martes, 2 de octubre de 2007

Xuntanza anual de ex-tudiantes

Pois a verdade é que xa somos case todos ex-tudiantes, e non por ter rematado, pero estamos en parón, a verdade, outros xa remataron e a outros fáltalles un chisco de nada. (Ánimo!!! A todos...)

O caso é que hai dous sábados reunímonos nun "antro ilegal" coma case todos os anos (quero dicir que case todos os anos facemos a xuntanza). O ano pasado nós non puidemos asistir por incompatibilidades da vida familiar, pero este ano estivemos alí a familia ó completo e sentín que imos avanzando (non só eu, que vou adiantada con respecto á miña xeración) senón coma grupo. Algúns seguen sendo irreductiblemente novos, coa vida de sempre, de concertos, festas, amigos,... Outros teñen parella seria e formal, traballo e están convertidos en "xente de proveito". Outros xa formamos familia, e este ano tiñamos 3 pequenos da nova xeración, 3 familias novas, e taaaaaaaan lonxe de concertos e festas que xa case non o lembramos, jeje.



O Martiño ten 9 meses máis ca Z. e fixeron boas migas, pasárono pipa tirándolle mazás a unha bulldog, ademáis a Z. perseguiu a un gato ó que chamou Oli todo o tempo porque era tamén algo siamés, coma a nosa Oli, e a Sandy, que semellaba a lhasa duns amigos con ese nome. Por incrible que pareza, a pesar de xuntarnos 19 adultos (ou o que sexamos) só había unha cámara e non era dixital, así que mentres Sancho non revele o carrete non temos instantáneas, pero agardo velas.



A verdade é que o pasamos moi ben, encantoume pasar un rato charlando cos de sempre, que seguen a ser os de sempre, comer 140 € e que quedaran máis do dobre para bebidas (que se cadra aínda da para outra comida), escoitar a S.A.S. en directo unha vez máis (tiñades que ver a marcha que tiña a Z. no corpo)...



A única pega foi ter que marchar, saímos ás once porque o ambiente era demasiado fume para a Z. xa a esas horas, e foi o momento perfecto porque en canto subimos no coche quedou durmida. Así que tivemos ademáis unha boa viaxe de volta a casa.

E por se o Susiño entra a curiosear, a Z. prendouse del, se cadra porque pasaron todo o día a coller landras, mazás, tirándose da mesa, xogando xuntos... cando se ergueo ó día seguinte o primeiro que fixo foi preguntar por Suso... xa tes unha amiga máis, cando estea en idade de sair igual a podes engadir á pandilla nesas novas (novas) fichaxes, ... para controlala ;-)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir