jueves, 6 de diciembre de 2007

Aquelarre

Moitas grazas as bruxiñas por unha tarde especial, mágoa que non se repitan máis a miúdo. A próxima con parellos e bichiños pululantes incluídos, vale?

Aínda así fíxose curto, faltounos tempo para falar moooooito, e quedan moitos pensamentos para rumiar nesta cabeciña. Agardo que teñades un recordo especial deste ritual "á galega" (e menos mal, que se chegamos ter a Juan Luis Guerra.... :-D).

Non sei se as galletas tiveron pouco éxito (as dos nenos do cole estaban boísimas) ou tiñamos pouca fame, as infusións ricas, as velas agradables, cheiros, chaveiros con contas e axóuxeres, pulseiras, calendarios, pelotas e peúgos.

un agasallo

Moitas grazas a todas, canto temos que celebrar!

O malo é que a min non se me quitaron as ganas, debedes ser unha drogha ben dura porque o aquelarre so me deu ganas de máis, así que... cando facemos o próximo?

:*

As bruxas "gordas" ;-)

3 comentarios:

  1. Pois non sei que tes contra Juan Luis Guerra... :P
    Ademais bailar ritmos latinos é boísimo para que os bebés se coloquen e atopen o radio de menor resistencia da súa cabeza para sair no momento do parto... ale, as preñás xa sabedes que facer durante as contraccións, a bailar salsa... a persoa que contou eso tamén contou que "valen máis 10 minutos movendo a cadeira que 1 hora paseando coa cadeira ríxida".
    Pois eso.

    ResponderEliminar
  2. Pois eu despois de entrar no blog, quería falar do aquelarre pero atopeime coa Tía Tanita e o feito de ir contracorrente.
    Pois onte cando lle contaba a Calvi e a Antón todo o do Aquelarre coa ilusión dunha nena pequena que vén dun cumpreanos e de pasalo teta, pois el comentou que sorte, poder ter tempo para facer galletas, pulseiras, patucos, xerseis de piratas pero non é sorte é envexa cochiña, e canta razón tiña Rosa Regás cando dixo que ía comprar tempo cos cartos do premi Planteta.......
    Pois iso que se che serve de algo anfitriona nós admiramos iso e parécenos marabillosa a ilusión por facer cousiñas e grazas ás tres por facernos sentir en " Noruega".

    ResponderEliminar
  3. Pois eu tamén che quero agradecer a tan maravillosa acollida que nos deches na tua casa xunto con Cris e Sabela, espero poder repetir isto moi pronto pero ti como barrigona.
    As veces eu tamén me sinto un pouco coma ti polo da " tia Tanita" pero cando me poño un pouco depre sempre me dice Angel que somos unhas afortunada por poder estar cas nosas nenas e facer galletas ou o que sexa, eu teño a esperanza de que todo chegará.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir