jueves, 11 de octubre de 2007

Semella que si insistimos...

Hoxe a Z. delatounos.
Onte conseguiu traer a casa un paquete de mentos despois de abrilo no medio do supermercado, así que nos divertimos moito xogando coas "boliñas"... ata que me descubriu comendo unha.
Entón o seu divertimento cambiou a darlle a papá e a mamá as boliñas unha tras doutra insistentemente.
Eu nunca a obliguei a comer ( e aínda que quixera facelo non podería, como se fai?), pero hoxe fíxome ver que si lle insistimos porque cun mento xa na boca e o outro empurrando nos beizos o que me dicía era:
- Come, come.
- Non, non quero máis, Z.
- Come, ... ta rico... ves?

Pobre, non me imaxino o que farán eses que vexo nos bancos dos parques coas mans amarradas, no colo, e deitados cara atrás á forza para meterlles a culler coa papiña de froita (un prátano, unha mazá, unha pera e unha laranxa para ser máis exactos). Como lles darán eles os mentos a seus pais?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Conta, conta...

Por se queres compartir