viernes, 21 de diciembre de 2007

Bicharada

O outro día, despois de facer as galletas, funme para cama pensando nas plagas de bichos das que máis me lembro...

- Cando era pequena tiñamos unha pequena hortiña que non se traballaba e eu baixaba sempre a estar coa miña gata Chispita. Un día de verán baixei pola tarde a facerlles compaña e notei un pequeno formigueo nas pernas, como se me rozase un fío, ou unha tea de araña e cando mirei tiña decenas de carrachas minúsculas, case invisibles subindo polas miñas pernas!!! Imaxinádesvos a histeria que me entrou e canto me frotei as pernas e me examinei o resto do corpo metida na ducha con auga fervendo... Dese ano de seca lembro tamén ó Manolo, sentado na pedra que facía as veces de banco, na porta da tenda-bar que atendían el e a súa dona Manola, cun pauiño na man mirando para o chan e aplastando carrachas con el... Agggggggggggggghhhhhhhhhh!!!! Dicía que as tiraban dende as avionetas para vender antiparasitarios...

- O ano pasado na casa de meus pais comezaron a aparecer unha especie de mariposiñas, ou polillas na cociña. Matábanse 20 e o día seguinte había 30 camiñando polo teito do comedor e o alto do moble. Chegaron a pensar que había algo por riba da escaiola do teito... non paraban de aparecer, chegou un momento en que xa so tres ou catro cada día, pero non desaparecían de todo... ata que miña nai atopou un paquete de améndoas aberto metido nun armario detrás dunha chea de cousas. A saber o tempo que levaba alí esquecido...

- Como non, os xamóns cheos deses ácaros pequeniños da superficie que aparecen inevitablemente cada ano fagamos o que fagamos, e algunha que outra vez os vermes das moscas que non somos capaces de evitar pese a tapalo, envolvelo en mallas...

- Pero sen dúbida, a raíña indiscutible destes recordos é Mirilla!!! A miña compañeira de piso por 3 anos botou un día o seu recén mercado arroz integral no vaso antes de facelo e mentres colleu a pota para facelo... e cando voltou ó vaso había unha cantidade importente de seres minúsculos con trompa camiñando polo borde e as paredes do vaso... Aiiii, que arrepíos!! Aínda lembro hoxe a súa cara mirando ó vacío para acabar dicindo despois duns segundos: Eu onte comín arroz...

Un bico Mirilla!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir