viernes, 12 de octubre de 2007

Pirata pequena

Meu avó, bisavó tartaruga, chamaba así ós meus irmáns: os piratas, o pirata grande e o pirata pequeno.

A verdade é que fixen o xersei pensando no heavy (ghevi) do Moucho, e o título ía ser máis ghevi tamén, pero é evidente que vai de piratas e como homenaxe a meu avó, que celebra 80 aniños de nada este é un título máis que axeitado.

Levoume meses, e non vos conto as veces que o empecei e que o deixei aparcado unha temporada porque me aburrira de non ver resultados: cambiei de agullas, de la, de número de puntos, outra vez as agullas... pensei que estaba maldito e non o remataría a tempo para que lle valese. Hai tempo que o teño rematado e cosido, pero non me atrevía a probarllo, hoxe rematei os derradeiros fíos, por fin, todo un éxito, e aínda por riba valelle!!!

A miña sogra, que tamén tece (ou tecía) díxome que fose pasando o fío da cor coa que non se traballa por diante do que se traballa para que fosen quedando presos por detrás, pois se nón ós cativos enganchábanselle os dedos na parte de atrás do debuxo. Fíxeno así pero non me gusta, nótase moito no debuxo, se o fixera hoxe de novo sería o único que lle cambiaría.

Estou toda contenta coa miña proeza, o meu primeiro xersei non quedou nada mal... agardo poñerllo moito :)

Moitas grazas a debolsillo que me pasou o patrón sen coñecerme de nada.

Non sei de onde é o patrón, pero ten uns pantalóns a xogo... se soubese que me da tempo... pero esta pequena non me deixa tecer, en canto me ve coas agullas: TETAAAAAAA!!! Collinlle a foto emprestada tamén a debolsillo, agardo que non lle importe.





4 comentarios:

  1. De nada.
    El patrón es de una revista que se llama Knit1, del grupo Vogue Knitting. en algunas extrañas ocasiones encuentro un ejemplar.
    :) Te ha quedado precioso. Espero que el podcast te guste. Saludos.

    ResponderEliminar
  2. Artista!!!!! :o*
    Por certo, o teu cerebro "abyecto" estase volvendo tolo, xa vai por oito letras... :oO

    ResponderEliminar
  3. Que chulada de xersei, Raquel. Estou desexando verllo posto, ten que estar preciosa! Que satisfeita te debes sentir, madia leva!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir