miércoles, 26 de diciembre de 2007

O noso Nadal...

...foi o domingo, viñeron os avós Tartaruga e encheron a casa de agasallos para todos (eu teño unha nova tartaruga para a coleción e un bolso chulísimoooo), o Moucho unha cafeteira express á que xa lle deu uso e está encantado con ela, di que o café lle sabe o dobre. E a Z... de todo, ten de todo ou máis. Ademáis xogou cos tíos e fixo un novo descubrimento: pecharse atrás das portas. Así que dende entón leva escapando de calquera e arrimando a porta tras de si, é gracioso.

O meu espírito navideño (nadaleño? :-) ) está de vacacións este ano: non lle falei de Papá Noël, nin puxemos a árbore ata ben tarde, está case sempre apagada, merquei os agasallos a última hora e para o Moucho a para min non houbo nada (está agardando o pedal da súa guitarra). Pero si que agardaba pasar os días con el e coa Z. e non puido ser. Non tivo tempo para vir comer nin o luns nin onte, qeu estivo na casa unha hora e media de 6 e media a 8... pero fíxome un agasallo grande: librou a súa mesa de tocar e colocou a máquina para que puidera fozar nela.

E iso foi o que fixen nesa hora e media: collín uns trapos que había pola casa e cosín para probar como era a cousa (despois de botar media hora para ler as instrucións e enfiar a agulla) e seguín probando se sería quen se coser recto e fixen dous cadrados de tela e como me saía medio ben a cousa animeime e pensando en Anne de Life in Yonder, rematou sendo algo que lle darei á miña avoa como agasallo.
A bisavoa tartaruga foi costureira toda a vida e ségueo sendo (acaba de rematar unhas cortiñas para a cociña dos avós tartaruga... teño que ir velas que seica están de revista), pero non atopou continuidade na súa vocación. Á miña nai dalle medo a máquina e non quixo aprender nunca, e eu levo anos querendo aprender nos meus ataques de manualidosidade, pero nunca saquei tempo. Asíque creo que é un bo agasallo darlle o primeiro que cosín a máquina.

estreando a máquina

E ademáis desta manualidade da tarde de onte o luns estiven a pelexar coa mini-Sheldon e o seu i-cord do borde do caparazón, ó que lle dei unhas cantas voltas e acabei desfacendo e facendo unhas tres ou catro veces ata que me rendín, agora está descansando, ou mellor dito estou descansando eu ata coller folgos e seguir intentándoo doutra maneira a ver se acaba de quedarme xeitosiña.

o meu mini-Sheldon

E había moito que non retomaba a miña afición ás infusións, dende que deixei de tomar cafeínas, teínas e demáis inas alá por maio do 2005 funas esquecendo todas pouco a pouco, pero grazas á reunión coas bruxiñas estou colléndolle o gusto outra vez, agora so me falta atopar cousiñas novas e sen excitantes, e de momento o que máis me apetece é tomar unha boa herbaluisa (igual ten que ver Aivou), que cun anaquiño de bica de noces e un pouco de calceta da gustiño nos días grises, festivos e solitarios... é un pouco compensatorio... aínda que pouco.

herbaluisa, bica de noces e calceta

3 comentarios:

  1. Algunha -ina si que "consumiches" durante o 2007... ;o)

    Ostras, o cerebro abyecto está en sintonía co meu estado de desánimo, di que "bjvisgnr"

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir