que vin en directo totalmente evertidos). Dicir a todo isto que o neno estivo deshidratado e quedou máis días no hospital, sospeito que por mor de certos horarios e non de non ter leite… en fin, que me alegro de que a nai o viva ben, pero me fastidia que o viva ben crendo o criterio de profesionais que o único que fan é crear inseguridades con respecto ó corpo da nai e do seu fillo: se non intervimos non es quen de parir, se non usas pezoneiras non es quen de lactar, se non tes leite xa lle damos biberón… a merda de sempre.


Ese mesmo día pola mañá pensabamos ir á praia, pero había néboa e decidimos facerlle unha visita a Marcos (da praia) e ó seu neno Raúl de 8 meses, que é enooooooorme e o pobre estaba cun brote de dermatite. Contounos que se volvían tolos co que lles dicía cada médico e que optaron por ir a un so, que polo menos lle daba ó neno unhas gotas para durmir :-S. No ratiño que estivemos con eles a Z. pediu teta e fíxome gracia que Marcos me preguntou ata cando lle dera... Pensei que o preguntaba porque non sabía como sacar o tema, porque era obvio que estaba mamando, pero uns días antes outro home me preguntara, tamén véndoa na teta, se aínda lactaba. Así que imaxino que se referían os dous a se eu aínda tiña leite, pensarían que lle daba a teta por "vicio"...


Ó día seguinte de chegar a casa fixo sol (antes de que volvese chover) e puidemos estrear a piscina que nos regalaron Aitana e Anabel xunto cunha pizarriña. Déixovos outra fotiño para que as tías queden contentas cando a vexan.


Por certo, podedes deixar algún comentario cando nos visitedes que así sabemos que nos lestes.







miércoles 15 de agosto de 2007

O heavy

Por se vos preguntabades quen inventou a forma de "bailar" que teñen os heavies, dando cabezazos e... e nada máis, jeje, direivos que grazas a Z. descubrimos que é innato e instintivo. Non vexades o orgulloso que está o Moucho do meneo de cabeza da súa tartarouchiña cando toca a guitarra.

martes 14 de agosto de 2007

Avance de vacacións e nacementos

Que pouco duraron, alá foron xa as nosas vacacións, cantas cousas fixemos en tan pouco tempo e que axiña pasou todo.
2 días cos avós tartarugas, 2 días cos avós mouchos, 3 días e 1/2 de praia, unha visita ó novo afillado do Moucho, Ivan :), e á súa recén abandoada mamá :(, e unha tarde coa madriña da Z. e a tía Aitana... puffff

E máis nacementos: un bico para o novo curmán Jorge, que naceu onte e para a súa mamá convalencente da cesárea e que acaba de despedir ó seu avó. Outro bico para o papá.

Malgastada oportunidade

Pasou hoxe pola mañá, aviso que o tema é un pouco escatolóxico.
Estaba almorzando os meus cereais con leite sentada diante do ordenador coa Z. no colo e veume un apretón dos case incontenibles, díxenlle que ía o baño e marchei, pero non se conformou e baixou chorando da silla para vir ó baño onda min, e colleu un adaptador para o báter? váter? wc que merquei nunha oferta do lidl hai unhas semanas. Berrábame PISSSSS, PISSSSSS!! E así non hai quen se concentre, así que decidín concederlle un capricho duns segundos pensando que ben podería seguir eu despois con máis tranquilidade. Digo capricho porque con 19 meses nin se me pasa pola cabeza que vaia deixar os cueiros.
O caso é que lle baixei os pantalóns e lle quitei o cueiro e senteina alí, e como estamos na étapa da imitación continua, ata isto lle gusta imitar, sentouse, mellor dito senteina, e comezou a dicir pisss moi suavemente e cun sorriso na boca. Mentres eu decatábame de que non podería aguantar moito máis e intentaba visualizar outras opcións... se subo ó baño de arriba... se a puxera dende un principio nun dos baños darriba e eu me puxera noutro... se houbese dous "cagadoiros" por baño... se tivese mercado un penico no canto do adaptador este dos collóns!!! Xa non aguantei máis, quiteina, quitei o cacharro e púxena no chan cos pantalóns nos nocellos e senteime axiña... Non me dera tempo de comezar co meu cando vexo saír o chorro...

Milagreiramente non se mollou (quen dixo que as nenas mexaban cara abaixo?) pero eu sentín que lle fallara e que perdera a oportunidade de facelo ben e sabelo.

Seguramente foi casualidade e non lle vai afetar o máis mínimo, pero sinto que lle fallei... cousas de nais, supoño.

viernes 3 de agosto de 2007

25

A avóa tartaruga tívome con 25 anos e eu á Z. tamén con 25 anos. Seguro que é unha parvada, pero cando naceu, esto fíxome pensar que sempre teriamos unha relación especial as tres.

Xa veremos que opino sobre isto dentro duns 15 aniños máis ou menos... e non digamos a Z... ;-P

Vacacións

Semella que por fin pisaremos a praia este ano, non sei canto tempo porque temos poucos días e hai que repartilos entre familia, amigos e visitas varias e o que nos quede con bo tempo adicarémolo á praia. Debería ser así ou ó revés: o que nos sobre de praia adicarllo á xente? Dame a sensación de que non teremos moita oportunidade de pisar a area :-(